Saltar navegación

RETO 1 - Contamos historias da escola

Presentar o reto

Comezamos agora a contar a vosa historia de algo acontecido no cole. A continuación veredes como ir facendo a historia pasiño a pasiño para non deixar nada atrás. Imos aló!

conto

Lectura facilitada

Contaremos agora algo que pasou no voso cole.

Veredes como facelo pouco a pouco.

Non vos quedará nada atrás.

Imos aló!

Imos por partes

No apartado anterior xa recompilastes a información precisa para narrar algo acontecido no cole. Imos ver como redactalo paso a paso.

Lectura facilitada

No apartado anterior conseguistes a información.

Con esa información narraremos algo que pasara no cole.

Imos redactalo paso a paso.

Resultado final

Chegastes ao final do voso texto; dádelle un revisión a todos os apartados. Uniranse todos os documentos nunha pequena revista e xa tedes o voso reto completado. Parabéns!

Pictograma celebrar

Lectura facilitada

Chegastes ao final do voso texto.

Dádelle un revisión a todos os apartados.

Uniranse todos os documentos nunha pequena revista.

Xa tedes o voso reto completado.

Parabéns!

Como se avalía o noso reto?

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes.  Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliacón alumnado

Lectura facilitada

Tede en conta que se vai avaliar

como o facedes. 

Esta rúbrica axudaravos a saber

o que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliacón alumnado

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)