Traballando sobre a desigualdade
Erradicar as desigualdades no mundo é un desafío moi complexo. É necesario que os propios estados nos seus territorios e os organismos internacionais promovan os dereitos humanos para garantir a seguridade e a paz, xa que os conflitos violentos acostuman ser causados por fortes desigualdades e políticas discriminatorias ou excluíntes. Os países nos que se respectan os dereitos humanos son menos propensos a sufrir conflitos e crises, e teñen maior capacidade para enfrontarse a problemas derivados de pandemias ou do cambio climático.
A) Mirando para dentro...
Dentro dos países, é necesario que os gobernos e institucións dos mesmos actúen implementando políticas públicas dirixidas a combater a pobreza, a exclusión e as desigualdades de todo tipo (económicas, de xénero, interxeneracionais...) co fin de fortalecer a cohesión social. Políticas fiscais redistributivas, acceso ao mundo do traballo, melloras salariais e políticas de xénero ou rendas básicas universais, son medidas que contribúen a unha maior protección social e a minimizar as desigualdades.
B) E mirando para fóra...
Tras a II Guerra mundial, varios estados e organismos emprenderon accións encamiñadas a mellorar a situación dos países e áreas menos desenvolvidas do mundo a través da cooperación internacional:
- As Nacións Unidas (ONU), a través das súas distintas axencias aborda múltiples aspectos da desigualdade, incluíndo a pobreza, o desenvolvemento sustentable ou a igualdade de xénero.
-O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) céntrase no desenvolvemento sustentable e a redución da pobreza.
-UNICEF traballa para garantir os dereitos da infancia e mellorar a súa situación en todo o mundo.
-ONU Mulleres promove actuacións a favor da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres.
-A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) céntrase en erradicar a fame e garantir a seguridade alimentaria, crucial para reducir desigualdades.
- O Banco Mundial proporciona financiamento e asesoría a países en desenvolvemento para reducir a pobreza e promover o crecemento económico inclusivo.
- A Organización Mundial da Saúde (OMS): promove o acceso equitativo a servizos de saúde en todo o mundo.
- Ong e Movementos Sociais: existen numerosas organizacións non gobernamentais, que traballan en áreas específicas, como dereitos humanos, xustiza social, educación, saúde ou medio ambiente. Amnistía Internacional, Oxfam ou Médicos sen Fronteiras son algunhas das máis coñecidas.
- Institutos de Investigación e Universidades, que realizan estudos e xeran coñecemento sobre desigualdades.
Cada unha destas institucións xoga un papel importante nas últimas décadas na loita contra as desigualdades a través de políticas, programas, investigación e acción directa nas comunidades.
No ano 2015, as Nacións Unidas adoptaron unha proposta de medidas encamiñadas a que todos os países colaborasen para rematar coa pobreza, a fame, a SIDA e a discriminación de mulleres e nenas. Os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) agrúpanse en 17 medidas, e marcan o ano 2030 como límite para acadalas.
Estes obxectivos víronse dificultados pola pandemia, o cambio climático e os conflitos bélicos, que fan medrar a desigualdade de ingresos e dereitos, ao mesmo tempo que intensifican a discriminación e a hostilidade cara as mulleres, os migrantes ou os refuxiados. O obxectivo de poñer fin á pobreza extrema para o 2030 segue a ser, segundo as previsións, inalcanzable.
Lectura facilitada
Erradicar as desigualdades no mundo é difícil.
É necesario que os estados nos seus territorios
e os organismos internacionais
promovan os dereitos humanos
para garantir a seguridade e a paz,
pois os conflitos violentos normalmente
son causados por fortes desigualdades,
e por políticas discriminatorias ou excluíntes.
Os países nos que se respectan os dereitos humanos
adoitan ter menos conflitos e crises,
e teñen maior capacidade para enfrontarse aos problemas.
A) Mirando para dentro...
Dentro dos países,
é necesario que os gobernos e institucións dos mesmos
actúen implementando políticas públicas
dirixidas a combater a pobreza,
a exclusión e as desigualdades de todo tipo
(económicas, de xénero, interxeneracionais..)
co fin de fortalecer a cohesión social.
Políticas fiscais redistributivas,
acceso ao mundo do traballo,
melloras salariais
e políticas de xénero
ou rendas básicas universais,
son medidas que contribúen a unha maior protección social
e a minorizar as desigualdades.
B) E mirando para fóra......
Tras a II Guerra mundial,
varios Estados e organismos
emprenderon accións encamiñadas
a mellorar a situación dos países e áreas menos desenvolvidas
a través da cooperación internacional:
- As Nacións Unidas (ONU), mediante as súas distintas axencias
aborda múltiples aspectos da desigualdade,
incluíndo a pobreza,
o desenvolvemento sustentable
ou a igualdade de xénero.
-O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)
céntrase no desenvolvemento sustentable
e a redución da pobreza.
-UNICEF traballa para garantir os dereitos da infancia.
-ONU Mulleres promove actuacións
a favor da igualdade de xénero
e o empoderamento das mulleres.
-Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO)
céntrase en erradicar a fame
e asegurar a seguridade alimentaria
fundamental para reducir desigualdades.
- O Banco Mundial proporciona financiamento e asesoría
a países en desenvolvemento
para reducir a pobreza
e promover o crecemento económico inclusivo.
- A Organización Mundial da Saúde (OMS)
promove o acceso a servizos de saúde en todo o mundo.
- ONG e Movementos Sociais:
Existen numerosas organizacións non gobernamentais,
que traballan en áreas específicas como
dereitos humanos,
xustiza social,
educación,
saúde,
medio ambiente....
Amnistía Internacional, Oxfam ou Médicos sen Fronteiras
son algunhas das máis coñecidas.
- Institutos de Investigación e Universidades,
realizan estudos e xeran coñecemento sobre desigualdades.
Cada unha destas institucións xoga un papel importante
na loita contra as desigualdades.
No ano 2015, as Nacións Unidas
adoptaron unha proposta de medidas
encamiñadas a que todos países colaborasen
para rematar coa pobreza, a fame,
a SIDA
e a discriminación de mulleres e nenas.
Os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS)
agrúpanse en 17 medidas,
e marcan o ano 2030 como límite para acadalas.
Estes obxectivos víronse dificultados pola pandemia,
o cambio climático
e os conflitos bélicos,
que fan medrar a desigualdade de ingresos e dereitos,
ao mesmo tempo que intensifican a discriminación
e a hostilidade cara as mulleres,
os migrantes ou os refuxiados.
O obxectivo de poñer fin á pobreza extrema para o 2030
segue a ser, segundo as previsións, inalcanzable.
