É un sistema de clasificación de obras literarias, mapas, dicionarios entre outros, utilizado en todas as bibliotecas do mundo e coñecido polas siglas CDU.
Exemplo:
Na biblioteca do noso centro todas as obras estás organizadas segundo a Clasificación Decimal Universal.
Folclore
Definición:
Conxunto de tradicións e costumes dunha zona, un pais ou un pobo.
Exemplo:
A muiñeira forma parte do folclore galego.
Clasificando textos
Xa aprendiches no anterior recurso os diferentes tipos de comunicación que existen. Nos textos, podedes atopar tamén diferentes tipos: orais ou escritos.
Seguro que xa tiñas escoitado en máis dunha ocasión que existen diferentes tipos de textos. A continuación, vas ver dous textos diferentes. Dedícalle uns minutos a ler cada un deles. Despois fai a actividade.
Texto 1
Texto 2
Lectura facilitada
Xa aprendiches no anterior recurso
os diferentes tipos de comunicación.
Nos textos, podedes atopar tamén
diferentes tipos: orais ou escritos.
Seguro que xa tiñas escoitado
en máis dunha ocasión
que existen diferentes
tipos de textos.
A continuación, vas ver
dous textos diferentes.
Dedícalle uns minutos
a ler cada un deles.
Despois fai a actividade.
Texto 1
Texto 2
Audio
Identifico textos
Completa, despois de ler os textos, as seguintes afirmacións.
Podes repasar os contidos da unidade anterior sobre os textos instrutivos, se revisas o esquema dos textos instrutivos será máis fácil facer esta tarefa.
Para escoitarte mellor
A continuación vas escoitar un audio dunha obra literaria. Presta atención porque despois deberás dar resposta a unhas preguntas da forma que che indique a túa mestra ou mestre. Podes utilizar o dicionario se non coñeces o significado dalgunha palabra que escoites. Accede ao recurso dicionario da Real Academia Galega (RAG). Deberás entregar tamén as preguntas en formato escrito.
Vacacións na roma clásica
Fragmento de Carballude, P. (2021). A vida diaria dos romanos – Vacacións na Roma Clásica. Edicións Xerais.
As preguntas
1 - Cal é na túa opinión o tema ou temas do audio que acabas de escoitar?
Podes acceder ao texto escrito se o precisas. Accede o recurso A vida diaria dos romanos. Fai clic en vista previa e navega para atopar a páxina que tes que ler.
Somos ratiñas de biblioteca
Supoño que algunha vez fuches á biblioteca do teu centro e se non o fixeches nunca, estás a perder unha gran experiencia. De seguro puideches ver que os libros estaban perfectamente ordenados e ademais todos eles contan cun papeliño pegado no seu lombo.
Como cres que se organiza unha biblioteca? Algunha vez escoitaches falar da CDU? Que hai escrito nese papeliño no costado do libro?
Vas ir solucionando estas incógnitas. Comezando por como se organiza unha biblioteca e á vez aprenderás que é iso da CDU.
O problema da organización das bibliotecas
Ben, CDU significa Clasificación Decimal Universal e é o sistema que se utiliza en todas as bibliotecas do mundo; hai que recalcar a importancia disto, en todas as bibliotecas do mundo. Úsase tanto na túa biblioteca do cole, como na da túa vila ou aldea e incluso nunha biblioteca ao borde dun deserto australiano, todas usan este sistema.
E en que consiste?, preguntaraste. Cando esteas nunha biblioteca poderás ver que todos os libros da mesma temática están un xunto ao outro, e nalgún lugar, ben no lombo ou no propio estante, hai un número. Ese número é o que indica que tipo de libro estás a buscar.
Así que, por exemplo, os libros relacionados coa cultura e o folclore terán todos os número 39, ou os relacionados coas matemáticas terán o número 51. E como isto é algo a nivel mundial, cúmprese en calquera biblioteca na que entres.
Solución
A CDU nas escolas de Galicia conta ademais cun código de cores para poder atopar de xeito máis sinxelo a temática que che interese. Dispós por aquí dunha imaxe desta CDU completa e esta ligazón, CDU escolas de Galicia, para que a poidas estudar con máis atención.
E nas bibliotecas dixitais?
Lectura facilitada
Seguro que algunha vez fuches á biblioteca da túa escola.
Se non o fixeches, estás a perder unha gran experiencia.
Alí, os libros están sempre moi ben ordenados.
Ademais, todos teñen un pequeno papel pegado no seu lombo.
Como cres que se organiza unha biblioteca?
Algunha vez escoitaches falar da CDU? Que pon nese papel do libro?
Imos resolver estas preguntas.
Primeiro, como se organiza unha biblioteca.
E aprenderás que é iso da CDU.
O Problema da Organización das Bibliotecas
CDU significa Clasificación Decimal Universal.
É o sistema que se usa en todas as bibliotecas do mundo. Si, en todas!
Úsase na biblioteca do teu colexio. Tamén na da túa vila ou aldea.
En que consiste? Cando esteas nunha biblioteca, verás os libros do mesmo tema xuntos.
Nalgún sitio, no lombo ou no estante, hai un número.
Ese número indica o tipo de libro que buscas.
Por exemplo, os libros de cultura e folclore teñen o número 39.
Os de matemáticas teñen o número 51.
Como é algo mundial, cúmprese en calquera biblioteca.
Solución
A CDU nas escolas de Galicia tamén usa un código de cores.
Así é máis fácil atopar o tema que che interese.
Tes aquí unha imaxe desta CDU completa.
Tamén esta ligazón, CDU escolas de Galicia, para que a estudes mellor.
E nas bibliotecas dixitais?
Audio
A CDU non ten segredos para nós
En grupos, ide á vosa biblioteca e buscade que números teñen os libros das seguintes temáticas. Se a vosa biblioteca non ten, intentade descubrir que número debería ter. Consultade a CDU ilustrada para pescudalo.
Fíxate ben na CDU ilustrada de seguro vos vai axudar a resolver a tarefa.
A CDU ao detalle
O ideal sería que agora mesmo tiveras un libro da túa biblioteca preto, pero por se isto non é posible, aquí tes unha imaxe dun libro e do seu lombo
Como podes ver nas imaxes, este é un libro inventado de narrativa, que se correspondería co número 82 na CDU.
Imos analizar as partes da etiqueta:
Código de arriba
(código CDU) (82)
Aquí sairá o número que corresponda coa clasificación da CDU.
- Podería ser que non estivese o número 82. No caso das bibliotecas escolares de Galicia o código da parte de arriba da etiqueta pode ir de diferente xeito para indicar cal é a idade recomendada á que vai dirixido este libro ou se é poesía, teatro, narrativa ou cómic. É posible que incluso teña un código de cores, pero isto xa depende da decisión de cada centro.
- Como está isto indicado no voso cole? Podes preguntarlle á persoa responsable da biblioteca, que seguro cho aclara.
Tres letras en maiúscula
(Autora ou autor) (DAV)
Se te fixas podes descubrir cal é o significado destas letras. Por se non te deches conta, esas letras correspóndense coas tres primeiras letras do apelido do autor do libro, Estévez neste caso. É ademais por estas letras como se establece a orde alfabética dos libros nos andeis.
Tres letras minúsculas
(Título da obra) (marc)
Isto correspóndese coas tres primeiras letras do título do libro, sen contar os artigos. Neste caso o libro titúlase “O marciano amigable”, quitamos o artigo “O” e na etiqueta debemos colocar simplemente “mar” de “marciano”.
Lectura facilitada
Aquí tes unha imaxe dun libro
e do seu lombo
Este é un libro inventado de narrativa,
que se correspondería
co número 82 na CDU.
Imos analizar as partes da etiqueta:
Código de arriba
(código CDU) (82)
Aquí sairá o número
que corresponda
coa clasificación da CDU.
No caso das bibliotecas
escolares de Galicia
o código da parte de arriba da etiqueta
pode ir de diferente xeito
para indicar cal é a idade
recomendada á que vai dirixido
este libro ou se é poesía, teatro entre outros.
É posible que incluso teña
un código de cores.
Isto xa depende da decisión
de cada centro.
- Como está isto indicado
no voso cole?
Podes preguntarlle á persoa
responsable da biblioteca.
Tres letras en maiúscula
(Autora ou autor) (DAV)
Esas letras correspóndense
coas tres primeiras letras
do apelido da persoa autora do libro.
Estévez neste caso.
É ademais por estas letras
se establece a orde alfabética
dos libros nos andeis.
Tres letras minúsculas
(Título da obra) (mar)
Isto correspóndese
coas tres primeiras letras
do título do libro
sen contar os artigos.
Neste caso o libro titúlase
“O marciano amigable”,
quitamos o artigo “O”.
Na etiqueta debemos colocar
simplemente “mar” de “marciano”.
Completa a CDU destas obras
Vas aplicar o aprendido sobre etiquetas creando ti as túas propias para unha serie de libros cumprindo as normas da CDU.
Fíxate neste exemplo:
- “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares, libro de teatro.
82-T CAS lar
Debes consultar a CDU ilustrada para poder facer ben esta tarefa.
As miñas posibles lecturas
Xa viches o vídeo sobre E-LBE.2. Vas poñer en práctica esa ferramenta. Selecciona unha das obras en galego que sexa axeitada para a túa idade e che guste. Procura que nesa obra, se non tes conta, che permita ler polo menos un par de páxinas.
Cando remates de ler redacta 10 liñas coa túa valoración persoal sobre o que acabas de ler. Podes falar de se che gustou ou non. Que personaxes aparecen. Tamén de que cres que vai tratar a obra. Finalmente debe redactar un posible final.
Se che gusta moito o que liches xa terás unha posible futura lectura.
Lectura facilitada
Xa viches o vídeo sobre E-LBE.2.
Vas poñer en práctica esa ferramenta.
Selecciona unha das obras en galego
que sexa axeitada para a túa idade.
Que chame a túa atención.
Procura que nesa obra
che permita ler polo menos
un par de páxinas.
Cando remates de ler
redacta 10 liñas
coa túa valoración persoal
sobre o que acabas de ler.
Podes falar de se che gustou ou non.
Que personaxes aparecen.
Tamén de que cres que vai tratar a obra.
Debe redactar un posible final.
Se che gusta moito o que liches
xa terás unha posible futura lectura.
Audio
Cazadoras de trolas
No voso día a día ides atopar moita información. É importante saber que non todo o ledes en libros ou en Internet é certo. Ben porque se cometeran erros ao escribir eses datos ou ben porque sexan informacións non contrastadas ou falsas.
Nesta actividade ides ser persoas cazadoras de trolas. Lede de xeito individual o seguinte texto.
No texto que acabades de ler hai informacións que non son certas. A persoa que o redactou foi vítima de ter collido información de lugares con datos erróneos. A vosa misión é localizar e reescribir o texto coa información correcta.
Podedes dividir o traballo por parágrafos para pescudar información tanto na biblioteca do centro ou da aula como na rede.
Boa cacería!
Lectura facilitada
No voso día a día ides atopar moita información.
É importante saber que non todo o ledes é certo.
Ben porque se cometeran erros ao escribir eses datos
ou ben porque sexan informacións falsas.
Nesta actividade ides ser persoas cazadoras de trolas.
Lede de xeito individual o seguinte texto.
No texto hai informacións que non son certas.
A persoa que o redactou foi vítima de datos erróneos.
A vosa misión é localizar e reescribir o texto
coa información correcta.
Podedes dividir o traballo por parágrafos.
Podedes pescudar información
na biblioteca do centro ou da aula.
Tamén podedes buscar información na Rede.
Boa cacería!
Audio
Precisas axuda?
Non sabedes por onde comezar?
Consultade en E-LBE.2
Podedes consulta en E-LBE.2 sobre a obra literaria da que se fala no texto. Pero intentade ser persoas minuciosas, pode ser que teñades o mesmo libro varias veces. Comparade a información en todos.
As enciclopedias
As enciclopedias dixitais poden ser boas aliadas para buscar e contrastar información pero ollo, en ocasións tamén poden ter erros. Probade a buscar Rosalía de Castro na Wikipedia en galego. Accede ao recurso Wikipedia
Como se avalía?
Todo que estás a aprender da biblioteca vaise avaliar con esta rúbrica. Bótalle un ollo para saber o que se espera que aprendas.