Saltar navegación

Clasificación

 

Glosario

Pigmento

Alga verde

Definición:

Substancia que absorbe luz de certas cores e reflicte outras, dando cor aos organismos.

Exemplo:

As algas verdes teñen pigmentos como a clorofila que lles permiten facer a fotosíntese.

Distribución ecolóxica das algas no litoral

2

Antes de clasificar as algas, é importante entender como se distribúen no litoral. A súa presenza depende de factores ambientais como a luz, a salinidade, o tempo de exposición ao aire. En Galicia, segundo as mareas, o litoral divídese en tres zonas: supralitoral, mesolitoral e infralitoral, cada unha con algas diferentes adaptadas ao súas condicións.

Prema sobre as áreas ou iconas activas da imaxe.

{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/zonacion.jpg","authorImage":"","altImage":"","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p345789851404","title":"Zona infralitoral","type":2,"url":"","video":"","x":0.4386032614426012,"y":0.7483495027116202,"x1":0,"y1":0,"footer":"lflfl","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a345789851404","pts":[{"id":"p126227441112","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a126227441112","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s126227441112","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s345789851404","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p931783388056","title":"Zona litoral ou intermareal","type":2,"url":"","video":"","x":0.21109683470738272,"y":0.6915535047216322,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a931783388056","pts":[{"id":"p1116997418267","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1116997418267","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1116997418267","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s931783388056","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p28509091798","title":"Zona supralitoral","type":2,"url":"","video":"","x":0.5208654722395164,"y":0.6240776876801426,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a28509091798","pts":[{"id":"p1353358003759","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1353358003759","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1353358003759","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s28509091798","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1371767034768","title":"Liques","type":2,"url":"","video":"","x":0.7239503051444007,"y":0.6201941629057949,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1371767034768","pts":[{"id":"p736490585874","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a736490585874","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s736490585874","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1371767034768","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","evaluation":0,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"202542223749-120","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporcione unha palabra ou expresión","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Resposta","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Preguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Si","msgNo":"Non","msgShowAreas":"Amosar áreas activas","msgShowTest":"Amosar cuestionario","msgGoActivity":"Prema aquí para realizar esta actividade","msgSelectAnswers":"Seleccione as opcións correctas e prema no botón ","msgCheksOptions":"Marca tódalas opcións na orde axeitada e preme no botón ","msgWriteAnswer":"Escribe a palabra ou frase correcta e preme no botón ","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Prema sobre","msgReviewContents":"Debes repasar o %s% dos contidos da actividade antes de completar o cuestionario.","msgScore10":"Todo perfecto! Parabéns! Desexas repetir esta actividade?","msgScore4":"Non superaches esta proba. Repasa os seus contidos e téntao de novo. Desexas repetir a actividade?","msgScore6":"Moi ben! Superaches a proba, pero seguro que o podes mellorar. Desexas repetir esta actividade?","msgScore8":"Case perfecto! Aínda podes facelo mellor. Desexas repetir esta actividade?","msgNotCorrect":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect1":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect2":"e a resposta correcta é","msgNotCorrect3":"Téntao outra vez!","msgAllVisited":"Xenial! Visitaches os puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Podes facer o test.","msgPlayStart":"Prema aquí para comezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Seleccione un ficheiro de subtítulos. Formatos admitidos:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}

     Está sempre mergullada polo tanto con máis estabilidade. Aquí atopamos algas vermellas e os grandes bosques de algas pardas.

  Sitúase entre os límites superiores e inferiores das mareas, polo tanto quedará emerxida dúas veces ao día. Aquí hai moitas algas verdes, pardas e algunhas vermellas.

Case non se mergulla, só recibe salpicaduras. Aquí case non hai algas, aínda que podemos atopar nos charcos algas verdes (a leituga de mar) e sobre todo liques.

A zona supralitoral adoita estar colonizada por liques crustáceos, como Verrucaria maura (de cor negra). Non debe confundirse co lique folioso Lichina pygmaea, que crece xusto debaixo, na parte superior da zona intermareal.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Unha familia de luz e cor

As algas divídense en tres grupos principais segundo a súa cor: verdes, pardas e vermellas. Ademais, existen as microalgas, que son organismos microscópicos, moi variados e fundamentais para os ecosistemas acuáticos. 

Algas verdes

  • Algas verdes (Chlorophyta): cor verde por teren clorofila. Viven en auga doce, salgada e incluso en zonas húmidas terrestres e zonas máis superficiais, onde hai moita luz. Algunhas son microscópicas. Os exemplos Ulva (leituga de mar), Codium e Spyrogyra.

