Pescuda e desfruta!
Agora que xa coñeces os diferentes tipos de textos literarios, vas traballar con eles.
Pescuda
Diríxete á biblioteca do centro ou á biblioteca dixital E-LBE.2 e busca unha obra do teu interese:
Desfruta
Cando teñas a obra identificada, no caso de ter escollido a biblioteca E-LBE.2, le as páxinas que che permita facendo clic en vista previa.
Contesta
1- Título da obra.
2- Persoa autora. Se non aparece no libro investiga na Rede.
3- Persoa ilustradora no caso de tela.
4- A que xénero literario pertence?
5- Quen é o protagonista?
6- Que pasa con ela ou el?
7- Fai un resumo breve do que acabas de ler.
8- Como cres que vai continuar a obra?
9- Gustouche o que acabas de ler? Por que?
