Agora ti!
Clasifica os textos que acabas de ler
Identifica características textuais
Agora completa as seguintes afirmacións sobres os diferentes tipos de texto.
O texto 1 é un texto @@escrito@@ de tipo @@literario@@, máis concretamente é un texto @@teatral@@. Podo observar na súa estrutura que hai @@diálogos@@ algo moi típico do xénero @@teatral@@.
O texto 2 é un texto @@escrito@@ de @@opinión@@. A persoa que escribe está dando as súas @@opinións@@ sobre un tema. Podo identificar partes dese tipo de texto como a @@introdución@@ e a @@conclusión@@.
O texto 3 é un texto @@oral@@ de tipo @@instrutivo@@. Neste caso un mestre está @@explicando@@ o que debe facer o alumnado. Podo tamén identificar as partes deste tipo de textos. Primeiro a @@introdución@@, despois o @@desenvolvemento@@ e por último a @@conclusión@@.
E ti, que opinas?
A continuación tes un pequeno traballo por diante. Vaiche servir para que despois resolvas o reto con máis facilidade. Xa viches o importante que é saber que se quere investigar e elixir dun xeito correcto as fontes de información.
Escolle un tema do teu interese. Pode ser sobre o que ti queiras: unha escritora, un equipo de fútbol, un monumento entre outros.
Como o vas facer? Moi sinxelo, segue estes pasos.
1 - Obtén e contrasta a información
Utiliza este documento como apoio para realizar esta tarefa. Lembra que debes ter como mínimo dúas fontes de información.
2 - Redacta o teu texto
Unha vez atopes nas fontes de información que escolleras os argumentos para dar a túa opinión, utiliza este modelo para redactar o documento. Se este modelo non che gusta podes facelo no que ti queiras. Que sexas unha persoa creativa tamén se vai valorar.
Como se avalía?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0






