Saltar navegación

3.1. Moneras: o reino invisible

 

Glosario

Microbiota

Microbiota

Definición:

Conxunto de microorganismos que viven de forma natural no corpo doutros seres vivos, como as persoas. É como unha comunidade microscópica que vive connosco e nos axuda a manter a saúde.

Exemplo:

A microbiota do intestino axuda a dixerir os alimentos e protexe o noso corpo fronte a certos microbios nocivos.

Materia inorgánica

Dióxido de carbono

Definición:

Substancias que non proceden directamente dos seres vivos e que, normalmente, non conteñen carbono (hai excepcións, como o dióxido de carbono). Inclúe auga, sales minerais (como o sal, calcio..)  e gases (osíxeno, nitróxeno).

Exemplo:

Algunhas cianobacterias utilizan materia inorgánica, como o dióxido de carbono e minerais disoltos na auga, para realizar a fotosíntese.

Materia orgánica

Descomposición

Definición:

Conxunto de substancias que conteñen carbono e que proceden directa ou indirectamente dos seres vivos ou dos restos da súa descomposición.

Exemplo:

Algunhas bacterias e fungos descompoñen a materia orgánica dos restos de seres vivos, como follas mortas.

Fotosíntese

Fotosíntese

Definición:

Proceso mediante o cal as plantas, as algas e o plancto vexetal transforman a enerxía da luz solar en nutrientes, usando dióxido de carbono e auga.

Exemplo:

Grazas á fotosíntese, as árbores producen os nutrientes que necesitan e liberan oxíxeno ao aire.

Quimiosíntese

Quimiosíntese

Definición:

Proceso que realizan algúns microorganismos para obter enerxía a partir de substancias químicas, sen necesidade de luz solar.

Exemplo:

Algunhas bacterias usan xofre para obter enerxía a través da quimiosíntese.

Unha morea de imprescindibles seres invisibles

Bacteria tipoO reino Moneras está formado por seres vivos moi pequenos chamados bacterias. Son tan diminutas que non as podemos ver a simple vista: precisamos un microscopio para observalas. Estas son as súas características:

  • Son unicelulares, é dicir, están formadas por unha soa célula
  • Non teñen núcleo verdadeiro, por iso se lles chama procariotas
  • Poden vivir en moitos lugares: na auga, no solo, no noso corpo... inclusive, en ambientes extremos como volcáns ou xeo!

Sabías que...?

  • As bacterias foron os primeiros seres vivos da Terra.
  • Pódense reproducir moi rápido: unha soa bacteria pode dar lugar a millóns en pouco tempo!
 

Lectura facilitada

  • O reino Moneras está formado por seres vivos moi pequenos chamados bacterias.
  • As bacterias só se poden ver coa axuda dun microscopio.
  • Unha bacteria está formada por unha única célula.
  • As bacterias non teñen núcleo.
  • Poden vivir na auga, no solo, no noso corpo e en ambientes extremos como volcáns ou xeo.
  • As bacterias foron os primeiros seres vivos da Terra.
  • Unha soa bacteria pode dar lugar a millóns en moi pouco tempo!

Bacterias en funcionamento

Os seres vivos do reino Moneras cumpren as seguintes funcións:

Nutrición

Bacteria heterótrofaSegundo como conseguen o alimento, as bacterias poden ser:

1. Bacterias autótrofas. Son as que realizan a síntese de nutrientes (materia orgánica) a partir de dióxido de carbono e outras substancias inorgánicas (como a auga...), igual que fan as plantas.

  • Algunhas fan fotosíntese, usando a luz do sol.
  • Outras fan quimiosíntese, utilizando enerxía das reaccións químicas.

2. Bacterias heterótrofas. Estas non poden sintetizar nutrientes de seu; xa que logo, teñen que obtelos doutros seres vivos ou de restos deles. Dentro das heterótrofas, hai varios tipos segundo como obteñen o alimento:

  • Saprófitas: aliméntanse de restos de materia orgánica, é dicir, de  seres mortos, como follas, animais mortos ou outros materiais en descomposición. Axudan a limpar a natureza, porque descompoñen esta materia orgánica.
  • Parasitas: viven dentro ou enriba doutros seres vivos e aliméntanse deles, facendo que estes poidan enfermar. 
  • Simbióticas: viven xunto a outros seres vivos e ambos se benefician. Por exemplo, hai bacterias no noso intestino que nos axudan a dixerir certos alimentos e producen vitaminas, e nós ofrecémoslles un lugar para vivir e alimento a través dos restos da dixestión.

