Saltar navegación

3.4. Textos escritos, descritivos

 

Glosario

Adxectivo

Pictograma de un obxecto roto

Definición:

Clase de palabra que mostra as calidades dun substantivo.

Exemplo:

O floreiro que me regalaches está roto.

Lexema

Pictograma que representa un lexema

Definición:

Parte da palabra que non varía.

Exemplo:

Por exemplo nas palabras mariño, mariñeiro a parte que nunca cambia ou lexema sería mar. As outras partes (-iño, -iñeiro) son os morfemas.

Morfema

Circulo e cadrado que varían como o morfema

Definición:

Parte da palabra que cambia.

Exemplo:

Por exemplo nas palabras mariño, mariñeiro a parte que nunca cambia ou lexema sería mar. As outras partes (-iño, -iñeiro) son os morfemas.

Textos escritos descritivos

Chegaches ao último tipo de texto que vas ver neste recurso, o texto descritivo. Son aqueles que teñen como obxectivo principal comunicar ao receptor as calidades dunha persoa, paisaxe ou un animal entre outros moitos.

Para poder realizar un texto descritivo tense que seleccionar os trazos máis característicos do obxecto a describir. Este tipo de texto pode estar integrado ou formar parte de textos narrativos, poéticos, nas actuacións teatrais entre outros.

Partes dos textos descritivos:

Introdución

Na primeira parte vaise facer unha presentación xeral do tema a describir. Non ten porque ser moi longo.

Exemplo: 

-A persoa que vou describir é...

-O lugar que estou vendo...

Desenvolvemento

Neste apartado, e co uso dos conectores e adxectivos, vaise ir explicando e describindo o tema escollido. O texto ten que transmitir as calidades e propiedades do tema.

Conclusión

Como en moitos outros textos, nesta parte recollese un breve resumo do tema descrito e finalizase o texto. Esta parte non é imprescindible nos textos deste tipo.

Para poder realizar un texto descritivo e mostrar todas as calidades do obxecto a describir, hai que empregar unha categoría gramatical que permite mostrar todos os datos. Estas palabras son os adxectivos; a continuación vas ver que son e como se clasifican.

Descritivos

Exemplo descrición

Lectura facilitada

Estás no último tipo de texto.

É o texto descritivo.

O seu obxectivo é dicir a outra persoa as calidades.

Poden ser as calidades dunha persoa, paisaxe, animal ou cousas.

Para facer un texto descritivo úsase o máis característico do obxecto.

O texto descritivo pode formar parte doutros textos.

Poden estar en textos narrativos, poéticos e nas acotacións teatrais.

Partes dos textos descritivos:

Introdución

Primeiro faise unha presentación xeral.

Esa presentación é sobre o que se vai describir.

Exemplo: 

-A persoa que vou describir é...

-O lugar que estou vendo...

Desenvolvemento

Co uso de conectores a adxectivos explícase e descríbese o tema.

A descrición transmite as cualidades e propiedades do tema.

Conclusión

Remátase cun resumo do tema.

Feito este resumo acábase o texto.

Esta parte non é imprescindible.

Para poder usar un texto descritivo hai que usar os adxectivos.

Agora falaremos sobre os adxectivos.

Os adxectivos describen

Cando falamos, constantemente estamos definindo as cousas que nos rodean. Por exemplo, se estamos facendo un debuxo é moi posible que haxa que escoller entre a pintura vermella ou a verde. Se queremos describir a unha persoa teremos que dicir se é alta ou baixa, loira ou morena, simpáticas ou aburrida, entre outras características. Todas estas palabras que usamos para definir aquilo que nos rodea, ben sexan seres vivos, inertes ou conceptos abstractos, é o que chamamos adxectivos.

Podemos definir entón adxectivo como aquel tipo de palabra que acompaña o substantivo e concorda en xénero e número con el cualificándoo, ou o que é o mesmo, aportándolle máis información.

Clases de palabras adxectivo
Clases de palabras adxectivo 2

Especificativos

Aqueles adxectivos que aportan unha información real, son coñecidos como adxectivos especificativos. Exemplos serían: boli vermello, neno fraco.

Explicativos

É posible que, en ocasións, un adxectivo nos dea unha información que semella redundante, algo que xa coñecemos de sobra. Por exemplo, dicir "sangue vermella" ou "noite negra" son cousas que xa se sobreentenden. Este tipo de adxectivos son chamados explicativos ou epítetos, e son habitualmente utilizados en poesía. 

Lectura facilitada

Cando falamos definimos o que nos rodea.

