Glosario
Variable independente
-
Definición:
-
Magnitude ou condición que o experimentador modifica intencionadamente para observar os seus efectos noutras variables.
-
Exemplo:
-
O tempo que o alimento permanece en contacto co chan é a variable independente da investigación.
Variable dependente
-
Definición:
-
Elemento ou fenómeno que se mide ou observa nun experimento e que varía en función dos cambios aplicados á variable independente.
-
Exemplo:
-
A variable dependente é o nivel de contaminación observado no alimento tras estar no chan, como a presenza de mofo ou os cambios de cor.
Variable controlada
-
Definición:
-
Factor ou condición que se mantén constante durante todo o experimento para garantir que os cambios observados na variable dependente se deben exclusivamente á variable independente.
-
Exemplo:
-
No experimento da teoría dos cinco segundos, algunhas variables controladas son o tipo de alimento, o lugar onde se realiza o experimento ou as condicións de conservación das mostras.
Imaxina isto: estás no tempo de lecer e cáeche ao chan un anaco da túa merenda favorita… Recóllela rapidísimo e pensas "non tivo tempo de se estragar, aínda poco comela".
Agora toca pasar á acción!
Durante varios días, observade cada mostra: