Saltar navegación

3.6. Textos escritos, opinión

 

Glosario

Argumentar

Pictograma que representa un lexema

Definición:

Utilizar diferentes feitos para demostrar algunha cousa.

Exemplo:

Argumentei que eu estaba na biblioteca devolvendo un libro, polo tanto eu non puiden perder o balón no recreo.

Opinión

Un pictograma que representa dar unha opinión

Definición:

Dicir aquilo que se considera sobre un tema determinado.

Exemplo:

Todas as persoas demos a nosa opinión sobre a excursión de fin de curso que queriamos facer.

As miñas letras opinan

Os textos de opinión son un tipo de texto escrito onde as persoas que o escriben mostran os seus puntos de vista acerca de un tema en concreto. Estes textos, por norma xeral, aparecen en medios de comunicación, como son os xornais ou as revistas. Nestes medios reciben o nome de artigos de opinión.

Todos os textos de opinión empregan a argumentación para construírse. Desta maneira, a persoa autora defenderá as súas ideas acerca dun tema en concreto. Estes temas poden ser moi diversos: deporte, política ou mesmo a economía.

As partes dos textos de opinión teñen algunhas cousas en común cos debates, que xa viches neste mesmo recurso. Contan coas seguintes partes:

Título

Todo texto de opinión precisa ter un título que sexa rechamante para a persoa receptora ou lectora.

Introdución

Nesta parte vaise presentar o tema do que van opinar. Adoita ser breve e ten que chamar tamén a atención.

Tese

Aquí as persoas emisoras mostran a súa postura co tema.

Argumentos

Como nos debates, precísanse argumentos ou razoamentos para demostrar a opinión da persoa autora.

Conclusión

Na última parte do texto de opinión móstrase a opinión persoal de quen escribe. Tamén se pode incluír un breve resumo do exposto.

O seguinte esquema axudarache a entendelo mellor.

Textos escritos opinión

Lectura facilitada

Os textos de opinión son escritos. Neles, a persoa que escribe di o que pensa sobre un tema.

Normalmente atópanse en xornais ou revistas. Neles, chámanse artigos de opinión.

Todos os textos de opinión usan argumentos. Así, a persoa autora defende as súas ideas.

Os temas poden ser moi variados: deportes, política ou economía.

As partes dos textos de opinión son parecidas ás dos debates que xa coñeces. Teñen estas partes:

Título
Todo texto de opinión necesita un título. Ten que ser chamativo para quen o le.

Introdución
Aquí preséntase o tema sobre o que se vai opinar. Adóita ser curta e tamén ten que chamar a atención.

Tese
Nesta parte, a persoa que escribe mostra a súa postura sobre o tema.

Argumentos
Como nos debates, fan falta argumentos ou razóns. Serven para demostrar a opinión da persoa autora.

Conclusión
Na última parte móstrase a opinión persoal de quen escribe. Tamén pode levar un resumo do que se explicou.

O seguinte esquema axudarache a entendelo mellor.

Textos escritos opinión

Buscar e contrastar información

Para dar a túa opinión é importante que teñas datos e información. Xa sabes que esa información a podes atopar en libros, enciclopedias, bibliotecas entre outros. Pero é verdade todo o que atopamos? Revisa estes esquemas que che axudarán a atopar sempre as informacións máis fiables que precises. 

Como e onde buscar información
Contrastar información

Repara que se estás na escola ou na túa casa, os lugares onde podes buscar información poden ser diferentes.

Na escola podes buscar tanto na biblioteca de aula, na do centro ou incluso en enciclopedias, dicionarios e moitos máis na Rede. Por suposto podes consultar tamén as túas mestras e mestres. 

Se estás na túa casa podes utilizar os documentos ou libros de consulta que teñas. Podes desprazarte á biblioteca pública que teñas máis preto tanto para consultar obras escritas como usar os equipamentos informáticos que alí poderás atopar.  Podes acudir a eventos culturais da túa vila ou aldea. Ademais, tamén podes preguntar aos teus familiares polos temas que queiras investigar. 

Lectura facilitada

Para dar a túa opinión

é importante que teñas

datos e información.

Podes atopar información en libros,

enciclopedias, bibliotecas entre outros.

Pero é verdade todo o que atopamos?

Revisa estes esquemas.

Axudaranche a atopar sempre

as informacións máis fiables que precises. 

Como e onde buscar información
Contrastar información

Se estás na escola ou na túa casa

os lugares onde podes buscar información

poden ser diferentes.

Na escola podes buscar tanto na biblioteca de aula,

na do centro ou incluso en enciclopedias,

dicionarios e moitos máis na Rede.

Podes consultar tamén as túas mestras e mestres. 

Se estás na túa casa podes utilizar os documentos

ou libros de consulta que teñas.

Podes desprazarte á biblioteca pública

que teñas máis preto

para consultar obras escritas

para usar os equipamentos informáticos

e facer consultas. 

Podes acudir a eventos culturais da túa vila ou aldea.

Tamén podes preguntar aos teus familiares

polos temas que queiras investigar. 

Hora de ler

Pictograma de lectura

Cantos tipos de textos existen. Xa aprendiches moito sobre eles. A que sería xenial ser a persoa autora dunha obra literaria?

Animámoste a que leas "Douche a miña palabra" de Fran Alonso con ilustracións de Bea Gregores. Nesta obra aprenderás como chegar a ser unha gran escritora ou escritor.

A que esperas! 

Lectura facilitada

Existen moitos tipos de textos.

Xa aprendiches moito sobre eles.

A que sería xenial ser a persoa autora

dunha obra literaria?

Animámoste a que leas

"Douche a miña palabra" de Fran Alonso

con ilustracións de Bea Gregores.

Nesta obra aprenderás a ser

unha gran escritora ou escritor.

A que esperas! 

Pictograma de lectura

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)