Relación

As bacterias tamén son capaces de relacionarse co que as rodea. Aínda que son moi sinxelas e pequenas , poden notar cambios no ambiente e reaccionar ante eles.

Por exemplo:

  • Poden moverse cara a zonas onde hai máis alimento.
  • Afástanse de lugares perigosos, como onde hai substancias tóxicas.
  • Algunhas bacterias teñen fíos chamados flaxelos que lles permiten desprazarse. Grazas a isto, poden buscar o mellor lugar para vivir.

Reprodución

As bacterias, que forman o reino Moneras, son moi pequenas, pero poden multiplicarse a gran velocidade!

Reprodúcense dunha maneira  moi sinxela chamada bipartición: a bacteria divídese en dúas idénticas creando unha copia de si mesma.

Este proceso é rapidísmo: en condicións favorables,  unha soa bacteria pode dar lugar a millóns en pouco tempo.

Deste xeito, os seres vivos do reino Moneras  espállanse por case todos os lugares do planeta.

Lectura facilitada

Nutrición: as bacterias poden nutrirse de distintos modos.

  • As bacterias autótrofas realizan a síntese de nutrientes a partir de dióxido de carbono e outras substancias inorgánicas (auga..)
    • Algunhas bacterias usan a enerxía do sol.
    • Algunhas bacterias usan a enerxía de reaccións químicas.
  • As bacterias heterótrofas obteñen nutrientes doutros seres vivos ou de restos de seres vivos.
    • As bacterias saprófitas aliméntanse de restos de seres mortos ou en descomposición.
    • As bacterias parasitas viven dentro ou enriba doutros seres vivos causando enfermidades.
    • As bacterias simbióticas viven xunto a outros seres vivos e ambos se benefician.

Relación

As bacterias poden  notar cambios no ambiente e responder a eles. Por exemplo:

  • Desprázanse cara a zonas con máis alimento.
  • Afástanse de lugares con substancias tóxicas.
  • Algunhas usan flaxelos para moverse e buscar o lugar máis adecuado para vivir.

Reprodución

  • As bacterias poden reproducirse moi rápido mediante un proceso chamado bipartición.
  • Na bipartición, unha bacteria divídese en dúas iguais.
  • En boas condicións, unha soa bacteria pode xerar millóns en pouco tempo.

Grazas a isto, as bacterias están presentes en case todos os lugares do planeta.

Sen bacterias, non hai vida

As bacterias desempeñan un papel fundamental na natureza, como veremos a continuación.

Papel ecolóxico

  • As bacterias teñen un papel fundamental no medio natural. Algunhas viven no chan e transforman o nitróxeno do aire en compostos que as plantas poden absorber, facendo posible o crecemento das colleitas. Outras descompoñen os restos de seres vivos mortos, axudando a devolver os nutrientes ao solo. Sen elas, a natureza estaría chea de restos sen descompoñer!
  • Por outra banda, a solución a algún dos graves problemas ambientais derivados da actividade humana pode estar nas bacterias. Sabías que hai bacterias que están a ser utilizadas para limpar augas contaminadas ou descompoñer plásticos?

Saúde

  • Moita xente pensa que todas as bacterias causan enfermidades. Isto non é certo. De feito, miles de millóns de bacterias viven dentro do noso corpo, sobre todo no sistema dixestivo. Estas bacterias axudan a dixerir os alimentos, a producir vitaminas e a protexernos fronte a microbios perigosos. Por iso, coidarmos da nosa microbiota é coidarnos a nós mesmos.
  • Pero non queda aí a cousa, moitas bacterias teñen un papel moi importante na saúde das persoas. Pensa que moitos medicamentos son producidos por bacterias; entre eles temos algúns antibióticos, que se usan para combater infeccións causadas por outras bacterias perigosas. Tamén a produción de determinadas sustancias é posible gracias á modificación xenética de bacterias mediante a biotecnoloxía. O mellor exemplo é o da insulina, unha hormona que precisan as persoas con diabetes. Grazas a isto, moitos pacientes poden ter mellor calidade de vida.

