Xa tes claro o que é un texto expositivo, xa es unha persoa experta na pescuda de información en bibliotecas físicas e dixitais e tamén na Rede. Ademais ves de afondar e novos aspectos gramaticais do adxectivo, sufixos e hiatos.
Lembrade que a partir de agora ides traballar en grupo e iso implica que cada persoa debería ter un rol para o traballo. Pode ser que unha persoa teña que buscar imaxes outra información, outra escribir o texto de cada parte, outra deseñar o formato e decorar e outra supervisar e anotar a evolución do proceso.
Rol de busca de imaxes e información: hai multitude de páxinas web con información (Wikipedia), pictogramas gratuítos (Arasaac).
Rol de redacción de texto: podes empregar a folla de recollida de contidos ou o teu portátil e LibreOffice Writer para elaborar os textos.
Rol de deseño do formato e presentación: podes deseñar empregando LibreOffice Draw con texto, imaxes etc.
Rol de organización e apunte rexistrando o traballo. Podes ir rexistrando as actuacións e melloras nun caderno.
Estas son algunhas das ideas para que o traballo en equipo funcione e se poida chegar a un resultado. Ollo, que unha persoa sexa a encargada dunha parte non quere dicir que teña que facelo soa. Precisará axuda de todo o grupo para tomar decisións, ter ideas, facer correccións...
Esta é a nosa proposta de organización pero se tedes outra adiante!