Por exemplo escollendo pintura para un debuxo.

Tamén se queremos dicir como é unha persoa.

As palabras que usamos para describir algo ou alguén son os adxectivos.

Definimos adxectivo como o tipo de palabra que acompaña a un substantivo.

O adxectivo concorda en xénero e número co substantivo.

O adxectivo engade máis información ao substantivo.

Clases de palabras adxectivo
Clases de palabras adxectivo 2

Especificativos

Os adxectivos poden ser especificativos.

Son os adxectivos que aportan unha nova información.

Exemplos: boli vermello, neno fraco.

Explicativos

Os adxectivos poden ser explicativos.

Non aportan nova información sobre o substantivo.

Exemplos: sangue vermella, negra noite.

Úsanse moito en poesía.

Tamén se lles chama epítetos.

Concordancia

Os adxectivos adoitan concordar en xénero (masculino ou feminino) e número (singular e plural) co substantivo ao que acompañan.
Por exemplo, se temos un nome en plural como letras e está acompañado dun adxectivo como maiúsculas ten que concordar en xénero feminino e número plural, letras maiúsculas.


Por outro lado, existen adxectivos dunha soa terminación ou invariables, tanto para o masculino como o feminino. Un exemplo pode ser: a roupa xuvenil e o traxe xuvenil. Neste exemplo o xénero é invariable. Pero o número debe concordar co nome. Exemplo: os traxes xuvenís.

Lectura facilitada

Os adxectivos concordan en xénero e número co substantivo.

Exemplo: libro pequeno, libros pequenos.

Existen adxectivos cunha soa terminación.

Tamén se lles chama invariables.

Só se aplica ao xénero.

Exemplos: roupa xuvenil, traxe xuvenil.

Graos do adxectivo

Non é o mesmo dicir que un neno é alto que dicir que un neno é máis alto ca outro ou que ese mesmo neno é o máis alto da clase. O adxectivo alto estanos a indicar o mesmo, que o neno é alto, pero hai unhas diferencias bastante importantes.

Grao positivo

Estes adxectivos amosan unha calidade do nome tal como é, sen gradación algunha.
Por exemplo, nas oracións "O coche rápido" ou "A nena amable" non se indica gradación superior ou inferior de ningún tipo.

No exemplo anterior sería simplemente "neno alto".

Grao comparativo

Estes adxectivos indican tres tipos de comparación: de superioridade, de igualdade e de inferioridade.
Por exemplo as oracións "O meu can é máis rápido que o teu gato" ou "A nosa casa é igual de alta que a túa".

Fórmase do seguinte xeito:

Superioridade: máis (adxectivo) ca ou do que________. Exemplo: Máis rápido do que supoñía.
Igualdade: tan ou tanto (adxectivo) coma ou como______. Exemplo: Tan alto coma ti.
Inferioridade: menos (adxectivo) ca ou do que_________. Exemplo: É menos agarimoso ca ti.

Grao superlativo

Poden ser:

Absoluto: é o grao máis alto sen comparar con ninguén.
Fórmase de diversas formas:
Uso de moi, ben bastante entre outros. Exemplo: Éche moi rico.
Repetindo o adxectivo. Exemplo: Este pan é bo bo.
Con sufixos -ísimo ou -ísima. Exemplo: Esa rapaza é listísima.
Con prefixos super- hiper-. Exemplo: Este alumnado é supertraballador.
Relativo: é o grado máis alto en comparación con outros.
Fórmase do seguinte xeito: artigo ______________ máis ou menos adxectivo en grao positivo de ou entre _________________________.
Exemplos:
É o rapaz máis alto de todos.
É a revista menos bonita entre todas as do quiosco.
Podemos expresar os graos do adxectivo con diferentes palabras.

Exemplos:

Bo (grao positivo) mellor (grao comparativo) óptimo (grao superlativo)
Malo (grao positivo), peor (grao comparativo) e pésimo (grao superlativo).

Clases de palabras adxectivo 3

Lectura facilitada

Dicir neno alto, é máis alto ca ou é o máis alto, non é o mesmo.

Son os graos do adxectivo.

Grao positivo

En grao positivo os adxectivos describen unha calidade.

Non indica superioridade nin inferioridade.

Exemplos: coche rápido, nena amable.

Grao comparativo

Tres tipos de comparación.

Superioridade, igualdade ou inferioridade.


Por exemplo: o meu can é máis rápido que o teu gato.

