Saltar navegación

3.3. Textos orais, o debate

 

Glosario

Debate

Pictograma dun debate

Definición:

Acto no que varias persoas expoñen, defenden e tratan con argumentos e puntos de vista un tema de maneira organizada e dirixida.

Exemplo:

O debate das eleccións será o luns pola noite.

Persoa moderadora

Pictograma de persoa moderadora

Definición:

É a persoa encargada de dirixir, regular e conciliar as persoas nun debate.

Exemplo:

O moderador deu paso á quenda de preguntas despois da última intervención.

Os debates

Chegas ao último tipo de texto oral que vas ver neste recurso, os debates. Verdade que non todo o mundo opina da mesma maneira? E de seguro que algunha vez intentaches mudar a opinión dunha amiga para xogar a outra cousa, ou incluso a opinión da vosa docente para conseguir unha maior nota. Pois estás a empregar o debate, este tipo de texto oral é o que permite, empregando a exposición ou a argumentación, defender a opinión sobre un tema determinado e lograr convencer a outras persoas.

Por regra xeral, nestes textos, existe dous grupos para debater, unha persoa moderadora e un público ao que dirixirse.

A persoa moderadora é a encargada de dar a palabra ás persoas que van debater, controlar os tempos e manter a orde durante todo o debate.

Como todo tipo de texto, tamén van ter diferentes partes que ides ver a continuación.

Introdución ou apertura

Na primeira parte a persoa moderadora presentará as participantes do debate, expón o tema e da paso á primeira intervención.

Exposición

Aquí as persoas encargadas de participar no debate expoñerán os seus puntos de vista e mediante argumentos defenderán as súas ideas. As interaccións que se van producir entre as persoas que debaten nesta parte estarán reguladas pola moderadora.

Preguntas

Cando se rematen as exposicións, ábrese unha quenda de preguntas, onde as persoas que se atopan no público ou mesmo a moderadora farán cuestións acerca das ideas e puntos de vista defendidos durante todo o debate.

Conclusión

Para rematar, as persoas que participaron terán uns minutos para pechar o debate dando unha mensaxe final facendo un breve resumo do exposto.

O debate

 Exemplo debate

Lectura facilitada

Verdade que non todo o mundo

opina da mesma maneira?

E de seguro que algunha vez

intentaches mudar a opinión doutra persoa.

Pois estás a empregar o debate,

este tipo de texto oral é o que permite,

empregando a exposición ou a argumentación,

defender a opinión sobre un tema determinado

e lograr convencer a outras persoas.


Nestes textos, existe dous grupos para debater,

unha persoa moderadora

e un público.

A persoa moderadora dá a palabra,

controlar os tempos

e manter a orde.

As partes dos debates

- Introdución ou apertura: a persoa moderadora

presentará as participantes do debate,

expón o tema e

da paso á primeira intervención.


- Exposición: as persoas encargadas de participar no debate

expoñerán os seus puntos de vista e

mediante argumentos defenderán as súas ideas. 


- Preguntas: cando se rematen as exposicións,

ábrese unha quenda de preguntas.


- Conclusión: as persoas que participaron terán uns minutos

para pechar o debate

dando unha mensaxe final.

O debate

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)