Saltar navegación

Nutrición

 

Glosario

Sintetizar

Sintetizar

Definición:

Formar unha substancia a partir doutras máis simples mediante procesos químicos.

Exemplo:

As plantas sintetizan os seus nutrientes durante a fotosíntese a partir de auga, dióxido de carbono e luz solar.

Nutrición

Como xa viches con anterioridade, as plantas, as algas e o fitoplancto son organismos autótrofos capaces de elaborar os seus propios nutrientes. Lembra que fungos, animais, protozoos e a maioría das bacterias deben obtelos doutros organismos. Por iso, as plantas son fundamentais para a vida, xa que o resto de organismos dependen delas para nutrirse.

O proceso de nutrición nas plantas é complexo e imos dividilo en distintas fases, relacionadas entre si, para facilitar a súa comprensión. Para axudarche a entendelo mellor, podes consultar tamén o apoio visual onde tes un vídeo explicativo.

Intercambio de gases

estomaAs plantas captan o dióxido de carbono da atmosfera a través dos estomas das súas follas e liberan osíxeno resultante da fotosíntese. Os estomas son pequenos orificios situados nas follas que permiten o intercambio gasoso.

Absorción

As plantas absorben auga e sales minerais polas raíces, agás nos musgos e hepáticas que as absorben directamente polas súas folliñas. A auga e os sales minerais disoltas nela son fundamentais para a vida das plantas. As raíces son órganos especializados na captación de agua e poden ser moi extensas en plantas de zonas secas.

Transporte

Os musgos e hepáticas son as plantas máis sinxelas e non teñen sistema vascular, co cal necesitan vivir en sitios con moita humidade e captan a auga e os sales minerais directamente a través de todas as súas estruturas.

Nos fentos, xa mellor adaptados á vida terrestre, aparece un sistema vascular sinxelo. O sistema vascular perfeccionase e aparece mellor desenvolto nas plantas con sementes que presentan xilema e floema como órganos condutores. O xilema transporta o zume bruto (auga e sales minerais) desde as raíces ata as follas. Nas follas ocorre o proceso de fotosíntese e as plantas elaboran os nutrientes que necesitan para vivir. Eses nutrientes forman o zume elaborado que é transportado polo floema a todas as partes da planta.

Fotosíntese

Nas partes verdes das plantas ocorre o proceso de fotosíntese. A partir de auga, dióxido de carbono (CO2) e sales minerais e coa enerxía da luz solar, as plantas sintetizan os nutrientes que necesitan para vivir. Neste proceso tamén se xera osíxeno. A fotosíntese ocorre nos cloroplastos das células das follas, para captar a luz solar interveñen uns pigmentos fotosintéticos dos cales a clorofila é un dos máis importantes.

Respiración

Pois si, as plantas tamén respiran. Ao igual que a maioría de seres vivos, as plantas realizan a respiración celular nas mitocondrias das súas células. Neste proceso utilizan os nutrientes sintetizados durante a fotosíntese para obter a enerxía necesaria para os distintos procesos vitais (crecemento, floración...).

Lectura facilitada

Intercambio de gases

estomaAs plantas captan o dióxido de carbono da atmosfera a través dos estomas das súas follas e liberan osíxeno resultante da fotosíntese.

Os estomas son pequenos orificios situados nas follas que permiten o intercambio gasoso.

Absorción

As plantas con sementes e os fentos absorben auga e sales minerais polas raíces.

A auga e as sales minerais disoltas nela son fundamentais para a vida das plantas.

Transporte

Os musgos e hepáticas son as plantas máis sinxelas e non teñen sistema vascular, captan a auga e as sales minerais directamente a través das súas folliñas.

Nos fentos, xa mellor adaptados á vida terrestre, aparece un sistema vascular sinxelo.

As plantas con sementes presentan xilema e floema como órganos condutores. O xilema transporta o zume bruto (auga e sales minerais) desde as raíces ata as follas.

Nas follas ocorre o proceso de fotosíntese e as plantas elaboran os nutrientes que necesitan para vivir. Eses nutrientes forman o zume elaborado que é transportado polo floema a todas as partes da planta.

Fotosíntese

Nas partes verdes das plantas ocorre o proceso de fotosíntese.

A partir de auga, dióxido de carbono (CO2) e sales minerais e coa enerxía da luz solar, as plantas sintetizan os nutrientes que necesitan para vivir. O proceso de fotosíntese ocorre nos cloroplastos das células das follas, para captar a luz solar interveñen uns pigmentos fotosintéticos dos cales a clorofila é un dos máis importantes.