Fórmase do seguinte xeito:

Superioridade: máis (adxectivo) ca ou do que________. Exemplo: Máis rápido do que supoñía.
Igualdade: tan ou tanto (adxectivo) coma ou como______. Exemplo: Tan alto coma ti.
Inferioridade: menos (adxectivo) ca ou do que_________. Exemplo: É menos agarimoso ca ti.

Grao superlativo

Poden ser:

Absoluto: expresa unha calidade

no seu grao máis alto

non se establece ningún tipo de comparación

con outras persoas, animais ou cousas.

Fórmase de diversas formas:

Uso de moi, ben bastante entre outros.

Exemplo: Éche moi rico.

Repetindo o adxectivo.

Exemplo: Este pan é bo bo.

Con sufixos -ísimo ou -ísima.

Exemplo: Esa rapaza é listísima.

Con prefixos super- hiper-.

Exemplo: Este alumnado é supertraballador.

Relativo: expresa o grao máis alto

en comparación cun grupo

de outras persoas, animais ou cousas.

Fórmase do seguinte xeito:

artigo ______________ máis ou menos

adxectivo en grao positivo

de ou entre _________________________.

Exemplos:

É o rapaz máis alto de todos.

É a revista menos bonita

entre todas as do quiosco.

En ocasións expresamos

os graos do adxectivo

con diferentes palabras.

Exemplos:

Bo (grao positivo)

mellor (grao comparativo)

óptimo (grao superlativo)

Malo (grao positivo)

peor (grao comparativo)

pésimo (grao superlativo).

Clases de palabras adxectivo 3

Sufixos, Que son?

Moitos adxectivos se forman con sufixos. Os sufixos son morfemas, fragmentos mínimos de significado, que se engaden ao final dun lexema. Apórtalle a este un matiz de sentido ou unha maior información gramatical.

É moi posible que tras esa definición quedaras con moitas, moitas dúbidas. Así que vas recordar algúns conceptos que ao mellor quedaron un pouco esquecidos da unidade didáctica anterior:

Lexema

É a parte da palabra que non cambia nunca e esta é ademais o fragmento que lle dá significado. O mecanismo para descubrir cal é o lexema dunha palabra sería buscar outras palabras relacionadas e ver cal é a parte que nunca cambia.

Un exemplo disto podes velo co seguinte conxunto de palabras: panadería, panadeiro, empanada, paneiro. Todas as palabras teñen o fragmento “pan” que sempre se repite en todas elas, sendo este o lexema de todas elas.

Morfema

É a parte da palabra que pode estar ou non nela e que lle da máis significado ao lexema, é dicir, é a parte da palabra que cambia.

Colle de novo o exemplo anterior, en concreto a palabra empanada. Xa che quedou claro que o lexema desa palabra era “pan”, polo tanto todo o demais é o que se chama morfema. Se vai antes da palabra, “em” neste caso, sería o que se chama prefixo; en caso de ir despois, “ada”, chámase sufixo: Empanada



Tendo entón estas definicións algo máis claras volve á definición inicial de novo: os sufixos son morfemas, ou partes dunha palabra que cambian e que lle dan significado, que se engaden despois do lexema, para engadirlle significado.

Lectura facilitada

Moitos adxectivos se forman con sufixos.

Os sufixos son morfemas,

fragmentos mínimos de significado,

que se engaden ao final dun lexema.

Apórtanlle ao lexema

un matiz de sentido

ou unha maior información gramatical.

Vas recordar algúns conceptos

da unidade didáctica anterior:

Lexema

É a parte da palabra que non cambia nunca.

Ademais é o fragmento que lle da significado.

O mecanismo para descubrir cal é o lexema dunha palabra

sería buscar outras palabras relacionadas

e ver cal é a parte que nunca cambia.

Un exemplo disto podes velo

co seguinte conxunto de palabras:

panadería, panadeiro, empanada, paneiro.

Todas as palabras teñen o fragmento pan

que sempre se repite en todas elas.

Pan é o lexema de todas elas.

Morfema

É a parte da palabra que pode estar ou non nela

e que lle da máis significado ao lexema,

é dicir, é a parte que cambia.

Colle de novo o exemplo anterior.

Céntrate na palabra empanada.

Xa che quedou claro que o lexema desa palabra era “pan”,

polo tanto todo o demais é o que se chama morfema.

Se vai antes da palabra, em neste caso, sería o que se chama prefixo;

en caso de ir despois, ada, chámase sufixo: Empanada



Os sufixos son morfemas,

ou partes dunha palabra que cambian

e que lle dan significado,

que se engaden despois do lexema,

para engadirlle significado.

