de maneira coherente e fundamentada.
en calquera situación de comunicación.
razoada e sempre con educación.
sobre algunha saída feita no voso centro.
e os consellos de coherencia e cohesión vistos.
Título
Consello para ter un título atractivo:
Debe ser breve,
recoméndase condensalo nunha pequena frase.
Por exemplo
neste título podes ver varias características:
A SAÍDA ESCOLAR COMO PRÁCTICA

Algúns consellos.
- 1. Podedes empregar as maiúsculas para todo o título.
- 2. Non soe levar verbos.
- Por exemplo, fíxate na diferencia con estoutro con verbo.
"A saída escolar é a mellor práctica"
- Elimínase o verbo para conseguir máis brevidade no título.
- 3. Debe ter o menor número de palabras:
"Alumnado navegando cara ao Faro"
- 4. Pode ter ironía ou un xogo de palabras:
- Imaxinade, como no exemplo anterior,
que o alumnado vai visitar o xornal "Faro de Vigo".
- Están navegando realmente?
Foron a un faro de verdade?.
- Como vedes é un xogo de palabras que fai máis atractivo o título.
- 5. Pode ser un refrán, proverbio ou dito que resuma a vosa idea.
"O bo, se breve, dúas veces bo"
Introdución
O tema a tratar.
É importante introducir
o tema neste primeiro parágrafo.
Dade a vosa opinión dende o principio
deixando clara a vosa postura
para que o lector a coñeza.
Empezade cunha frase rechamante
ou unha pregunta para chamar a atención do lector.

Recordade que as características deste primeiro parágrafo son:
1º Parágrafo curto
2º Debe resumir dun xeito breve o que vas contar no resto de apartados.
Tese
A tese é o eixe central do voso texto de opinión.

Tede coidado para que sexa sólida, clara e persuasiva
dedicando tempo a elaborala.
- Dade a vosa postura clara
antes de redactar a tese.
- Debe ser precisa e específica.
Evitade xeneralidades sobre os argumentos ou motivos.
- A tese debe ser relevante para o tema tratado.
Así resumides a idea principal importante para o lector.
- Apoiade a vosa opinión e
relacionádea directamente coa idea central
Argumento
Nesta parte debedes pescudar e recoller información
para basear a vosa tese.

Así, poderedes dar argumentos a vosa tese
e así fundamentar a vosa opinión sobre un tema.
- Investigade e recollede información.
Recadade se atopades datos, estatísticas,
exemplos e evidencias para apoiar a vosa opinión.
- Empregade fontes fiables e non trolas en Internet.
Recadade estudos, citas de expertos,
informes oficiais para fornecer os vosos argumentos.
Ademais indicade sempre a fonte
de onde se obtén a información.
- Presentade argumentos lóxicos e coherentes
coa conclusión final a presentar logo.
- Dade exemplos reais concretos
para apoiar os vosos argumentos.
Así, os vosos argumentos serán máis comprensibles para o lector.
- Organizade os argumentos de xeito coherente
Seguide unha orde para que o lector
poda seguir o voso razoamento.
Conclusión
Para unha boa conclusión
é importante resumir os vosos argumentos principais.
Reafirmade a vosa postura de xeito claro e contundente.

Aquí tedes algúns consellos:
- Resumide os puntos clave
desenvoltos ao longo do texto.
- Destacade os argumentos máis relevantes
para apoiar a vosa opinión.
- Repetide de xeito claro
cal é a vosa opinión sobre o tema.
Explicade por que creedes na vosa postura.
- Finalizade a conclusión
cunha frase rechamante ou memorable
Así reforzaredes a vosa opinión
e deixaredes unha impresión sobre o lector.