Saltar navegación

1.2. O noso reto

 

Glosario

Ciencia cidadá

Ciencia cidadá

Definición:

Forma de investigación científica na que persoas non profesionais colaboran na recollida e análise de datos.

Exemplo:

Ao usar Natusfera, o alumnado participa en proxectos de ciencia cidadá.

Natusfera

Logo de Natusfera

Definición:

Plataforma dixital de ciencia cidadá onde se poden rexistrar e compartir observacións de seres vivos.

Exemplo:

Subimos á Natusfera unha foto dun cogomelo para ter axuda da comunidade na identificación súa.

O noso reto: aportando datos útiles á ciencia

Lyophyllum_decastesEstades listos para unha aventura científica?  Presentámosvos o reto COP (coñece, observa e protexe). Neste proxecto, ides converter simples paseos pola natureza en misións de exploración, descubrindo e documentando a incrible diversidade de organismos que nos rodean.

Usando a plataforma Natusfera, seredes auténticos científicos cidadáns, contribuíndo á investigación real sobre os reinos Moneras, Protoctistas, Fungos e Plantas. O voso traballo axudará a entender mellor a nosa contorna formando parte dunha comunidade de exploradores que fan o mesmo por todo o mundo.

Imaxinade a emoción de atopar unha especie rara ou de axudar a identificar un organismo descoñecido! Este reto permitiravos desenvolver habilidades científicas para contribuir con datos útiles aos científicos e, xa que logo, participar activamente na defensa do medio natural.

Cómpre preparar cámaras e cadernos de campo, porque a aventura está a piques de comezar. 

Diario de aprendizaxe

Icona representativa do Diario de aprendizaxe do proxecto cREAgalAccede ao teu diario de aprendizaxe e reflexiona: Que che gustaría coñecer dos organismos dos seguintes reinos: moneras, protoctistas, fungos e plantas?

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)