Saltar navegación

Pero.... que tan desiguais somos?

 

Glosario

África subsahariana

Mapa da África subsahariana

Definición:

Termo que fai  referencia á parte do continente africano composto polos 49 países situados ao sur do Sáhara.

Exemplo:

Níxer é un dos países pertencentes á África subsahariana.

O.N.U.

Emblema da ONU

Definición:

Organización das Nacións Unidas. Organización internacional creada en 1945  coa finalidade de manter a paz e seguridade globais e solucionar problemas mediante a cooperación dos países membros. Agora fórmana 193 países.

Exemplo:

O último país en ser admitido na O.N.U. foi Sudán do Sur no ano 2011.

Plataforma de acción de Beijing+30

Emblema da ONU Mulleres

Definición:

Declaración adoptada por 189 países no ano 1985 que marca as políticas internacionais para a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres e as nenas do mundo.

Exemplo:

Grazas ás accións da Plataforma de acción de Beijing adoptáronse 1.583 leis de protección para as mulleres e as nenas.

Home rico-home pobre

Nos últimos 40 anos as desigualdades entre os máis ricos e os máis pobres, entre a pobreza e a riqueza extremas, aumentaron.

  • Dende os anos 80 do século pasado, a metade da renda mundial está en mans do 10% máis rico.
  • No 2023, o 10% das persoas máis ricas acumulan o 52% da riqueza do mundo, e destes, o 1% acapara o 63% da riqueza producida no mundo nos dous anos anteriores; é dicir, a fortuna dos milmillonarios é cada vez maior.

Na actualidade, preto de 700 millóns de persoas no mundo viven na pobreza extrema, é dicir, con menos de 2,15 dólares ao día. Aínda que a tendencia dos anos anteriores ía cara a súa diminución progresiva, o COVID-19 e os conflitos e violencia dificultan a recuperación dos países máis pobres do mundo, especialmente en partes de África subsahariana.

Lectura facilitada

Están a aumentar as desigualdades entre ricos e pobres.

A pobreza e a riqueza extremas, aumentaron.

  • Nos anos 80 do século pasado,

a metade da renda mundial tíñano o 10% máis rico.

  • No 2023, o 10% das persoas máis ricas acumulan o 52% da riqueza

o 1% acapara o 63% da riqueza producida no mundo.

A fortuna dos milmillonarios é cada vez maior.

Na actualidade, uns 700 millóns de persoas viven na pobreza extrema,

é dicir, con menos de 2.15 dólares ao día.

A COVID-19, os conflitos e violencia

dificultan a recuperación dos países máis pobres,

 especialmente en partes de África subsahariana.

Afecta máis aos nenos...

Calcúlase que un de cada seis nenos (aproximadamente 333 millóns de nenos e nenas no mundo) viven en situación de extrema pobreza, o que se traduce nunha deficiente nutrición, falta de acceso a servizos básicos (como sanidade e educación) e contornos de violencia que lles impiden medrar con saúde e oportunidades.

Dende os anos 90 está en vigor a Convencion sobre os Dereitos do Neno, un tratado internacional que recolle un conxunto de normas centradas en protexer aos nenos, as nenas e os adolescentes (menores de 18 anos) contra todo tipo de violencia e explotación, garantir o acceso a saúde, a educación a políticas sociais que garantan os seus dereitos. É un tratado de obrigado cumprimento para os 196 países que o subscriben, e ten un alcance case universal, xa é adoptado por todos os países do mundo salvo os EEUU.

Preme sobre o gráfico para velo mellor.

Cartel recollendo os dereitos dos nenos e nenas
Gráfico que representa a pobreza infantil en Europa
 

Lectura facilitada

Afecta máis aos nenos.....

Calcúlase que un de cada seis nenos e nenas,

(aproximadamente 333 millóns),

viven en situación de extrema pobreza.

Por isto teñen moitos problemas,

deficiente nutrición,

falta de acceso a servizos básicos,

contornos de violencia.

Isto impídelles medrar con saúde e oportunidades.

Dende os anos 90 está en vigor a Convencion sobre os Dereitos do Neno.

É un tratado internacional

que recolle un conxunto de normas que pretenden

protexer aos nenos, ás nenas e aos adolescentes

e garantir os seus dereitos

loitando contra todo tipo de violencia e explotación,

garantindo o acceso a saúde, á educación e ás políticas sociais

 É un tratado de obrigado cumprimento para moitos países.