Algas verdes

Algas pardas

  • Algas pardas: cor parda ou marrón (por un pigmento chamado fucoxantina). Viven no mar en augas frías e son típicas da zona media do litoral. Exemplo: Fucus, Sargassum, Bifurcaria. Moitas veces acadan grandes tamaños e poden formar bosques submarinos, como os bosques de kelp creados por Laminaria ou formacións densas de Saccorhiza e Cystoseira que tamén constitúen hábitats fundamentais no medio mariño.

Algas pardas

Algas vermellas

  • Algas vermellas son as que poden vivir a máis profundidade porque son capaces de aproveitar a pouca luz que queda. Exemplo: Corallina, Gelidium, Chondrus . Tamén son moi importantes os fondos de "maërl",  formados por dúas especies de algas calcáreas, de gran valor ecolóxico, xa que serven de refuxio de numerosos organismos mariños. 

Algas vermellas

Microalgas

Ademais existen as chamadas microalgas que son seres vivos que viven na auga, tanto doce como salgada. Aínda que non as podemos ver a simple vista, son moi importantes porque realizan a fotosíntese e forman parte do fitoplancto que é a base alimentaria de moitos animais mariños. Existen moitos tipos de microalgas, incluso dentro das algas verdes inclúese algunhas especies microscópicas como xa dixemos. Porén, os grupos máis destacados son:

  • Diatomeas: teñen unha especie de caixiña feita de sílice (vidro) e formas moi bonitas. Exemplo: Navicula, Fragilaria, Asterionella.
  • Dinoflaxelados: móvense con flaxelos. Algunhas poden brillar de noite ou causar mareas vermellas (prema na imaxe de dinoflaxelados). Exemplo: Noctiluca scintillans, Alexandrium, Ceratium. 

DiatomeasDinoflaxelados

Lectura facilitada

As algas clasifícanse en tres grupos principais segundo a súa cor: verdes, pardas e vermellas.

  • As algas verdes teñen clorofila e viven en auga doce, salgada e zonas húmidas con moita luz; algunhas son microscópicas.
  • As algas pardas teñen pigmentos que lles dan cor marrón e viven en augas frías do litoral, podendo formar grandes bosques submarinos que son hábitats importantes.
  • As algas vermellas poden vivir en profundidades maiores grazas á súa capacidade de aproveitar pouca luz, e algúns fondos formados por elas son refuxio de moitos organismos.

Ademais, existen as microalgas

  • Son organismos microscópicos que viven en auga doce e salgada, son moi diversas, realizan fotosíntese.
  • Forman parte fundamental do fitoplancto, base da alimentación en ecosistemas acuáticos.
  • Entre as microalgas destacan as diatomeas, cunha estrutura silícea, e os dinoflaxelados, que poden moverse con flaxelos e en ocasións producen fenómenos como as mareas vermellas.

Invítote a saír ao litoral e facer fotografías dos distintos tipos organismos segundo a súa localización. Por exemplo, na zona supralitoral busca e fotografa os liques negros e alaranxados que viven nas rochas expostas.

O mar nas nosas mans: elaborando un algario

Nesta actividade traballaredes en parellas, aínda que cada estudante elaborará o seu propio algario, é dicir, unha colección de algas recollidas no litoral. O resultado pode ter un enfoque máis artístico -por exemplo, combinando varias algas nunha mesma folla para crear unha composición- ou máis científico e sistemático -un exemplar por folla-, segundo as indicacións do/a profesor/a. 

A continuación, preséntase un vídeo como exemplo, xunto cos pasos necesarios detallados por escrito.

Preparación

Saíde ao litoral despois de consultar xuntos a táboa de mareas e elixide o momento de baixamar. Lembrade levar bolsas pequenas, cámara e calzado adecuado

Recolleita

En parellas, recollede as algas, concretamente: 2 verdes, 3 pardas e 3 vermellas. Cada estudante gardará as súas mostras para o seu propio algario. Lembra facer fotos a estes e outros exemplares.

Secado

  • Lavade nunha bandexa as algas con auga de mar ou doce
  • Colocade noutra bandexa un exemplar ou varios.
  • Mergulla a cartolina (A4 cortada á metade) e sitúa os exemplares ou exemplar enriba. Logo retira.
  • Estirade ben a alga cun pincel ou agulla, e cubride cun trapo de algodón.
  • Colocade as mostras entre papeis absorbentes (por exemplo o xornal) cun peso enriba.
  • Cambiade a diario as follas de xornal intercaladas ata que estean completamente secas, sen retirar os trapos durante o proceso.

Montaxe e presentación

  • As vermellas adoitan quedar pegadas á cartolina; as demais pódense fixar con cinta adhesiva
  • Engadide unha etiqueta tal como se mostra no ficheiro anexo.

Presentación final: cada estudante organizará as súas mostras nunha carpeta ou caderno, engadindo unha portada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)