Xa se ve o final. E...aprendiches moito?
Unha andaina pola xeografía humana
Durante as últimas semanas introducítesvos no mundo da xeografía humana: poboación, cidades e desigualdades e cooperación. Durante todo este traxecto acadastes coñecementos novos pero tamén, e o que é máis interesante, fostes quen de observar o mundo cunha mirada máis crítica e reflexiva.
Agora sabedes que o reparto da poboación polo planeta non é cousa do azar senón que detrás da aparición de baleiros demográficos ou dos formigueiros humanos hai razóns históricas, económicas, naturais... Descubristes como evolucionaron as cidades, como se organizan e tamén cales son os seus principais retos e como se enfrontan a eles. E, por riba de todo, tomastes conciencia das enormes, e crecentes desigualdades que existen no mundo e da grande importancia que a cooperación ten para poder artellar unhas sociedades máis xustas.
A realización do reto proposto foi unha clara mostra de todo o que fostes capaces de aprender aplicando os coñecementos teóricos adquiridos á práctica. Iso demostra a vosa capacidade, non só de aprender, senón tamén de interpretar o mundo no que vivides.
Cada pequeno paso dado pagou a pena. A xeografía non só é memorizar mapas, saber o nome de montes ou recitar os afluentes do Ebro pola dereita e pola esquerda, é entender como viven as persoas, cales son as súas dificultades e as súas esperanzas. Lembrade que para poder cambiar o mundo o primeiro que hai que dar a coñecelo.
Parabéns polo traballo ben feito! Seguide adiante cuestionando e aprendendo con curiosidade e compromiso.
Ánimo!
Seguidamente aparecen tres esquemas-resumo dos contidos vistos anteriormente. Preme sobre cada un para velos a maior tamaño.
Esquema-resumo da xeografía da poboación

Esquema-resumo da xeografía urbana

Esquema-resumo das desigualdades e a cooperación

Audio
Apoio visual



