Glosario
Gameto
-
Definición:
-
Cada unha das células reprodutivas que se xuntan na reprodución sexual.
-
Exemplo:
-
Nas plantas, o gameto masculino móbil únese co gameto feminino inmóbil para dar lugar a unha nova planta.
Definición:
Cada unha das células reprodutivas que se xuntan na reprodución sexual.
Exemplo:
Nas plantas, o gameto masculino móbil únese co gameto feminino inmóbil para dar lugar a unha nova planta.
Moitas das plantas que coñeces reprodúcense mediante sementes e teñen flores máis ou menos rechamantes, verémolas no seguinte apartado. Porén hai un outros grupos de plantas, menos vistosas, que moitas veces pasan desapercibidas pero non por iso son menos importantes.
Daquela a súa carácterística común é que non teñen flores nin sementes para reproducirse.


Os musgos, hepáticas e antoceros (briófitas) son as plantas máis sinxelas e representan esa primeira fase evolutiva das plantas que conquistaron o medio terrestre, e aínda que son capaces de vivir na terra firme, a maioría necesitan da auga líquida para vivir e reproducirse.
Non teñen sementes, a súa reprodución sexual é mediante a unión de gametos que necesitan auga líquida no proceso de fecundación. Despois da fecundación medra un filamento que remata nunha cápsula na que se producen as esporas. As esporas, ao xermolar nun sitio húmido, dan lugar a un novo individuo.
Tampouco teñen sistema vascular, co cal non hai transporte de auga e nutrientes, absorben auga e sales minerais polas súas pequenas follas, chamadas filoides.
Podemos atopalos en bosques húmidos, fontes e preto dos ríos.
Podes ver os vídeos sobre musgos e fentos para ampliar os teus coñecementos.

Lembra que adaptación das plantas ao medio terrestre fixo necesario que desenvolveran estruturas para soportar o desecamento e tamén para manterse erguidas e captar mellor a luz. Tendo en conta isto, os fentos representan un nivel de adaptación á terra maior que os musgos e hepáticas.
Os fentos (pteridófitas), soportan mellor a ausencia de auga e moitos dos grupos poden vivir en lugares máis secos. Teñen cutículas máis eficaces e sobre todo, teñen un sistema vascular (xilema e floema) eficaz que lles permite transportar auga, sales minerais e nutrientes e tamén teñen un sistema de soporte ou sostén que lles permite manterse erguidos e medrar en altura, podendo acceder mellor á luz solar.
Os fentos, como musgos e hepáticas, dependen tamén da auga líquida para a reprodución sexual. A fecundación prodúcese na auga líquida e despois desta medra o fento. No envés das súas frondes teñen unhas estruturas, os soros, que conteñen os esporanxios produtores de esporas que se diseminarán para dar lugar a novos individuos.
Ademais, teñen un rizoma para fixarse ao substrato e raíces para captar auga que transportan ata as súas follas que se chaman frondes.
Os fentos prefiren en xeral os hábitats húmidos para medrar, porén poden aparecer algúns en lugares sen tanta humidade. Os fentos epífitos medran sobre árbores e penedos e resisten mellor a falta de humidade.
Os musgos, hepáticas e antoceros non teñen flores nin froitos `para a reprodución, é por iso que forman un grupo chamado plantas sen sementes.
Os musgos, hepáticas e antoceros (briófitas) son as plantas máis sinxelas e representan esa primeira fase evolutiva das plantas que conquistaron o medio terrestre, e aínda que son capaces de vivir na terra firme, a maioría necesita da auga líquida para vivir e reproducirse.
Os musgos hepáticas e antoceros forman un grupo chamado briófitas. Desde o punto de vista evolutivo foron as primeiras plantas en aparecer e conquistar o medio terrestre.
Son as plantas máis sinxelas.
Aínda que viven na terra firme necesitan lugares moi húmidos para medrar e reproducirse.
Non teñen sementes. Na reprodución sexual dous gametos únense na fecundación. A partir da fecundación medra un filamento que remata nunha cápsula onde se producen as esporas.
As esporas poden xermolar nun lugar húmido e dan lugar a novos individuos.
Tampouco teñen sistema vascular, co cal non hai transporte de auga e nutrientes, absorben auga e sales minerais polas súas pequenas folliñas, chamadas filoides.
Podemos atopalos en bosques húmidos, fontes e preto dos ríos.
Os fentos están mellor adaptados á vida terrestre que os musgos e hepáticas.
Os fentos (pteridófitas), soportan mellor a ausencia de auga e moitos dos grupos poden vivir en lugares máis secos.
Teñen cutículas máis eficaces para evitar a perda de auga.
Teñen un sistema condutor para o transporte de auga, sales minerais e nutrientes.
Teñen un sistema de soporte ou sostén que lles permite manterse erguidos e medrar en altura, podendo acceder mellor á luz solar.
Os fentos, como musgos e hepáticas, dependen tamén da auga líquida para a reprodución sexual. A fecundación prodúcese na auga líquida e despois desta medra o fento.
As esporas fórmanse nos esporanxios que aparecen agrupados nunhas estruturas chamadas soros no envés das frondes.
Ademais, teñen un rizoma para fixarse ao substrato e raíces para captar auga que transportan ata as súas follas que se chaman frondes.
Os fentos prefiren en xeral os hábitats húmidos para medrar, porén poden aparecer algúns en lugares sen tanta humidade. Os fentos epífitos medran sobre árbores e penedos e resisten mellor a falta de humidade.
Debuxa no teu caderno as imaxes representadas.
Preme nas iconas vermellas para obter información e resposta ás seguintes cuestións:

Os soros son unhas estruturas redondeadas e abultadas que están no envés das frondes dos fentos. No seu interior desenvólvense os esporanxios nos que se forman as esporas.
As frondes son as "follas" dos fentos. Teñen unha cutícula que os protexe do desecamento, é por iso que non dependen tanto da humidade para sobrevivir, aínda que a maioría viven en sitios húmidos porque a súa cutícula non é tan eficaz como no caso das plantas con sementes.
O rizoma é unha estrutura a partir da cal medran as frondes e as raíces. Nos fentos de "folla caduca" o rizoma é a parte que sobrevive durante o inverno.
Os filoides son as "folliñas" dos musgos. Non teñen cutículas que os protexan da desecación, polo que teñen que vivir en sitios moi húmidos. Tampouco teñen nin xilema nin floema (tecidos vasculares) co cal captan a auga a través dos filoides.
A cápsula é a estrutura onde se producen as esporas dos musgos.
Os rizoides son estruturas que lles permiten aos musgos unirse ao substrato sobre o que medran. Non teñen a función de captar auga, xa que os musgos non teñen sistemas condutores.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0