Persoa que ten unha vida errante. Xeralmente apartase das tradicións e das normas aceptadas por todas as persoas.
Exemplo:
Moitas persoas artistas tiveron unha vida bohemia.
Consecutivas
Definición:
Cousa que segue a outra nunha serie.
Exemplo:
O abecedario está formado por letras consecutivas.
Instrúeme falando
Como xa viches e estudaches no recurso anterior, os textos orais instrutivos dan a información concreta e específica que precisas para facer algo na túa vida cotiá. Estes textos non teñen que ser sempre escritos: cando unha persoa che dá instrucións para desenvolver unha actividade, cando preguntas como podes chegar a unha dirección ou ves un vídeo titorial estás a escoitar textos instrutivos.
No teu día o día, especialmente no cole, recibirás instrucións de parte do teu mestre ou mestra cando che explica algo que non sabes, che resolver dúbidas ou che indica como facer determinados exercicios.
Pero non é o único momento no cal recibes, de xeito oral, textos instrutivos. Se pensas un pouco, de seguro daraste conta doutros momentos nos cales iso pasa.
Existen diversos tipos de textos instrutivos, pero xeralmente teñen partes en común:
Introdución
Aparece o título, un pequeno índice e sempre van indicar a finalidade que se pretende conseguir seguindo as instrucións.
Procedemento
Nesta parte virá indicado, paso a paso, todo os pasos que se teñen que levar a cabo para conseguir a meta proposta na introdución. Tamén indicará que materiais ou ferramentas se precisan.
Conclusión
Estes textos poden ter unha breve conclusión cunhas instrucións finais de presentación.
E se che digo que na tele tamén hai programas nos cales están a instruír o público?
Aquí che deixo un dos exemplos máis claros.
Lectura facilitada
Os texto orais instrutivos dan información concreta para facer algo na vida cotiá.
Non sempre teñen que ser escritos.
Por exemplo, cando unha persoa che da unha dirección.
Un vídeo titorial é escoitar un texto instrutivo.
Nun día normal de cole recibirás instrucións dos teus mestres.
Tamén che farán aclaracións e che resolverán dúbidas.
Iso tamén son textos orais instrutivos.
Os texto instrutivos teñen estas partes en común:
Introdución
Ten título, índice e di para que son as instrucións.
Procedemento
Indica paso a paso como conseguir o obxectivo.
Tamén indica ferramentas e materiais necesarios.
Conclusión
Breves conclusión cunhas instrucións finais.
Tamén hai programas da tele que instrúen o público.
Aquí un exemplo:
Audio
Hiatos, vogais separadas
Definimos hiato como o momento no cal dúas vogais van contiguas nunha palabra e estas forman parte de sílabas distintas.
Na unidade didáctica coñecemos os ditongos, ese momento no cal dúas vogais se pronunciaban nunha mesma sílaba. Recordemos que para iso tiña que cumprir un par de condicións: unha vogal aberta e unha pechada ou dúas pechadas onde a pechada sexa átona. Sempre que haxa dúas vogais xunta e non cumpran con estas condicións, serán considerados hiatos.
Repasemos antes de nada estes conceptos básicos: - Vogais abertas: son as vogais a, e, o. - Vogais pechadas: son as vogais i, u. - Sílaba tónica: sílaba que leva a forza na pronuncia nunha palabra.
Podemos atopar hiatos nas palabras nas seguintes circunstancias.
Dúas vogais abertas seguidas
É unha forma das máis habituais nas que os podemos atopar. Isto sería cando unha palabra nos encontramos con dúas vogais abertas consecutivas. Exemplos deste caso: real, poema, roedor, heroe, teatro, entre outras moitas máis.
Vogal aberta xunto con outra pechada tónica
Son moitas as veces que atopamos palabras que posúen este hiato; o acento é algo que nos pode axudar a identificala. Nestes casos temos que ter tamén coidado coas normas de acentuación, pois cando isto pasa, hai que acentualas. Exemplos: oír, María, librería, baúl, paraíso.
Repetición da mesma vogal
Isto pode pasar en determinadas palabras ou nos cómic e en textos nos cales se transcribe o que di un personaxe e alonga moito unha palabra. Un exemplo disto podería ser cando unha persoa di que algo é moi alto, pero para remarcalo di algo como “moooooooooooi alto”.
Un apunte a ter en conta: se no medio das dúas vogais hai un h, séguese considerando que é un hiato, pois non inflúe en nada. Exemplo dunha palabra deste tipo sería bohemio, tendo un hiato entre a primeira e segunda sílaba.
Lectura facilitada
Hiato é cando dúas vogais contiguas se pronuncia en sílabas distintas.
Anteriormente vimos os ditongos.
Os ditongos era cando dúas vogais contiguas se pronuncian na mesma sílaba.
Para ser ditongos tiñan que cumprir uns requisitos.
Os requisitos serían: unha vogal aberta e unha pechada, ou dúas pechadas.
Se non se cumpren estes requisitos será un hiato.
Repasemos antes de nada estes conceptos básicos:
- Vogais abertas: son as vogais a, e, o.
- Vogais pechadas: son as vogais i, u.
- Sílaba tónica: sílaba que leva a forza na pronuncia nunha palabra.
Podemos atopar hiatos nas palabras nas seguintes circunstancias.
Dúas vogais abertas seguidas
Caso máis común.
Aparece con dúas vogais abertas consecutivas.
Exemplos: real, poema, roedor, heroe.
Vogal aberta xunto con outra pechada tónica
Unha vogal aberta cunha pechada tónica.
O acento pode axudar a identificalo.
Exemplos: oír, María, librería, baúl.
Repetición da mesma vogal
Poucas palabras neste caso.
Aparece en cómics, teatro ou na transcrición dunha persoa.