
As plantas son moi importantes nos seus ecosistemas, pero cando se atopan fóra do seu hábitat natural pódense converter en invasoras, provocando problemas ecolóxicos e contribuíndo á perda da biodiversidade. A globalización facilita que estas especies viaxen e se establezan en novos lugares, desestabilizando os ecosistemas locais e substituíndo ás especies autóctonas.
Un exemplo é a crocosmia, unha planta ornamental procedente de Sudáfrica que chegou a Galicia, e escapou dos xardíns instalándose en moitos dos nosos ríos, ocupando o lugar de plantas propias, causando deste xeito un prexuízo para o ecosistema. Esta situación reflicte como as accións humanas poden acelerar a perda da biodiversidade.
Prepárate para o reto: consulta a listaxe de plantas invasoras en Galicia, localiza algunhas na túa contorna e faino con fotografías para entender o seu impacto.
Tarefa: en grupos, completade a ficha do ficheiro anexo sobre as plantas invasoras, indicando:
- Causa ou causas: que accións humanas favorecen a súa chegada e expansión.
- Consecuencias: que efectos teñen sobre a biodiversidade local.
- Posibles solucións: que medidas se poden tomar para previr ou reducir o problema.
Despois presentaredes o voso traballo ao grupo para compartir as vosas conclusións.