Tipos de sufixos

Son moitos sufixos os que existen na nosa lingua, e a maioría deles usámolos constantemente sen darnos conta en ningún momento. Por iso podemos clasificalos en tres tipo de sufixos:

Sufixos flexivos

Son os que indican xénero, é dicir, que engaden ou cambian letras para diferenciar unha palabra cando pode ser masculina e feminina, por exemplo gato e gata.

Tamén están os que indican número, normalmente engadindo -s ou -es para marcar que unha palabra e plural e non singular. Por exemplo gatos.

No caso dos verbos, os sufixos teñen un nome especial: desinencias. Estes sufixos nos verbos determinan tempo, número, persoa e modo.

Sufixos apreciativos

Son aqueles sufixos que usamos para dicir que algo é moi grande, tamén coñecidos como aumentativos, por exemplo: cochazo, momentazo, balonazo; pero tamén os que indican tamaños máis pequeno ou diminutivos, por exemplo casiña, neniño, pratiño.

Sufixos derivativos

Estes sufixos teñen a capacidade de xerar novas palabras a partir do lexema de orixe simplemente ao xuntalo con el. Isto pode verse de xeito moi claro co sufixo -eiro, -eira.

Se temos a palabra libro e lle engadimos o sufixo -eira, teremos a unha persoa que vende libros, libreira.

Ese sufixo serve tamén para indicar lugares, pois se temos unha avespa e lle engadimos -eiro, xa teremos o lugar onde viven as avespas, o avespeiro.

Este é tipo de sufixo no que nos centraremos.

Prefixos e Sufixos

Lectura facilitada

Son moitos sufixos os que existen na nosa lingua,

a maioría deles usámolos constantemente

sen darnos conta en ningún momento.

Por iso podemos clasificalos en tres tipo de sufixos:

Sufixos flexivos

Son os que indican xénero, é dicir,

engaden ou cambian letras

para diferenciar unha palabra

cando pode ser masculina e feminina,

por exemplo gato e gata.

Tamén están os que indican número,

normalmente engadindo -s ou -es

para marcar que unha palabra

é plural e non singular.

Por exemplo gatos.

No caso dos verbos

os sufixos teñen un nome especial: desinencias.

Estes sufixos nos verbos determinan:

tempo, número, persoa e modo.

Sufixos apreciativos

Son aqueles sufixos que usamos

para dicir que algo é moi grande

tamén coñecidos como aumentativos,

por exemplo cochazo, momentazo, balonazo.

Tamén hai os que indican

tamaños máis pequeno ou diminutivos,

por exemplo casiña, neniño, pratiño.

Sufixos derivativos

Estes sufixos teñen a capacidade

de xerar novas palabras

a partir do lexema de orixe

simplemente ao xuntalo con el.

Isto pode verse de xeito moi claro co sufixo -eiro, -eira.

Se temos a palabra libro

e lle engadimos o sufixo -eira,

teremos a unha persoa que vende libros, libreira.

Ese sufixo serve tamén para indicar lugares,

pois se temos unha avespa e lle engadimos -eiro,

xa teremos o lugar onde viven as avespas, o avespeiro.

Este é tipo de sufixo no que nos centraremos.


Prefixos e Sufixos

Uns cantos exemplos

Vexamos agora unha pequena lista dalgúns dos sufixos máis habituais co seu significado.


-al ou -ar: dous posible significados, ben que fai referencia á raíz ou que hai moito de algo. Exemplos: cultural, espectacular, diñeiral.

 
-cidio ou -cida: que acaba coa vida de algo. Exemplos: homicida, funxicida, insecticida.

 
-dor: fai referencia a xente, oficios ou ferramentas. Exemplos: domador, leñador.

 
-es, -an ou -ense: para indicar xentilicios: Exemplos: vigués, ourensán, lucense.

 
-eiro: para indicar oficios. Exemplos: mariñeira, libreiro.

 
-ismo: relacionado con actividades deportivas e correntes de pensamento ou arte. Exemplos: cristianismo, comunismo, impresionismo.

 
-ite: para enfermidades relacionadas con inflamacións. Exemplo: gastrite, pancreatite.

 
-loxía: para indicar estudios ou coñecementos sobre algunha especialidade. Exemplos: bioloxía, odontoloxía.

 
-triz: significa axente e forma substantivos femininos. Exemplos: actriz, emperatriz.


Estes son soamente uns poucos, pois existen moitos máis sufixos no galego.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)