Saltar navegación

RETO 3 - Describimos a vila

 

Glosario

Calidade

Pictograma dunha enquisa

Definición:

Conxunto de características que nos da a coñecer como é unha persoa, cousa, monumento ou lugar.

Exemplo:

Este portátil reúne boas calidades para traballar.

Recanto

Pictograma dun lugar fermoso

Definición:

Aquel lugar que se atopa oculto dentro doutro máis grande.

Exemplo:

Naquel recanto do parque atopamos unha fermosa vista.

Introdución

Imaxe do ODS 11

De seguro que na vosa localidade hai algún monumento histórico ou algún lugar fermoso. Coñecer a historia da vosa localidade, así como todos os recantos ocultos é a mellor receita para poder protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural que vos arrodea. 

O voso reto pode axudar a que todas as persoas do centro coñezan a historia da vosa localidade ou lugares ocultos que son marabillosos para que a xente respecte e conserve toda a súa beleza. 

De aí que escoller o reto do texto descritivo sexa unha oportunidade estupenda para facer un documento que axude en todos eses aspectos.

Lectura facilitada

De seguro que na vosa localidade

hai algún monumento histórico

ou algún lugar fermoso.

Coñecer a historia da vosa localidade,

así como todos os recantos ocultos

é a mellor receita para

poder protexer e salvagardar

o patrimonio cultural

e natural que vos arrodea. 

O voso reto pode axudar a

que todas as persoas do centro

coñezan a historia da vosa localidade

ou lugares ocultos que son marabillosos

para que a xente respecte

e conserve toda a súa beleza. 

De aí que escoller o reto

do texto descritivo sexa

unha oportunidade estupenda

para facer un documento

que axude en todos eses aspectos.

As curiosidades da nosa vila

Agora que xa sabedes o que son os textos descritivos e que a vosa vila está chea de monumentos e lugares marabillosos, animádesvos a contarllo ao resto do centro? 

Ides crear o texto descritivo máis completo e preciso para que calquera persoa que o lea poida imaxinar estar vendo o monumento ou o lugar que escollésedes. Recordade revisar a estrutura dos textos descritivos que vistes ao longo da unidade. 

Imaxe portada texto descrición

Lectura facilitada

Agora que xa sabedes

o que son os textos descritivos

e que a vosa vila está

chea de monumentos e

lugares marabillosos,

animádesvos a

contarllo ao resto do centro? 

Ides crear o texto descritivo

máis completo e preciso

para que calquera persoa

que o lea poida imaxinar

estar vendo o monumento

ou o lugar que escollésedes.

Recordade revisar a estrutura

dos textos descritivos que

vistes ao longo da unidade. 

Imaxe portada texto descritivo

Precisas axuda?

Ao longo do deseño do reto podes ter algunha dúbida, para iso podes revisar o punto 3.4 para obter máis información dos textos descritivos e dos adxectivos, que vos farán falta para ter un texto descritivo completo. Lembrade anotar algunha características deste tipo de textos porque a precisaredes para a presentación final.

O texto escrito

No apartado 3.4. vistes que son e que estrutura teñen os textos descritivos.  A continuación ides recordar a estrutura deste tipo de texto escrito que vos axudará a construción e elaboración do voso reto. E importante tamén que recordedes os consellos de coherencia e cohesión que xa vistes no apartado 3.1.

Título

Consello para ter un título dun texto descritivo:

Debe ser breve, recoméndase condensalo nunha pequena frase. 

Por exemplo neste título podes ver varias características: As marabillas da miña localidade.

Onde escribir o título

Algúns consellos.

- 1. Podedes empregar as maiúsculas para todo o título.

- 2. Non soe levar verbos.

- 3.  Debe ter o menor número de palabras.

- 4. Pode ter ironía ou un xogo de palabras.

- 5. Pode ser un refrán, proverbio ou dito que resuma a vosa idea.

Introdución

O tema a describir.

É o parágrafo que vai a continuación do título e nel e moi importante que deades a coñecer o que estades a describir.

Introdución do texto

Recordade que as características deste primeiro parágrafo son:

1º Parágrafo curto

2º Debe resumir dun xeito breve o que ides contar no resto de apartados.

