Saltar navegación

Presentacións TOP!

Produto final

Chegados a este punto, tedes que dar a coñecer o produto realizado co voso equipo. A vosa presentación deberá:

 Seguir estas normas:

  • Duración: 7 minutos.
  • Idioma da presentación: en galego.
  • Gardar para o final un tempo de debate e preguntas do resto de persoas da aula (2 minutos).

Debemos dar resposta ás seguintes cuestións:

  • Quen somos.
  • Reto que imos explicar.
  • Ensinar a texto escrito que fixemos.
  • Comentar algún aspecto teórico sobre o texto escrito que escollemos.
  • Comentar se cremos que o noso texto responde ao solicitado.
  • Explicar como e con que ferramentas e materiais o fixemos.
  • Comentar polo menos dúas dificultades que atopamos e como as solucionamos.
  • Indicar polo menos dúas cousas que aprendemos.

Estas son algunhas opcións para realizar a vosa presentación.

Lectura facilitada

Tedes que dar a coñecer o produto realizado co voso equipo.

A vosa presentación deberá:

 Seguir estas normas:

  • Duración, 5 minutos.
  • Idioma da presentación, en galego.
  • Gardar para o final un tempo de debate.
  • Preguntas do resto de persoas da aula (5 minutos).

Debemos dar resposta ás seguintes cuestións

  • Quen somos.
  • Reto que imos explicar.
  • Ensinar a texto escrito que fixemos.
  • Comentar algún aspecto teórico sobre o texto escrito.
  • Comentar se cremos que o noso texto responde ao solicitado.
  • Explicar como e con que ferramentas e materiais o fixemos.
  • Comentar dúas dificultades que atopamos
  • Dicir como solucionamos as dúas dificultades.
  • Indicar dúas cousas que aprendemos.

Estas son algunhas opcións para realizar a vosa presentación.

Usamos o LibreOffice Impress

Ao longo do REA anterior xa vimos algún que outro vídeo sobre a aplicación LibreOffice Impress. É hora de poñer de novo en práctica todos eses coñecementos para elaborar a  presentación do traballo. Tedes o vídeo máis abaixo por se precisades velo de novo.

Como xa se explicou, o obxectivo é explicar ao resto de persoas da aula o que se fixo e dar resposta a todas as cuestións que se indicaron no apartado anterior.

Lectura facilitada

Xa vistes un vídeo

sobre a aplicación LibreOffice Impress.

É hora de poñer en práctica

todos eses coñecementos.

Elaborade a presentación do traballo.

Tedes o vídeo máis abaixo

por se precisades velo de novo.

O obxectivo é explicar

ao resto de persoas da aula

o que se fixo.

Dade resposta a todas as cuestións

que se indicaron no apartado anterior.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)