Acto de acosar os demais a través das redes socias ou outros medios electrónicos.
Exemplo:
No noso centro realizamos unha campaña contra o ciberacoso..
Retrouso
Definición:
Son as expresións ou palabras que repetimos moito ao falar.
Exemplo:
Eh..., mmm..., a ver..., son uns dos retrousos máis empregados na nosa fala.
Textos orais expositivos
Imos ver a continuación unha mostra de textos expositivos orais.
Xa participamos no anterior recurso nunha modalidade de texto oral expositivo, recórdala? Os nosos retos tiveron unha fase final chamada exposición, e todas as persoas da aula escoitaron un texto expositivo cando se expuxo o voso traballo.
Estes tipos de textos son aqueles que nos permiten explicar e comunicar a outras persoas, datos, feitos ou coñecementos dun tema sen incluír unha opinión.
Finalidade do texto oral expositivo
Transmitir información ao receptor, que é a persoa que escoita.
Cando participamos nunha explicación na aula, vemos un documental ou cando estades a escoitar o parte estades a ser espectadores dun texto oral expositivo.
Exemplos como receptor ou espectador
Nunha aula
- Podes participar nunha explicación sobre un tema de xeito activo.
Na televisión.
- Podes ver un documental de xeito pasivo.
Nunha radio.
- Podes escoitar o parte das novas do día nunha emisora de radio tamén de xeito pasivo.
En canto á estrutura os textos expositivos teñen, xeralmente, tres partes:
Introdución
Nesta parte inicial preséntase o tema de forma breve. Dáse a coñecer o propósito do emisor e cales son os receptores.
Desenvolvemento
Aquí atópase a parte do texto onde se explica ou describe o tema e as súas principais ideas.
Conclusión
Nesta parte o texto finaliza cun pequeno resumo do exposto para poder pechar a exposición.
Aquí tes un exemplo dun texto oral expositivo; visualiza os tres primeiros minutos.
Deseguido podes ver un esquema breve sobre estes textos.
Lectura facilitada
Vas ver textos expositivos orais.
Xa participamos no anterior recurso
nunha modalidade de texto oral expositivo.
Recórdala?
Os nosos retos tiveron
unha fase final chamada exposición.
Todas as persoas da aula escoitaron
un texto expositivo cando se expuxo o voso traballo.
Estes textos permiten
explicar e comunicar
a outras persoas, datos, feitos
ou coñecementos dun tema
sen incluír unha opinión.
Finalidade do texto oral expositivo
A finalidade é transmitir información ao receptor.
Esta é a persoa que escoita.
Cando participamos
nunha explicación na aula,
vemos un documental
ou cando estades a escoitar o parte
sodes espectadores e espectadoras dun texto oral expositivo.
Exemplos como receptor ou espectador
Nunha aula
Podes participar nunha explicación
sobre un tema de xeito activo.
Na televisión.
Podes ver un documental de xeito pasivo.
Nunha radio.
Podes escoitar o parte das novas do día
nunha emisora de radio tamén de xeito pasivo.
En canto á estrutura os textos expositivos
teñen, xeralmente, tres partes:
Introdución
Nesta parte inicial preséntase
o tema de forma breve.
Dáse a coñecer o propósito do emisor
e cales son os receptores.
Desenvolvemento
Aquí atópase a parte do texto
onde se explica ou describe o tema
e as súas principais ideas.
Conclusión
Nesta parte o texto finaliza
cun pequeno resumo do exposto
para poder pechar a exposición.
Aquí tes un exemplo dun texto oral expositivo;
visualiza os tres primeiros minutos.
Deseguido podes ver
un esquema breve sobre estes textos.
As redes e os seus riscos
Acabas de ver un vídeo en Internet, os vosos equipos informáticos ábrenvos unha xanela a un mundo infinito de coñecemento, información e tamén diversión. Pero, es consciente das boas prácticas de uso e dos seus posibles riscos? Na Rede a túa privacidade pode quedar exposta de moitas formas sen que te deas conta.
A continuación móstranse unha serie de consellos e advertencias a seguir para poder gozar e sacarlle o máximo partido aos vosos equipamentos.
1. Non compartas información privada túa ou doutras persoas na Rede. A nosa pegada dixital pode ser moi longa.
2. Non colgues imaxes túas ou doutras persoas na Rede, poderías estar incumprindo as leis.
3. Trata con respecto as demais persoas, como na vida real. Evita o ciberacoso.
4. Contrasta a información, que non che coen trolas.
5. Limita o uso dos equipamentos cando non sexa para traballar ou estudar.
6. Emprega o sentido común.
Se segues estes simples consellos a túa experiencia no uso da Rede será moito mellor e poderás gozar de todas as posibilidades do teu equipo.
A coherencia e a cohesión
Os textos expositivos teñen que ter coherencia e cohesión.
Estes dous conceptos son moi importantes para facer unha boa exposición e para iso imos ver as súas características.
A coherencia
Este termo indica que todo o que se expón xira arredor do tema a tratar. Normalmente o tema menciónase ao principio da exposición, na introdución. Isto debe suceder tanto na explicación da parte máis importante, no desenvolvemento, como na conclusión.
Se vou explicar os mamíferos, non debería saltar a outro tema, como por exemplo os planetas.
A cohesión
A cohesión consiste en entrelazar todas as ideas para que teñan continuidade. Para iso, empréganse os conectores e marcadores do discurso. No anterior REA xa viches un esquema de conectores para usar na lingua escrita. Este recurso tamén o podes empregar na oralidade.
Lectura facilitada
Os textos expositivos teñen
que ter coherencia e cohesión.
Estes dous conceptos son moi importantes
para facer unha boa exposición
e para iso imos ver as súas características.
A coherencia
Este termo indica que
todo o que se expón xira
arredor do tema a tratar.
Normalmente o tema menciónase
ao principio da exposición, na introdución.
Isto sucede tanto na explicación
da parte máis importante, no desenvolvemento,
como na conclusión.
Se vou explicar os mamíferos,
non debería saltar a outro tema
como por exemplo os planetas.
A cohesión
A cohesión consiste en
entrelazar todas as ideas
para que teñan continuidade.
Para iso, empréganse os conectores
e marcadores do discurso.
No anterior REA xa viches
un esquema de conectores
para usar na lingua escrita.
Este recurso tamén o empregas na oralidade.
Falar en público
En público hai moitos detalles que debes ter en conta. O teu corpo comunica tanto como as túas palabras. Por iso, debes prestar atención aos xestos e á voz.
Controla corpo e xestos
a. Non deas nunca as costas ao teu público.
b. Non perdas nunca o contacto visual coa audiencia, pero evita mirar sempre á mesma persoa.
c. Non te cruces de brazos. Ao contrario, axúdate das mans para guiar visualmente a túa exposición.
A voz, ton e entoación
a. Mantén un volume de voz medio: nin demasiado baixo nin moi elevado.
b. Pronuncia correctamente e mantén un ritmo axeitado, sen alterar nin aburrir a túa audiencia.
c. Diríxete ás persoas que te están escoitando con proximidade, pero non con excesiva confianza.
Vocabulario, conectores e repeticións
a. Evita retrousos como "en plan", "vale?", "non?", "eeemmm...".
b. Os conectores poden axudarche a marcar as distintas partes do teu discurso: "primeiro", "para continuar", "para rematar", entre outros.
Lectura facilitada
En público hai moitos detalles
a ter en conta.
O teu corpo comunica tanto
como as túas palabras.
Por iso, presta atención aos xestos e á voz.
Controla o teu corpo e xestos
a. Non deas nunca as costas ao teu público.
b. Non perdas nunca
o contacto visual coa audiencia,
pero evita mirar sempre á mesma persoa.
c. Non te cruces de brazos.
Ao contrario, axúdate das mans
para guiar de xeito visual a túa exposición.
A voz, ton e entoación
a. Mantén un volume de voz medio:
nin demasiado baixo nin moi elevado.
b. Pronuncia correctamente
e mantén un ritmo axeitado,
sen alterar nin aburrir a túa audiencia.
c. Diríxete ás persoas que te escoitan
con proximidade, pero non con excesiva confianza.
Vocabulario, conectores e repeticións
a. Evita retrousos como "en plan", "vale?", "non?", "eeemmm...".
b. Os conectores poden axudarche
a marcar as distintas partes do teu discurso:
"primeiro", "para continuar", "para rematar", entre outros.