Glosario
Acícula
-
Definición:
-
Folla estreita e alongada, en forma de agulla.
-
Exemplo:
-
As acículas do piñeiro permíten reducir a perda de auga en ambientes secos.
Definición:
Folla estreita e alongada, en forma de agulla.
Exemplo:
As acículas do piñeiro permíten reducir a perda de auga en ambientes secos.
As espermatófitas, ou plantas con sementes, σπέρμα («sperma», que significa «semente»), y φυτόν («fiton», que significa «planta») caracterízanse por reproducirse con sementes e tamén por ter flores como órganos reprodutores.
Pertencen a este grupo a maioría das plantas que coñeces, plantas de xardíns, herbas dos campos, fragas, plantas de cultivos como as verduras, legumes e cereais.
Representan o maior nivel evolutivo das plantas debido a que son capaces de vivir en lugares secos e con independencia total da auga líquida para a reprodución.

Teñen tecidos vasculares moi eficaces, xilema e floema, que lles permiten transportar auga a todas as súas partes. Teñen raíces para captar auga e as súas partes aéreas, follas, ramas e flores, están especializadas en distintas funcións. Teñen tecidos epidérmicos impermeables que evitan a perda de auga o que lles permitiu ser moi eficaces na conquista da terra firme.
Existen dous grupos:
Ximnospermas. Semente núa.
Anxiospermas. Semente protexida.
Lembra consultar o apoio visual desta páxina na icona en forma de ollo na parte inferior dereita para ampliar os teus coñecementos.
Trátase dun grupo de plantas que teñen porte arbóreo e xeralmente teñen follas en forma de agullas.
As ximnospermas caracterízanse porque as súas sementes medran sobre as escamas dunha estrutura chamada piña. Son as típicas e coñecidas piñas de árbores como o piñeiro. Ao non estar os seus óvulos protexidos por un ovario, non teñen froito. Dise tamén que as súas sementes están núas, a diferencia das anxiospermas que teñen a semente protexida dentro do froito.


Na reprodución sexual, interveñen dúas células chamadas gametos para orixinar unha nova planta que xorde da semente. Do gran de pole sae o gameto masculino e os óvulos son os gametos femininos.
Na maioría das ximnospermas a polinización é anemógama (polo vento) polo cal teñen que producir gran cantidade de pole para que chegue a fecundar aos óvulos, que neste caso medran sobre as escamas da piña.
As anxiospermas son plantas moi diversificadas e con moitas familias distintas e moitas estratexias de vida e reprodución. Poden habitar en case calquera lugar e presentan moitas adaptacións aos distintos medios.
Representan o maior nivel evolutivo das plantas, teñen raíz, talo e follas como órganos especializados. As súas estruturas reprodutoras son as flores que poden ser hermafroditas ou unisexuais.

A parte masculina da flor está representada polos estames, que producen o pole. A parte feminina é o pistilo, no interior do cal se atopan os óvulos. Cando estes (óvulos) son fecundados polo pole, convértense en sementes. Ao tempo, o ovario que os contén transformaarase no froito, protexendo así as sementes no seu interior.

Para a polinización as plantas usan distintas estratexias:




No seguinte vídeo podes observar a polinización en acción.
Na reprodución asexual, a partir de fragmentos ou determinadas partes das plantas, obtéñense plantas fillas que son xeneticamente idénticas aos proxenitores. Hai distintas estratexias para este tipo de reprodución. Na imaxe podes ver (a) estolón, (b) rizoma, (c) bulbos e (d) tubérculos.
As espermatófitas son as plantas con sementes. Caracterízanse por reproducirse con sementes. Os seus órganos reprodutores son as flores.
Pertencen a este grupo a maioría das plantas que coñeces, plantas de xardíns, herbas dos campos, fragas, plantas de cultivos como as verduras, legumes e cereais.
Representan o maior nivel evolutivo das plantas debido a que son capaces de vivir en lugares secos e con independencia total da auga líquida para a reprodución.
Teñen tecidos condutores que lles permiten transportar auga a todas as súas partes.
Teñen raíces para captar auga e as súas partes aéreas, follas, ramas e flores, están especializadas en distintas funcións.
Teñen tecidos epidérmicos impermeables que evitan a perda de auga o que lles permitiu ser moi eficaces na conquista da terra firme.
Clasifícanse en 2 grupos:
Ximnospermas. Semente núa.
Anxiospermas. Semente protexida.
A maioría das ximnospermas son árbores con follas en forma de agulla ou de escama.
As ximnospermas caracterízanse porque as súas sementes medran sobre as escamas dunha estrutura chamada piña. Son as típicas e coñecidas piñas de árbores como o piñeiro.
Non teñen froitos. Dise tamén que as súas sementes están núas, a diferencia das anxiospermas que teñen a semente protexida dentro do froito.
Na reprodución sexual, interveñen dúas células chamadas gametos para orixinar unha nova planta que xorde da semente. Do gran de pole sae o gameto masculino e os óvulos son os gametos femininos.
Na maioría das ximnospermas a polinización é polo vento, polo cal teñen que producir gran cantidade de pole para que chegue a fecundar aos óvulos, que neste caso medran sobre unhas escamas nunha estrutura chamada piña.
As anxiospermas son plantas moi diversificadas e con moitas familias distintas e moitas estratexias de vida e reprodución.
Poden habitar en calquera lugar e presentan moitas adaptacións aos distintos medios.
Representan o maior nivel evolutivo das plantas.
Teñen raíz, talo e follas como órganos especializados. As súas estruturas reprodutoras son as flores que poden ser hermafroditas ou unisexuais.
A parte masculina da flor está representada polos estames, que producen o pole.
A parte feminina é o pistilo, no interior do cal se atopan os óvulos.
Cando os óvulos son fecundados polo pole, convértense en sementes. Ao tempo, o ovario que os contén transformárase no froito, protexendo así as sementes no seu interior.

Para a polinización as plantas usan distintas estratexias:
O vento encárgase de dispersar os grans de polen.
É un tipo de polinización característico das gramíneas (un tipo de anxiospermas) como o trigo, o millo ou herbas dos prados, usan esta técnica.
O polen ten que producirse en grandes cantidades para que poida ser captados polos estigmas dos pistilos.
Neste caso as flores adoitan ser moi vistosas e teñen arrecendos que atraen aos polinizadores (insectos ou outros animais). O polen queda pegado a distintas partes dos animais, e ao chegar a outra flor únese ao estigma producíndose deste xeito a polinización.
A seguinte clave dicotómica interactiva axúdache a identificar distintas especies de árbores a través de características das súas follas.
Selecciona as opcións que mellor describan cada unha das árbores que se che presentan nos distintos retos para chegar á súa identificación.
Debes identificar todas as árbores que aparecen neste desafío; contesta usando o nome común que aparece na clave dicotómica.
A solución ao desafío é o nome científico da árbore do reto número 10.










Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0