Contrastando contido
Xa tedes o reto escollido grazas ao debate realizado. Agora toca investigar.
Xa vistes a importancia que ten contrastar información cando escribimos algo. Xa sexa para documentarse ben sobre un lugar cando escribimos unha novela; investigar se algo que aconteceu é como a xente o conta, ou afondar na orixe de calquera cousa, é imprescindible ir ás fontes de información.
Lectura facilitada
Xa tedes o reto escollido.
Foi grazas ao debate realizado.
Agora toca investigar.
Xa vistes a importancia que ten contrastar información.
Ben para documentarse sobre un lugar
cando escribimos unha novela.
Tamén para investigar se algo que aconteceu
é como a xente o conta.
Tamén para afondar na orixe de calquera cousa.
Para todo iso, é imprescindible ir ás fontes de información.


