Accións realizadas por organismos públicos e privados coa finalidade de promover o progreso económico e social global, a xustiza e a igualdade entre todos os seres humanos.
Exemplo:
A cooperación internacional é fundamental para o progreso daqueles lugares menos desenvolvidos.
O.N.G.
Definición:
Organización Non Gobernamental. Entidade de fins humanitarios que non depende da administración pública e que non ten ánimo de lucro.
Exemplo:
Traballando nunha O.N.G. poderás axudar a persoas vulnerables.
Xeografía Humana
Definición:
Rama da xeografía que se centra no estudo das relacións entre as persoas e o espazo no que viven.
Exemplo:
A xeografía humana explica como vivimos e organizamos o espazo.
Desigualdade e cooperación
A desigualdade e a cooperación son cuestións de enorme relevancia para a xeografía humana.
Desigualdade é un termo que remite ás diferenzas que en aspectos como riqueza, educación, sanidade, recursos... existen entre as distintas persoas ou países.
Pola súa banda, cooperación alude ao traballo realizado por persoas, de maneira individual ou colectiva, ou por diferentes organismos e institucións para tentar reducir a desigualdade e mellorar a vida daqueles que se atopan en peores circunstancias.
As desigualdades de todo tipo seguen a ser moi frecuentes no mundo actual
Todas as actividades vinculadas á cooperación son básicas para reducir as desigualdades
As desigualdades existentes teñen diferentes causas, moitas veces interconectadas.
Os procesos de colonización: os recursos dos países colonizados foron explotados no seu propio beneficio polas potencias colonizadoras.
A acción de gobernos corruptos: malgástanse recursos e repartense de maneira inxusta.
Guerras: provocan desfeitas e fan perder moitos postos de traballo.
Cambio climático: provoca secas e inundacións cada vez máis frecuentes e duradeiras.
Para tentar corrixir as desigualdades anteriormente mencionadas a cooperación xoga un papel fundamental e pode darse a tres niveles distintos: internacional, local e interpersoal.
Algúns exemplos de cooperación poden ser os seguintes:
Proxectos educativos.
A formación dos nenos e das nenas é básica para acadar o desenvolvemento humano.
Proxectos de Saúde.
A sanidade permite mellorar a calidade de vida das persoas.
Proxectos de alimentación.
Proxectos de desenvolvemento rural.
O papel das ONG
Unha ONG (Organización Non Gobernamental) é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro -iso quere dicir que non buscan beneficios económicos senón que destinan os seus ingresos a acadar os obxectivos para os que se fundaron- nas que participa maioritariamente persoal voluntario e que teñen como misión loitar contra as desigualdades e contribuír á mellora da calidade de vida (alimento, educación, sanidade, seguridade...) das persoas máis necesitadas. Desenvolven proxectos de cooperación en calquera parte do mundo e para iso fináncianse de doazóns, das achegas de entidades privadas e dos distintos gobernos (aínda que manteñen a súa autonomía á hora de tomar as decisións).
As ONG son clave para reducir as desigualdades.
Lectura facilitada
A desigualdade e a cooperación
son cuestións moi importantes para a Xeografía Humana.
A Desigualdade refírese ás diferenzas que existen
entre as persoas ou os países.
Diferenzas en canto a riqueza, educación, sanidade, recursos...
A Cooperación alude ao traballo que fan certas persoas
ou organismos e institucións, para reducir as diferencias existentes
e mellorar a vida das persoas que están en peor situación.
As desigualdades teñen diferentes causas
que moitas veces están interconectadas.
Vexamos algunhas destas causas:
Os procesos de colonización:
os recursos dos países colonizados
foron explotados polas potencias colonizadoras.
A acción de gobernos corruptos:
malgástanse recursos e repártenos de maneira inxusta.
As guerras: provocan desfeitas e pérdense moitos postos de traballo.
O cambio climático: provoca secas e inundacións.
A cooperación está para corrixir esas desigualdades.
A cooperación funciona a 3 niveis distintos:
1. Cooperación internacional
2. Cooperación local
3. Cooperación entre persoas
Algúns proxectos de colaboración son os seguintes:
Proxectos educativos
Proxectos de saúde
Proxectos de alimentación
Proxectos de desenvolvemento rural
O papel das ONGs (Organización Non Gobernamental)
Unha ONG é unha entidade privada sen ánimo de lucro.
Iso quere dicir que non busca beneficios económicos
e destina os seus ingresos a axudar a persoas necesitadas.
O persoal que traballa nas ONGs é voluntario na maior parte.
As ONGs desenvolven proxectos de cooperación
en calquera parte do mundo
e reciben doazóns, achegas de entidades privadas
e dos distintos gobernos.
Audio
Actividade despregable
Le, desprega e completa.
Seguimos co noso diario de aprendizaxe
Agora, e antes de facer as actividades que aparecen seguidamente, toca volver ao diario de aprendizaxe.
Responde ás preguntas propostas na fase 2.
Actividades de repaso
Escolle, entre as seguintes, unha actividade relacionada cos temas xa vistos.
Opción A: actividade de encher ocos
Le o texto e complétao empregando os seguintes termos: