Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é un diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.

Deberás cubrilo segundo as indicacións da túa mestra ou mestre. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo. Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.

Lectura facilitada


No diario de aprendizaxe

irás recollendo as experiencias vividas.

Tanto dentro como fóra da aula,

relacionadas co proceso de aprendizaxe

ao longo do reto.

Co seu uso desenvolverás a túa autonomía

Co seu  uso desenvolverás a túa capacidade

para reflexionar e aprender a aprender.

Deberás cubrilo segundo as indicacións

da túa mestra ou mestre.

Nel irá valorando o teu progreso no reto.

É individual.

Contén algunhas actividades para facer individualmente

e outras en colaboración co teu grupo.

Servirache de axuda para autoavaliarte.

Servirache de axuda para compartir información

cos teus compañeiros e compañeiras de grupo

e conseguir o reto proposto.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)