Saltar navegación

4.1. Seleccionadoras de retos!

Toca reflexionar

Pictograma de reflexionar

Xa vos dariades conta da importancia de dominar e diferenciar os tipos de textos. Non é o mesmo facer unha descrición, unha narración ou dar a opinión sobre un tema. 

Tamén vistes que os textos orais son moi útiles para expoñer as nosas ideas ou dar instrucións.

Nesta actividade dentro de cada grupo ides facer 2 subgrupos.

Cada un deses subgrupos debe escoller un dos tres retos. Non podedes escoller o mesmo, teñen que ser distintos.  Lembrade cales eran:

  • Reto 1 - Historias da escola. Deberedes elaborar un conto ou historia a partir de acontecementos sucedidos na vosa escola.
  • Reto 2 - Opinión sobre as nosas saídas. Tedes que elaborar un artigo de opinión sobre algunha saída que se realizara no voso centro.
  • Reto 3 - Describimos a nosa vila. A vosa misión será elaborar a descricións dun monumento da vosa, aldea, vila ou cidade.

Teredes que buscar argumentos ou motivos para o reto que escolledes.

Faredes un debate moi breve de 4 minutos. 

A mestra ou mestre será a persoa moderadora que decidirá quen gana o debate. 

Teredes que facer o reto do subgrupo que gane ese debate.

Lectura facilitada

Xa sabedes que é importante coñecer os diferentes tipos de textos. Non é igual describir algo que contar unha historia ou dar unha opinión.

Tamén vistes que falar (textos orais) axuda moito a explicar as nosas ideas ou a dar instrucións.

Nesta actividade, cada grupo fará dous equipos pequenos.

Cada equipo debe escoller un dos tres retos.

Non podedes escoller o mesmo reto.

Lembrade os retos:

Reto 1 - Historias da escola. Facede un conto ou unha historia. Debe ser sobre algo que pasou na vosa escola.


Reto 2 - Opinión sobre as nosas saídas. Escribide un artigo de opinión. Falade dalgunha saída que fixerades co colexio.


Reto 3 - Describimos a nosa vila. Tedes que describir un monumento. Pode ser da vosa aldea, vila ou cidade.


Teredes que buscar razóns ou argumentos para defender o reto que escollades.

Despois faremos un debate moi curto, de 4 minutos. A mestra ou mestre será quen guíe o debate. Tamén decidirá quen gaña.

Finalmente, teredes que facer o reto do equipo que gañe o debate.

Pero antes de continuar... Lembra!

Aquí tes a definición e as principais características dos textos orais e textos escritos.

Esquema textos orais
Esquema textos escritos

Lectura facilitada

Aquí tes a definición

e as principais características

dos textos orais e textos escritos.

Esquema textos orais
Esquema textos escritos

Seleccionadoras de retos

Unha vez que teñades feitos os dous subgrupos, utilizade esta ferramenta para pensar o reto que ides defender, os argumentos que utilizaredes, as posibles preguntas que vos farán e a vosa conclusión. Axudaravos a preparar a vosa defensa. 

Como se avalía

A mestra ou mestre terá está rúbrica coa que decidirá que subgrupo o fixo mellor. O reto que deberedes facer será o do subgrupo gañador.

Rúbrica seleccionadoras de retos

Lectura facilitada

A mestra ou mestre terá está rúbrica.

Con ela decidirá que subgrupo o fixo mellor.

O reto que deberedes facer

será o do subgrupo gañador.

Rúbrica seleccionadoras de retos

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)