Ides empezar a traballar para crear un texto de opinión sobre unha saída da escola. A intención do reto e recadar distintas opinións e informacións para elaborar o voso texto de opinión.
Xa tedes recompilada a información e distintas opinións. A continuación, veredes unha guía para realizar esa investigación paso a paso e organizala.
Logo, o voso texto de opinión integrarase na revista e adaptarase ao formato conxunto de todos os retos.
Estades preparados?
Lectura facilitada
Ides empezar a traballar
para crear un texto de opinión sobre unha saída da escola.
A intención do reto e recadar distintas opinións e informacións.
Así elaboraredes o voso texto de opinión sobre unha saída escolar.
Xa tedes recompiladas informacións e distintas opinións.
A continuación, veredes unha guía paso a paso.
Esta guía axudaravos a organizar a información.
Estades preparados?
Audio
Unha guía paso a paso
A continuación, explicaremos paso a paso como debedes realizar o voso reto de escribir un texto de opinión. Preme nas lapelas inferiores para ver un exemplo sobre unha saída escolar á redacción e rotativa do xornal Faro de Vigo. Para realizar este exemplo utilizouse a información que vedes nesta folla de exemplo de recollida de datos.
O título
Escollede un que vos guste pero non vos preocupedes, porque se pode cambiar ao rematar o documento.
Este é o exemplo de título, sinxelo e descritivo, da saída escolar ao xornal Faro de Vigo.
A introdución
Neste apartado debedes cubrir unha introdución do tema ocupando un só parágrafo. No exemplo vedes que damos a opinión xa dende o primeiro momento, deixando claro cal é a postura sobre a saída ao Faro de Vigo.
Fixádevos na frase rechamante final onde di "Ás rotativas!". Podedes logo, opcionalmente, facer unha semellante no voso texto para chamar a atención das persoas lectoras.
A tese
Esta é a opinión central sobre a que se basea o resto do texto e ten que estar ben argumentada. Esta opinión central debedes sacala de toda a información previa que obtivestes na folla de recollida.
Fixádevos que é unha opinión xeral, común a todas as posturas segundo a información recollida. Se tedes vós outra opinión sobre a saída tamén podedes defendela.
Os argumentos
Podedes organizar todos os argumentos en parágrafos separados pero tamén nun só se son poucos ou curtos.
Aquí os parágrafos corresponden ás opinións argumentadas dos entrevistados: pais e nais, profesorado, dirección e o alumnado.
A conclusión
Ten que ser moi parecida á introdución pero máis curta se cabe. Recordade outra vez a vosa opinión, serve para deixar claro a postura final.
Decidiuse cambiar o título ao final xa que, está mellor adaptado.
Para redactar o reto debedes ter sempre en conta a vosa folla de recollida de datos. Podedes incluso empregar algunha expresión ou opinión das persoas ás que lle preguntastes. Tamén é importante ter en conta a información recada de Internet e outras fontes utilizadas. Todo iso dará verosimilitude aos argumentos que utilicedes.
Queda claro cal é a postura sobre a saída ao Faro de Vigo.
Fixádevos na frase rechamante final onde di "Ás rotativas!".
Podedes logo facer unha semellante no voso texto
para chamar a atención das persoas lectoras.
A tese
É a opinión central sobre a que se basea o resto do texto
e ten que estar ben argumentada.
Esta opinión central debedes sacala
de toda a información previa que obtivestes na folla de recollida.
Fixádevos que é unha opinión xeral.
É común a todas as posturas segundo a información recollida.
Se tedes vós outra opinión sobre a saída tamén podedes defendela.
Os argumentos
Podedes organizar todos os argumentos en parágrafos separados
Tamén podedes organizalos nun só se son poucos ou curtos.
Aquí os parágrafos corresponden ás opinións argumentadas
das persoas entrevistados: pais e nais, profesorado, dirección e o alumnado.
A conclusión
Ten que ser moi parecida á introdución pero máis curta se cabe.
Recordade outra vez a vosa opinión.
Serve para deixar claro a postura final.
Decidiuse cambiar o título ao final.
Este título está mellor adaptado.
Para redactar o reto debedes ter sempre en conta
a vosa folla de recollida de datos.
Podedes incluso empregar algunha expresión
ou opinión das persoas ás que lle preguntastes.
Tamén é importante ter en conta
a información recada de Internet e outras fontes utilizadas.
Todo iso dará verosimilitude aos argumentos que utilicedes.
Resultado final
Chegastes ao final do texto de opinión, dádelle unha revisión a todos os apartados. Uniranse todos os documentos nunha pequena revista e xa tedes o voso reto completado. Parabéns!
Lectura facilitada
Chegastes ao final do texto de opinión.
Dádelle unha revisión a todos os apartados.
Escollede un lugar axeitado
para colgar o voso documento.
Xa tedes o voso reto completado.
Parabéns!
Como se avalía o noso reto?
Tede en conta que se vai avaliar como o facedes. Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.