Glosario
Bacteria
-
Definición:
-
Organismo microscópico, unicelular e sen núcleo definido (procariota), pertencente ao reino Monera.
-
Exemplo:
-
As bacterias só poden verse con axuda dun microscopio.
Ecosistema
-
Definición:
-
Conxunto formado polos seres vivos (plantas, animais, microorganismos...) e o medio físico (auga, solo, aire...) que interactúan entre si nun lugar determinado.
-
Exemplo:
-
Un regato onde viven algas, protozoos, bacterias e insectos acuáticos é un ecosistema.
ODS
-
Definición:
-
ODS: obxectivos de desenvolvemento sostible. Conxunto de metas globais establecidas polas Nacións Unidas para promover o desenvolvemento sostible en todo o mundo.
-
Exemplo:
-
O ODS 15 céntrase na protección da vida nos ecosistemas terrestres.
Sostible
-
Definición:
-
Acción que non pon en risco a vida na Terra nin dana o medio ambiente, tanto no presente como no futuro.
-
Exemplo:
-
Unha acción sostible consiste en preservar a biodiversidade do noso planeta.
