Organismo que se atopa de forma exclusiva nunha rexión ou zona xeográfica determinada.
Exemplo:
Cystoseira tamariscifolia é unha alga parda endémica das costas atlánticas de Europa, incluíndo Galicia.
Malaria
Definición:
Enfermidade infecciosa transmitida por mosquitos do xénero Anopheles e causada por protozoos do xénero Plasmodium.
Exemplo:
A malaria é común en rexións tropicais e subtropicais de África, Asia e América Latina.
Parasito
Definición:
Organismo que vive a expensas doutro, obtendo nutrientes e causándolle algún prexuízo.
Exemplo:
O Trypanosoma cruzi é un parasito que infecta as células sanguíneas dos mamíferos.
Tipos segundo o seu movemento
Os protozoos clasifícanse en diferentes grupos segundo o seu modo de locomoción. Esta clasificación permite facerse unha boa idea da súa diversidade e o seu papel nos ecosistemas.
Flaxelados
Móvense mediante un ou dous flaxelos e a maioría son parasitos como o que podes ver na seguinte ilustración, o Trypanosomoa gambiense, causante da enfermidade do sono transmitida pola mosca tse-tse.
Ciliados
Móvense mediante cilios que empregan para desprazarse e para capturar o alimento e achegalo á boca do organismo. A maioría viven en augas doces (como lagos e ríos) como Paramecium sp. e Vorticella sp.
Rizópodos
Móvense mediante pseudópodos que son prolongacións do seu citoplasma. Estas estruturas son como "brazos" que o organismo estira e retrae para desprazarse e capturar o alimento. A maioría teñen unha vida libre pero algúns tamén son parasitos. Exemplo é Amoeba sp.
Esporozoos
Son inmóbiles xa que non teñen órganos locomotores como cilios ou flaxelos. Todos son parasitos e son responsables de varias enfermidades graves. Por exemplo o Plasmodium falciparum (ver imaxe)é un parasito causante do paludismo ou malaria que ataca aos glóbulos vermellos do sangue humano. Transmítese a través da picadura dun mosquito anófele. Esta enfermidade é endémica en África e noutras zonas tropicais, e pode ser moi grave se non se trata adecuadamente.
Lectura facilitada
Os protozoos clasifícanse segundo como se moven, o que mostra a súa diversidade e función nos ecosistemas.
Flaxelados: usan flaxelos para moverse e a maioría son parasitos.
Ciliados: móvense con cilios que tamén usan para capturar alimentos e viven principalmente en augas doces.
Rizópodos: desprázanse usando pseudópodos, que os axudan a moverse e alimentarse, podendo ser libres ou parasitos.
Esporozoos: existen protozoos inmóbiles, sen órganos de movemento, que son todos parasitos e causan enfermidades graves.
Audio
Clasifica os seguintes protozoos segundo o seu movemento