Ten un alcance case universal,

xa que é adoptado por todos os países salvo os EEUU.

...e ás mulleres

Aínda que nos últimos anos se lograron moitos avances cara á igualdade, no 2024 case unha cuarta parte dos Gobernos mundiais recoñecen que os dereitos das mulleres e das nenas retrocederon ante un aumento da discriminación e un menor financiamento aos programas e institucións que protexen as mulleres.

Cando as mulleres e nenas saen adiante, todas as persoas prosperamos. Con todo, os dereitos humanos das mulleres están a ser atacados en todo o mundo. En lugar de asistir a unha xeneralización da igualdade de dereitos, o que se está xeneralizando é a misoxinia. En conxunto, debemos manternos firmes para facer que os dereitos humanos, a igualdade e o empoderamento fáganse realidade para todas as mulleres e nenas, para todas as persoas, en todas partes”,

António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas. ONU mulleres.

 Algúns datos:

  • Cada 10 minutos unha muller o unha nena é asasinada pola súa parella ou alguén da súa familia.
  • Menos do 50% das mulleres en idade de traballar están no mercado laboral, e tanto en Asia meridional e occidental como en África setentrional o número é aínda menor.
  • O traballo doméstico e de cuidados non remunerados aínda recae de maneira desproporcionada nas mulleres, o que limita o seu potencial económico.
  • A participación das mulleres en postos de responsabilidade en política ou nas grandes empresas segue a ser pequeno, estando moi por debaixo de acadar a paridade.

Preme sobre a imaxe para vela máis grande.

Mapa que amosa as desigualdades de xénero no mundo (2023)
 

E algunhas solucións:

É necesario polo tanto seguir a tomar medidas para lograr a igualdade entre os sexos e achegarse ao cumprimento dos obxectivos previstos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable. As propostas da ONU ao respecto inclúen un novo Programa de Acción Beijing+30, que pon especial atención a medidas como:

  •  Garantir a igualdade de acceso á tecnoloxía, e a seguridade das mulleres e nenas.
  •  Erradicación da pobreza, protección social, cobertura sanitaria universal, educación.
  •  Poñer fin á violencia contra as mulleres e nenas.
  •  Garantir o pleno poder de decisión e a participación das mulleres.

Lectura facilitada

Acadáronse moitos avances no eido da igualdade.

Pero no 2024 case no 25% dos países

os dereitos da nena e da muller teñen retrocedido,

e diminuíron o financiamento

de programas e institucións que protexen as mulleres.

Algúns datos:

  • Cada 10 minutos unha muller o unha nena

é asasinada pola súa parella ou alguén da súa familia.

  • Menos do 50% das mulleres en idade de traballar

están no mercado laboral, e

en Asia meridional e occidental o número é aínda menor.

  • O traballo doméstico e de cuidados non remunerados

aínda recaen fundamentalmente nas mulleres,

isto limita o seu potencial económico.

  • A participación das mulleres en postos de responsabilidade

en política ou nas grandes empresas,

segue a ser pequeno,

está aínda moi lonxe de acadar a paridade.

E algunhas solucións:

É necesario seguir a tomar medidas para lograr a igualdade de xénero

e para achegarse ao cumprimento dos obxectivos previstos

na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

As propostas da ONU ao respecto

inclúen un novo Programa de Acción Beijing+30.

Pon especial atención, entre outras:

  •  Garantir a igualdade de acceso á tecnoloxía,

e a seguridade das mulleres e nenas.

  •  Erradicación da pobreza,

protección social,

cobertura sanitaria e educativa universal.

  •  Poñer fin á violencia contra as mulleres e nenas.
  •  Garantir o pleno poder de decisión das mulleres.

Actividade despregable: Pero... que tan desiguais somos?

Le, desprega escolle. Le atentamente o apartado 1 (Pero... que tan desiguais somos?) e completa a seguinte actividade.

  • 333 millóns de viven en situación de extrema pobreza.
  • 10% das persoas acumulan a metade da riqueza mundial.
  • Case 700 millóns de persoas no mundo viven na
  • O 1% das persoas máis ricas da riqueza producida no mundo nos dous anos anteriores.
  • Cada 10 minutos unha é asasinada.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)