Industria

As bacterias participan nas cadeas de produción de moitos alimentos que consumimos cada día:

  •  Fermentación: bacterias especiais transforman o leite en produtos como o iogur e o queixo.
  • Conservación de alimentos: Outros alimentos como o chucrut (col fermentada) ou os cogombros en vinagre tamén se fan grazas ás bacterias, que axudan a conservar os alimentos durante máis tempo. Estas transformacións non só melloran o sabor, senón que tamén fan os alimentos máis dixestivos e seguros.

Lectura facilitada

As bacterias desempeñan un papel fundamental na natureza

Papel ecolóxico das bacterias

  • Algunhas bacterias do chan transforman o nitróxeno do aire en compostos útiles para as plantas.
  • Outras descompoñen restos orgánicos, devolvendo nutrientes ao solo.
  • Existen bacterias útiles na loita contra a contaminación (auga contaminada, plásticos).

Na saúde

  • Non todas as bacterias son perigosas; moitas viven no noso corpo e son beneficiosas.
  • A microbiota axuda na dixestión, produción de vitaminas e defensa fronte a microbios.
  • Algunhas bacterias producen medicamentos como antibióticos.
  • A biotecnoloxía permite usar bacterias para fabricar substancias como a insulina.

Uso industrial das bacterias

  • Interveñen na produción de alimentos como iogur e queixo (fermentación láctica).
  • Axudan a conservar alimentos como o chucrut e os cogombros en vinagre.
  • Estas transformacións melloran o sabor e fan os alimentos máis dixestivos.

Apoio visual

Visualiza o vídeo para coñecer aos integrantes do reino Moneras e o seu interese e importancia para os humanos.

Completar

Parabéns, non fallaches nin unha!!!!