Respiración

 Ao igual que a maioría de seres vivos, as plantas realizan a respiración celular nas mitocondrias das súas células.

Neste proceso utilizan os nutrientes sintetizados durante a fotosíntese para obter a enerxía necesaria para os distintos procesos vitais (crecemento, floración...)

Apoio visual

No vídeo a parte máis importante está entre os tempos 0:00 e 2:30

A nutrición en imaxe

2

Prema sobre as áreas ou iconas vermellas da imaxe para coñecer o proceso de nutrición.

Copia a imaxe no teu caderno e indica a función das seguintes estruturas no proceso de nutrición:

  • Raíces
  • Xilema
  • Floema
  • Follas

{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/fotosintese_blu.png","authorImage":"","altImage":"","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p121455396936","title":"Raíces","type":2,"url":"","video":"","x":0.45043731778425655,"y":0.8248543748577821,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a121455396936","pts":[{"id":"p1435813556224","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1435813556224","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1435813556224","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s121455396936","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p242768413768","title":"Follas","type":2,"url":"","video":"","x":0.49416909620991256,"y":0.5957281612655492,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a242768413768","pts":[{"id":"p884993579607","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a884993579607","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s884993579607","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s242768413768","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1219590181540","title":"Transporte","type":2,"url":"","video":"","x":0.6107871720116618,"y":0.5530097146636074,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1219590181540","pts":[{"id":"p537715743959","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a537715743959","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s537715743959","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1219590181540","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","evaluation":0,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"202542054919-120","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporcione unha palabra ou expresión","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Resposta","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Preguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Si","msgNo":"Non","msgShowAreas":"Amosar áreas activas","msgShowTest":"Amosar cuestionario","msgGoActivity":"Prema aquí para realizar esta actividade","msgSelectAnswers":"Seleccione as opcións correctas e prema no botón ","msgCheksOptions":"Marca tódalas opcións na orde axeitada e preme no botón ","msgWriteAnswer":"Escribe a palabra ou frase correcta e preme no botón ","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Prema sobre","msgReviewContents":"Debes repasar o %s% dos contidos da actividade antes de completar o cuestionario.","msgScore10":"Todo perfecto! Parabéns! Desexas repetir esta actividade?","msgScore4":"Non superaches esta proba. Repasa os seus contidos e téntao de novo. Desexas repetir a actividade?","msgScore6":"Moi ben! Superaches a proba, pero seguro que o podes mellorar. Desexas repetir esta actividade?","msgScore8":"Case perfecto! Aínda podes facelo mellor. Desexas repetir esta actividade?","msgNotCorrect":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect1":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect2":"e a resposta correcta é","msgNotCorrect3":"Téntao outra vez!","msgAllVisited":"Xenial! Visitaches os puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Podes facer o test.","msgPlayStart":"Prema aquí para comezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Seleccione un ficheiro de subtítulos. Formatos admitidos:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}

RaícesAs raíces absorben auga e sales minerais disoltas nela a través dos pelos radicais.

Folla

Nas follas ocorre o proceso de fotosíntese.

As follas captan CO2 do aire a través dos estomas. Nos cloroplastos das células ocorre o proceso de fotosíntese que transforma ese CO2, a auga e sales minerais en nutrientes e osíxeno, O2.

A fotosíntese necesita enerxía que captan os cloroplastos grazas aos pigmentos como a clorofila.

Talo e sistema vascularO sistema condutor, de transporte ou vascular das plantas ten dous elementos principais:

Xilema: transporta auga e sales minerais das raíces ata as follas para ser usados na fotosíntese.

Floema: transporta os nutrientes elaborados nas follas ao resto da planta para ser usados nos distintos procesos vitais.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Miniexperiencias: fotosíntese e pigmentos

A continuación podes observar dous videos para indagar no proceso de fotosíntese.

O proceso de fotosíntese

Observa o seguinte vídeo e anota no teu caderno os pasos que cómpre seguir para desenvolver a experiencia que se propón.

Recomendacións:

  • Para cortar os discos podes utilizar unha cana de sorber líquidos
  • O bicarbonato podes mercalo no supermercado, coa punta dunha culleriña é suficiente
  • Para simular escuridade tapa o bote para que non entre a luz

Unha vez realizada a experiencia resposta ás seguintes cuestións:

  • Que función fai a lámpada no proceso. Funcionaría igual poñéndoo preto dunha ventá con moita luz?
  • Cando simulamos a noite ocorre a fotosíntese?
  • Pola noite a planta respira? E polo día?

Pigmentos fotosintéticos

Por que cambian de cor as follas en outono?

Preme aquí para acceder a esta miniexperiencia.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)