Saltar navegación

Agora ti!

O que cociño nas findes

Gústache axudar na casa a cociñar? Hai algo que che guste preparar? Explícallo ao resto da clase.

Xa viches como é un programa de cociña. Cres que o cociñeiro fai a receita sobre o marcha? Cres que improvisa que dicir en cada momento?

Por suposto que non, polo que ti, terás primeiro que saber que vas dicir e que non. Fai un guión, é dicir, un documento escrito coas cousas que queres explicar. Unha vez feito, grávate usando Audacity, explicando como se fai esa receita que tanto che gusta. Ánimo!

Como gravar con Audacity

Como se avalía

Rúbrica expresión oral

Fagamos memoria

Durante a unidade didáctica anterior xa viches todo o relacionado cos ditongos, esas vogais que formaban parte dunha mesma sílaba. Na presente unidade tocou falar dos hiatos, cando dúas vogais xuntas van en sílabas diferentes.

Poderíase dicir que os ditongos e os hiatos son conceptos contrarios. Supoño que será sinxelo saber cando dúas vogais seguidas son ditongo e cando son hiato, non si?

Coa axuda dos textos instrutivos imos ver se realmente es quen de diferencialos e axudarlle a outras persoas a facelo.

Lectura facilitada

Na unidade didáctica anterior

Estudaches o ditongos.

Os ditongos era cando dúas vogais seguidas

forman parte da mesma sílaba.

Nesta unidade estudaches os hiatos.

Os hiatos era cando dúas vogais seguidas

forman parte de diferentes sílabas.

Es capaz de diferencialos ben?

Usaremos os textos instrutivos

para axudar a diferenciar ditongos de hiatos.

Axudando a outra persoa

Na unidade didáctica anterior aprendiches a facer textos instrutivos.

Agora, xunto co que sabes sobre ese tipo de textos e os ditongos e hiatos, vas crear un brevísimo manual para que outra persoa sexa capaz de aprender a diferenciar se dúas vogais xuntas forman un ditongo ou un hiato. Podes facer esta actividade no teu caderno ou no LibreOffice Writer.

Este manual levará o título de "Pasos a seguir para identificar ditongos e hiatos".

A primeira instrución podería ser a seguinte:

"1º Paso: Busca unha palabra con dúas vogais seguidas."

Pensa que ten que ser un pequeno manual para axudar a un compañeiro ou compañeira. Que non sexa moi longo. Un manual de corenta pasos non sería de moita axuda.

Moito ánimo!

Lectura facilitada

Na unidade didáctica anterior

aprendiches a facer textos instrutivos.

Co que xa sabes dos textos instrutivos

e dos ditongos e hiatos

vas crear un brevísimo manual

para que unha persoa

sexa capaz de aprender a diferenciar

se dúas vogais xuntas forman

un ditongo ou un hiato.

Podes facer esta actividade

no teu caderno ou no LibreOffice Writer.

Este manual levará por título

"Pasos a seguir para identificar

ditongos e hiatos".

A primeira instrución

podería ser a seguinte:

"1º Paso: Busca unha palabra

con dúas vogais seguidas."

Ten que ser un pequeno manual

para axudar a un compañeiro ou compañeira.

Que non sexa moi longo.

Un manual de corenta pasos

non sería de moita axuda.

Moito ánimo!

Isto que é?

A continuación temos unha serie de palabras, algunhas destas terán ditongos e outras hiatos. Marca cunha D aquelas palabras que teñan ditongo e con H as que teñan hiato.

calefacción       adeus       océano      baúl        heroe        anterior

coincidencia      atraer      ruído      caótico      baleiro      mámoa

Activar JavaScript

Hiatos ocultos

 


Creado con eXeLearning (Ventana nueva)