Le o texto e arrastra as palabras que faltan ata o oco que lle corresponda a cada unha.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%DE%F7%B2%FD%B2%E6%F7%EA%E6%FD%B2%F7%B2%F3%E0%E0%F3%E1%E6%E0%F3%B2%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%E3%E7%F7%B2%F4%F3%FE%E6%F3%FC%B2%F3%E6%F3%B2%FD%B2%FD%F1%FD%B2%E3%E7%F7%B2%FE%FE%F7%B2%F1%FD%E0%E0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F3%B2%F3%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E7%FC%FA%F3%BC%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%D3%E1%B7%A0%A2%F0%F3%F1%E6%F7%E0%FB%F3%E1%B7%A0%A2%E1%FD%FC%B7%A0%A2%FD%E0%F5%F3%FC%FB%E1%FF%FD%E1%B7%A0%A2%D2%D2%E2%E0%FD%F1%F3%E0%FB%FD%FC%E6%F7%E1%D2%D2%B7%A0%A2%E1%F7%FC%B7%A0%A2%FC%B7%D4%D3%F1%FE%F7%FD%B7%A0%A2%F6%F7%FE%FB%FF%FB%E6%F3%F6%FD%BC%B7%A1%D1%F0%E0%B7%A0%A2%BD%B7%A1%D7%DC%FD%B7%A0%A2%F1%FA%F3%FC%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F1%F7%E0%E6%F3%E1%B7%A0%A2%F0%F3%F1%E6%F7%E0%FB%F3%E1%B7%A0%A2%F4%FB%EA%F3%FC%B7%A0%A2%FD%B7%A0%A2%D2%D2%FC%FB%E6%E0%B7%D4%A1%EA%F7%FC%FD%D2%D2%B7%A0%A2%F6%FD%B7%A0%A2%F3%FB%E0%F7%B7%A0%A2%F7%B7%A0%A2%FD%E7%E6%E0%F3%E1%B7%A0%A2%F6%F7%E1%F1%FD%FF%E2%FD%B7%D4%A3%F7%FC%B7%A0%A2%E0%F7%E1%E6%FD%E1%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%E1%F7%E0%F7%E1%B7%A0%A2%E4%FB%E4%FD%E1%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F6%F7%E4%FD%FE%E4%F7%FC%F6%FD%B7%A0%A2%FC%E7%E6%E0%FB%F7%FC%E6%F7%E1%B7%A0%A2%F3%FD%B7%A0%A2%E1%FD%FE%FD%BC%B7%A1%D1%F0%E0%B7%A0%A2%BD%B7%A1%D7%DC%FD%B7%A0%A2%E1%FB%E1%E6%F7%FF%F3%B7%A0%A2%F6%FB%EA%F7%E1%E6%FB%E4%FD%B7%A0%A2%FA%E7%FF%F3%FC%FD%B7%A0%A2%F3%EA%E7%F6%F3%FC%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%F6%FB%EA%F7%E0%FB%E0%B7%A0%A2%F3%FE%FB%FF%F7%FC%E6%FD%E1%B7%A0%A2%F7%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%E2%E0%FD%F6%E7%F1%FB%E0%B7%A0%A2%D2%D2%E4%FB%E6%F3%FF%FB%FC%F3%E1%D2%D2%BC%B7%A1%D1%F0%E0%B7%A0%A2%BD%B7%A1%D7%DC%F3%B7%A0%A2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B7%A0%A2%F3%FE%FB%FF%F7%FC%E6%F3%E0%FB%F3%B7%A0%A2%E2%F3%E0%E6%FB%F1%FB%E2%F3%FC%B7%A0%A2%FC%F3%B7%A0%A2%D2%D2%F4%F7%E0%FF%F7%FC%E6%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%D2%D2%B7%A0%A2%FE%B7%D7%A3%F1%E6%FB%F1%F3%B7%A0%A2%E2%F3%E0%F3%B7%A0%A2%E6%E0%F3%FC%E1%F4%FD%E0%FF%F3%E0%B7%A0%A2%FD%B7%A0%A2%FE%F7%FB%E6%F7%B7%A0%A2%F7%FC%B7%A0%A2%FB%FD%F5%E7%E0%B7%A0%A2%F7%B7%A0%A2%E3%E7%F7%FB%EA%FD%BC%B7%A1%D1%F0%E0%B7%A0%A2%BD%B7%A1%D7%DC%F3%B7%A0%A2%FF%F7%F6%FB%F1%FB%FC%F3%B7%A0%A2%F1%E7%FE%E6%B7%D7%D6%E4%F3%FC%E1%F7%B7%A0%A2%E2%F3%E0%F3%B7%A0%A2%F4%F3%F0%E0%FB%F1%F3%E0%B7%A0%A2%D2%D2%F3%FC%E6%FB%F0%FB%B7%D4%A1%E6%FB%F1%FD%E1%D2%D2%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F1%FD%FF%F0%F3%E6%F7%FC%B7%A0%A2%FB%FC%F4%F7%F1%F1%FB%B7%D4%A1%FC%E1%B7%A0%A2%F7%B7%A0%D1%B7%A0%A2%FF%F7%F6%FB%F3%FC%E6%F7%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%F0%FB%FD%E6%F7%F1%FC%FD%FE%FD%EA%B7%D7%D6%F3%B7%A0%D1%B7%A0%A2%FF%FD%F6%FB%F4%B7%D7%D6%F1%F3%FC%E1%F7%B7%A0%A2%E2%F3%E0%F3%B7%A0%A2%E2%E0%FD%F6%E7%F1%FB%E0%B7%A0%A2%D2%D2%FB%FC%E1%E7%FE%FB%FC%F3%D2%D2%BC%B7%A1%D1%F0%E0%B7%A0%A2%BD%B7%A1%D7%D3%FE%F5%E7%FC%FA%F3%E1%B7%A0%A2%F0%F3%F1%E6%F7%E0%FB%F3%E1%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F1%FA%F3%FF%F3%F6%F3%E1%B7%A0%A2%D2%D2%F7%EA%E6%E0%F7%FF%B7%D4%A1%F4%FB%FE%F3%E1%D2%D2%B7%A0%D1%B7%A0%A2%E4%FB%E4%F7%FC%B7%A0%A2%F7%FC%B7%A0%A2%F1%FD%FC%F6%FB%F1%FB%B7%D4%A1%FC%E1%B7%A0%A2%F7%EA%E6%E0%F7%FF%F3%E1%B7%A0%A2%F1%FD%FF%FD%B7%A0%A2%F1%F3%FE%FD%E0%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F3%F1%FB%F6%F7%E8%B7%A0%A2%FD%E7%B7%A0%A2%F3%FE%E6%F3%B7%A0%A2%E1%F3%FE%FB%FC%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%F1%F3%E1%F7%C1%F7%FC%E1%FB%E6%FB%E4%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A2%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%B7%A1%D1%E1%E6%E0%FD%FC%F5%B7%A1%D7%C2%F3%E0%F3%F0%B7%D7%AB%FC%E1%B7%A0%D1%B7%A0%A2%FC%FD%FC%B7%A0%A2%F4%F3%FE%FE%F3%F1%FA%F7%E1%B7%A0%A2%FC%FB%FC%B7%A0%A2%E7%FC%FA%F3%B7%A