Arbolapp
Nesta tarefa, imos afondar no uso das claves dicotómicas para a identificación de organismos.
ARBOLAPP e unha aplicación para a identificación de árbores creada polo Real Xardín Botánico e a Área de Cultura Científica do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) co apoio da FECYT (Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía).
A aplicación pode instalarse nun teléfono móbil ou tableta e tamén pode usarse no ordenador na súa versión web.
Agora vas a usar a aplicación para identificar árbores da túa contorna. A aplicación é válida para identificar árbores silvestres, non vale para os de xardíns. O resultado vas a recollelo no teu caderno.
Sae a un espazo natural e escolle 3 árbores.
- Fai dúas fotografías de cada árbore, unha na que se vexa o seu porte completo e outra de detalle na que se aprecien ben as follas.
- Identifícaos utilizando a aplicación.
- No teu caderno anota o nome científico, e o nome común de cada unha das árbores en castelán, galego e inglés.
- Revisa a ficha da árbore e anota en dúas liñas algunha característica ou peculiaridade da árbore.