Saltar navegación

1.2. Sabemos que facer!

O reto

Xa vimos que hai moitas cousas das que informar da nosa escola e contorna.

É preciso dar a coñecer todas esas informacións a todo o alumnado. Cando as persoas están ben informadas poden formular opinións máis precisas. Vas axudar a toda a comunidade educativa detectando cousas sobre as que non se informan na nosa escola e contorna próxima. E ti valos dar a coñecer. 

Non esquezas que os textos teñen que estar ben escritos e ser fáciles de entender. Ser unha persoa ben organizada no proceso vaiche axudar a conseguilo.

Anímaste? 

Lectura facilitada

Hai moitas cousas das que informar

da nosa escola e contorna.

É preciso dar a coñecer

todas esas informacións a todo o alumnado.

Cando as persoas están ben informadas

poden formular opinións máis precisas.

Vas axudar a toda a comunidade educativa

detectando cousas sobre as que non se informan

na nosa escola e contorna próxima.

E ti valos dar a coñecer. 

Non esquezas que os textos

teñen que estar ben escritos

e ser fáciles de entender.

Ser unha persoa ben organizada no proceso

vaiche axudar a conseguilo.

Anímaste? 

Arrancamos

Debedes elaborar un texto expositivo que axude a dar a coñecer algún aspecto da vosa escola ou da contorna. Lembrade que deber ter unha gramática e linguaxe axeitadas. Finalmente xuntarémolos todos para facer unha pequena revista. Os vosos textos deben dar solución a algunha das seguintes propostas:

Pictograma que representa unha revista

Reto 1 - Contamos historias da escola. Deberedes elaborar un conto ou historia a partir de acontecementos sucedidos na vosa escola.

Reto 2 - Opinamos sobre as saídas. Tedes que elaborar un artigo de opinión sobre algunha saída que se realizara no voso centro.

Reto 3 - Describimos a vila. A vosa misión será elaborar a descrición dun monumento da vosa, aldea, vila ou cidade.

Como se vos comentou, todas as vosas creacións unificaranse nunha sinxela revista.

Lectura facilitada

Debedes elaborar un texto expositivo.

Debe dar a coñecer algún aspecto da escola

ou da contorna.

Os vosos textos deben dar solución

a algunha das seguintes propostas:

Reto 1 - Contamos historias da escola.

Deberedes elaborar un conto ou historia

a partir de acontecementos sucedidos

na vosa escola.

Reto 2 - Opinamos sobre as saídas.

Tedes que elaborar un artigo de opinión

sobre algunha saída

que se realizara no voso centro.

Reto 3 - Describimos a vila.

A vosa misión será elaborar descrición

dun monumento da vosa, aldea, vila ou cidade.

Todas as vosas creacións unificaranse nunha sinxela revista.

Pictograma que representa unha revista

E como acadamos o reto?

No te preocupes! Para acadar o reto está todo pensando!

Seguirás unha secuencia moi ordenada:

Repasarás

Que sabes xa sobre: textos orais e escritos, o adxectivo e moitos máis.

Aprenderás que son...

  • Os textos orais: expositivos, instrutivos e debates. E a como prepararte para traballalos correctamente.
  • Os textos escritos literarios, de opinión e descritivos.
  • Os adxectivos, os sufixos e hiatos.
  • Seguirás aprendendo sobre ferramentas de ofimática como o LibreOffice Draw e Impress.

Escollerás o reto que queres facer

Facendo un debate dous a dous dentro do teu grupo. 

Serás...

Unha persoa investigadora! Buscando e contrastando a información máis importante para os teus textos expositivos. 

Tamén serás unha persoa construtora de novas, ao maquetar os teus textos para a revista.

Unha persoa que segue facendo presentacións TOP! Expoñendo ao resto da aula o traballo realizado.

Lectura facilitada

No te preocupes!

Para acadar o reto está todo pensando!

Seguirás unha secuencia moi ordenada:

Repasarás que sabes xa sobre:

textos orais e escritos,

Repasarás que sabes sobre

o adxectivo e moitos máis.

Aprenderás que son

- Os textos orais: expositivos,

instrutivos e debates.

Como prepararte para

traballalos correctamente.

- Os textos escritos literarios,

de opinión e descritivos.

- Os adxectivos, os sufixos e hiatos.

- Seguirás aprendendo sobre

ferramentas de ofimática

como o LibreOffice Draw e Impress.

Escollerás o reto que queres facer

- Facendo un debate dous a dous

dentro do teu grupo. 

Serás...

Unha persoa investigadora!

Buscando e contrastando a información

máis importante para

os teus textos expositivos. 

Tamén serás unha persoa

construtora de novas

ao maquetar os teus textos.

Serás unha persoa que

segue facendo presentacións TOP!

Expoñendo ao resto da aula

o traballo realizado.

A onde nos guiará o noso reto?

Pictograma dun índice

Tras rematar o reto serás quen de...

  • Recoñecer diferentes tipos de textos orais expositivos, debates entre outros.
  • Diferenciar tipos de textos escritos literarios, de opinión e moitos máis. 
  • Elaborar os teus propios textos expositivos multimodais.
  • Afondar no coñecemento dos adxectivos.
  • Comprender e usar mellor os prefixos e sufixos. 
  • Afondar no concepto de hiato.

Lectura facilitada


Tras rematar o reto saberás:

Recoñecer diferentes tipos

de textos orais expositivos,

Recoñecer debates entre outros.

Diferenciar tipos de textos escritos literarios,

Diferenciar textos de opinión e moitos máis. 

Elaborar os teus propios

textos expositivos multimodais.

Afondar no coñecemento dos adxectivos.

Comprender os prefixos e sufixos. 

Usar mellor os prefixos e sufixos.

Afondar no concepto de hiato.

Diario de aprendizaxe

Parabéns! Remataches a fase 1. É hora de achegarte ao teu diario de aprendizaxe.

No diario verás unha serie de preguntas. Algunhas para facer de xeito individual e outras en grupo.

Ánimo!

Lectura facilitada

Parabéns! Remataches a fase 1.

É hora de achegarte ao diario de aprendizaxe.

No diario verás unha serie de preguntas.

Algunhas actividades son para facer de xeito individual.

Outras actividades son preguntas en grupo.

Ánimo!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)