Saltar navegación

3. A maxia da voz e das letras

Conexión

A maxia da voz e das letras

As persoas temos unha das habilidades que nos diferencian dos animais, a comunicación. Na unidade pasada xa viches moitos xeitos de comunicarse. Nesta fase vas aprender a maxia que pode chegar a ter a túa voz e as túas letras. 

Comprobarás que a túa voz se pode utilizar para dar mensaxes de formas moi distintas. Daraste conta de que, a pesar de usar a voz, ten que haber unha preparación previa con textos escritos. 

Aprenderás que a maneira na que escribes tamén fai chegar as túas ideas e opinións de maneiras moi diversas.

Imos aló!

Lectura facilitada

As persoas podemos comunicarnos.

É algo que nos fai diferentes dos animais.

Xa sabes moitas formas de facelo.

Agora vas descubrir o poder da túa voz.

Tamén o poder das túas palabras escritas.

A túa voz pode enviar mensaxes de moitos xeitos.

Para usar a voz, ás veces hai que escribir antes.

Verás que a forma de escribir tamén cambia a túa mensaxe.

As túas ideas chegan de xeitos diferentes.

Comezamos!

Textos orais e escritos

No anterior tema xa aprendiches os diferentes tipos de comunicación. Os textos son un tipo de comunicación onde podes atopar tamén diferentes tipos: orais ou escritos.

Os textos orais

Cando te comunicas con outras persoas e expós un tema en tempo real, estarás empregando textos expositivos orais. Normalmente os orais están pensados para usarse nunha situación real ante unha persoa ou unha audiencia. 

Exemplo dunha exposición

Os textos escritos

Existen diversos tipos de textos expositivos escritos semellantes aos orais pero máis elaborados e estruturados. Algún dos exemplos máis coñecidos destes textos escritos son: un folleto, un resumo, un texto escolar ou un artigo de revista.

Imaxe dun texto expositivo

Lectura facilitada

No anterior tema

xa aprendiches os diferentes

tipos de comunicación.

Os textos son un tipo de comunicación

onde podes atopar tamén diferentes tipos.

Orais ou escritos.

Os textos orais

Cando te comunicas con outras persoas

e expós un tema en tempo real,

estarás empregando textos expositivos orais.

Os textos orais están pensados para usarse

nunha situación real ante unha persoa ou unha audiencia. 

Exemplo dunha exposición

Os textos escritos.

Existen diversos tipos de textos expositivos escritos.

Son semellantes aos orais

pero máis elaborados e estruturados.

Algún dos exemplos máis coñecidos son.

Un folleto, un resumo, un texto escolar

ou un artigo de revista.

Imaxe dun texto expositivo

Cal vai ser a nosa estratexia?

Para chegar a conseguir o reto temos que ter claro que debemos saber e o que debemos facer:

  1. Afonda e coñece os tipos de textos instrutivos e as súas principais características, con especial énfase no texto que ides elaborar. 
  2. Coñece os aspectos lingüísticos que poden afectar o teu texto.
  3. Aprende a escribir mellor e a non ter faltas de ortografía.
  4. Deseña a estrutura e contido do teu texto. 
  5. Revisa e adapta o texto para dalo a coñecer. 

Lectura facilitada

Coñece os tipos de textos instrutivos e as súas características principais.

Presta especial atención ao texto que vas elaborar.

Aprende sobre os aspectos lingüísticos que poden afectar o teu texto.

Practica para escribir mellor e evitar faltas de ortografía.

Deseña a estrutura e o contido do teu texto.

Revisa, e adapta o texto antes de dalo a coñecer.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)