0%A3%B7%A0%A3%B7%A0%A3%B7%A0%A3%B7%A1%D1%BD%E1%E6%E0%FD%FC%F5%B7%A1%D7%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%F7%E1%E6%E0%FB%F1%E6%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%C1%FB%E8%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%E2%E0%FD%E6%FD%E8%FD%FD%E1%BE%B2%FD%EA%7F%EA%F7%FC%FD%BE%B2%E0%F7%E1%E2%FB%E0%F3%F1%FBa%FC%BE%B2%E4%FB%E0%E7%E1%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%A0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%A0%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%DE%FB%FF%FB%E6%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A7%A3%A0%A3%A7%A7%AA%A4%BF%A3%A0%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%DA%F3%E2%E2%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%DD%E4%F7%E0%B0%A8%B0%D4%FB%FC%B2%F6%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F6%FB%F1%F3%E6%F7%C5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C2%E0%FD%E2%FD%E0%F1%FB%FD%FC%F7%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%FD%E7%B2%F7%EA%E2%E0%F7%E1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DA%F3%E1%B0%A8%B0%C6%F7%E1%B2%B7%A3%B2%F3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B2%F7%B2%B7%A0%B2%F7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%CA%FD%F5%F3%E0%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E3%E7%FB%E0%F7%F6%D3%F1%F1%F7%E1%E1%D9%F7%EB%B0%A8%B0%5B%B2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%DE%FD%FD%F9%FB%FC%F5%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%F0%F3%E1%B2%F3%B2%E2%E0%FD%F1%E7%E0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%FD%E7%E1%F7%B2%E7%FC%B2%F7%E0%E0%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FD%E4%F7%DD%FC%F7%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%E6%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E6h%F3%E1%B2%E4%FB%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C5%E0%FD%E6%F7%B0%A8%B0%D7%E1%F1%E0%FB%F0%F7%B2%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B2%F7%B2%E2%E0%F7%FF%F7%B2%F7%FC%B2%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%BC%B2%C1%F7%B2%F6%E7%F0%FB%F6%F3%E1%BE%B2%E2%E0%F7%FF%F7%B2%F7%FC%B2%C1%F7%F5%E7%FB%E0%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%E6%DC%F7%E6%E5%FD%E0%F9%B0%A8%B0%D3%B2%F7%E1%E6%F7%B2%EA%FD%F5%FD%B2%E1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%F1%FD%FC%B2%F1%FD%FC%F7%EA%FBa%FC%B2%F3%B2%DB%FC%E6%F7%E0%FC%F7%E6%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%FC%E6%F7%E1%B2%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%FF%F7%F1%F7%B2%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FC%E1%E5%F7%E0%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%F3%F6%FB%FC%F5%B0%A8%B0%D1%F3%E0%F5%F3%FC%F6%FD%BC%B2%D3%F5%F3%E0%F6%F7%u20B4%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%FD%FE%E7%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%B0%A8%B0%C6%7B%FC%E6%F3%FD%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C6%F7%E1%B2%B7%E1%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%F7%B2%B7%F6%B2%F7%E0%E0%FD%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%FD%E7%B2%FD%B2%E6%F7%FF%E2%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%D7%FC%F6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%E0%B0%EF%EF

As bacterias son organismos @@procariontes@@ sen núcleo delimitado.
No chan, certas bacterias fixan o @@nitróxeno@@ do aire e outras descompoñen restos de seres vivos, devolvendo nutrientes ao solo.
No sistema dixestivo humano axudan a dixerir alimentos e a producir @@vitaminas@@.
Na industria alimentaria participan na @@fermentación@@ láctica para transformar o leite en iogur e queixo.
Na medicina cultívanse para fabricar @@antibióticos@@ que combaten infeccións e, mediante a biotecnoloxía, modifícanse para producir @@insulina@@.
Algunhas bacterias, chamadas @@extremófilas@@, viven en condicións extremas como calor, acidez ou alta salinidade.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)