Desenvolvemento

Aquí ides desenvolver toda a información que fostes recadando. Recordade que ides empregar unha folla de verificación de información que será a vosa guía para poder facer unha perfecta descrición. Nesa folla ides recoller todas as calidades do que estades a describir. 

Describimos

Conclusión

Na última parte podedes dar unha breve descrición xeral e facer a vosa recomendación de visita. 

Conclusión

Lectura facilitada

No apartado 3.4. vistes

que son e que estrutura teñen

os textos descritivos. 

A continuación ides recordar

a estrutura deste tipo de textos escritos

que vos axudarán a construción

e elaboración do voso reto.

E importante tamén que recordedes

os consellos de coherencia e

cohesión que xa vistes no apartado 3.1.

Título

Consello para ter un título

dun texto descritivo:

Debe ser breve,

recoméndase condensalo

nunha pequena frase. 

Por exemplo neste título

podes ver varias características:

As marabillas da miña localidade.

Algúns consellos.

- 1. Podedes empregar as

maiúsculas para todo o título.

- 2. Non soe levar verbos.

- 3.  Debe ter o menor

número de palabras:

- 4. Pode ter ironía ou

un xogo de palabras:

- 5. Pode ser un refrán, proverbio

ou dito que resuma a vosa idea.

Introdución

O tema a describir.

É o parágrafo que vai a

continuación do título e nel

e moi importante que deades

a coñecer o que estades a describir.

Recordade que as características

deste primeiro parágrafo son:

1º Parágrafo curto.

2º Debe resumir dun xeito breve

o que ides contar no resto de apartados.

Desenvolvemento

Aquí ides desenvolver toda

a información que fostes recadando.

Recordade que ides empregar

unha folla de verificación de información

que será a vosa guía para poder

facer unha perfecta descrición.

Nesa folla ides recoller

todas as calidades do que

estades a describir. 

Conclusión

Na última parte podedes dar

unha breve descrición xeral

e facer a vosa recomendación de visita. 

Folla de recollida e contraste da información

Agora ides recoller toda a información necesaria para poder facer unha descrición correcta. Para iso, ides empregar a seguinte folla de rexistro de contido. Nela ides buscar información en páxinas web da vosa localidade, en libros que teñades na biblioteca e preguntado ás persoas da localidade. 

Usamos o equipamento EDIXGAL

Pictograma portátil No voso equipo Edixgal ides abrir a ferramenta de traballo LibreOffice Writer seguindo os pasos xa vistos.

Utilizamos a folla de contraste de información

No Pictograma escribir nun tecladoprocesador de textos LibreOffice Writer ides recoller a información que precisedes para facer a mellor descrición posible. Usada a folla de contraste de información facilitada a continuación. 

Utilizade esta folla para recoller toda a información que atopedes ou vos comenten para a elaboración do voso texto descritivo. Podedes cubrir tantas follas de contidos como precisedes.

Modelo de obter e contrastar información

Podes descargar a folla de obter e contrastar información e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta coa mestra ou co mestre o xeito de cubrila.

Lectura facilitada

Agora ides recoller toda a

información necesaria para

poder facer unha descrición correcta.

Para iso, ides empregar

a seguinte folla de rexistro de contido.

Nela ides buscar información en

páxinas web da vosa localidade,

en libros que teñades na biblioteca

e preguntado ás persoas da localidade. 

Usamos o equipamento EDIXGAL

Pictograma portátil No voso equipo Edixgal ides abrir a ferramenta de traballo LibreOffice Writer seguindo os pasos xa vistos. Se tes dúbidas consulta aquí. 

 

Utilizamos a folla de contraste de información

No Pictograma escribir nun tecladoprocesador de textos Libre Office Writer ides recoller a información que precisedes para facer a mellor descrición posible. Podedes usar a folla de contraste de información facilitada tal e como vistes no vídeo anterior. 

Utilizade esta folla para recoller

toda a información que atopedes

ou vos comenten para a elaboración

do voso texto descritivo.

Podedes cubrir tantas follas

de contidos como precisedes.

Modelo de obter e contrastar información

Podes descargar a folla de obter e contrastar información e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta coa mestra ou co mestre o xeito de cubrila

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)