Saltar navegación

4.3. Construtoras de novas

Mestras da gramática

Non esquezades todo o visto sobre gramática ao longo desta unidade. Facilítanse aquí os esquemas que vistes. Tédeos presentes para elaborar os vosos documentos.

Adxectivos

 Adxectivos

Ditongos e hiatos

Ditongos e hiatos

Prefixos e sufixos

  Prefixos e sufixos

O proceso de revisión terá que irse facendo ao longo desta fase, así que tede a man estes esquemas.

Lectura facilitada

Recordade todo o visto

ao longo desta unidade sobre gramática.

Facilítanse aquí

os esquemas que vistes.

Tédeos presentes

para elaborar os vosos documentos.

Adxectivos

 Adxectivos

Ditongos e hiatos

Ditongos e hiatos

Prefixos e sufixos

  Prefixos e sufixos

O proceso de revisión

irase facendo ao longo desta fase.

Tede a man estes esquemas.

Os nosos textos parécense

Debedes ter en conta que todos os textos que construades os ídelos unificar nunha pequena revista. Xa tedes visto revistas en papel na biblioteca ou na Rede de tipo dixital, ou mesmo a revista Nós recomendada ao comezo do REA. Darédesvos conta de que a nivel visual teñen unha continuidade: os títulos son iguais, o tipo de fonte tamén, a decoración ten coherencia ao longo de toda a revista. Todo isto axuda a identificar unha revista a nivel estético.

Para conseguir que a vosa revista teña esa unidade a nivel estético facilítase un modelo de páxinas en formato Draw do LibreOffice. Podedes utilizalo ou modificalo. A única condición é que, se o modificades todos os grupos, debedes aceptar os cambios propostos de: tipo de letras, tamaños, cores entre outros. Deste xeito os vosos textos terán coherencia a nivel visual.

Indicacións

- Tipo de fonte: escollede en gran grupo que fonte ides utilizar para os vosos escritos.

- O títulos principais serán de 36 puntos (en adiante pt) en cor azul e centrados.

- Os títulos doutras cores serán a 18 pt.

- Os textos con información serán a 15 pt.

- As cores do deseño xeral tamén podedes modificalas en gran grupo.

Módulos de texto para copiar e pegar

Na primeira páxina tedes diferentes títulos cos tamaños indicados e as cores propostas. Tamén algunha imaxe de exemplo pero lembrade facer ou buscar as vosas propias.

 Modelos páxinas 1

Deseño básico da páxina da revista

Aquí tedes un modelo básico da páxina da revista. Ten unha imaxe de fondo que lembra unha investigación, o logotipo de CREAGAL, e a páxina dunha revista na parte inferior dereita. Como se dixo, podedes aceptar este modelo ou modificalo ao voso gusto en gran grupo.

 Modelos páxinas 2

Exemplo de páxina 1

Aquí tedes un exemplo de páxina; fixádevos como o título principal está a 36 pt, os outros están a 18 pt e o texto con informacións a 15 pt. Podedes colocar as imaxes nos lugares que consideredes máis axeitados e tantas como precisedes.

  Modelos páxinas 3

Exemplo de páxina 2

 Modelos páxinas 4

Exemplo de páxina 3

Modelos páxinas 5

Exemplo de páxina 4

Modelos páxinas 6

E se o facemos a man?

Podedes realizar os vosos textos a man pero, nese caso, todos os grupos terédelo que facer dese xeito para que a revista teña coherencia. Podedes utilizar a segunda folla do modelo de páxinas impreso para colocar os textos e imaxes do voso reto. Lembrade tomar en gran grupo todas as decisións necesarias sobre o formato do documento. Son as relacionadas con: cores dos títulos, se van en maiúscula ou non, se son do mesmo tamaño entre outros.

Modelos páxinas 2

Podedes descargar o modelo de páxinas e cubrilas. Lembrade gardalas ao remate. Consultade coa mestra ou co mestre o xeito de cubrila.

A construír!

Lectura facilitada

Todos os textos que construades

ídelos unificar nunha pequena revista.

Xa tedes visto revistas en papel na biblioteca

ou na Rede de tipo dixital,

ou mesmo a revista Nós

recomendada ao comezo do REA.

Darédesvos conta de que a nivel visual

teñen unha continuidade.

Os títulos son iguais, o tipo de fonte tamén,

a decoración ten coherencia

ao longo de toda a revista.

Todo isto axuda a identificar

unha revista a nivel estético.

Ides conseguir que a vosa revista

teña esa unidade a nivel estético.

Facilítase un modelo de páxinas

en formato Draw do LibreOffice.

Podedes utilizalo ou modificalo.

A única condición é que se o modificades

todos os grupos debedes aceptar

os cambios propostos.

Deste xeito os vosos textos

terán coherencia a nivel visual.

Indicacións

- Tipo de fonte:

escollede en gran grupo

que fonte ides utilizar para os vosos escritos.

- O títulos principais serán de 36 puntos (en adiante pt)

en cor azul e centrados.

- Os títulos doutras cores serán a 18 pt.

- Os textos con información serán a 15 pt.

- As cores do deseño xeral

tamén podedes modificalas en gran grupo.

Módulos de texto para copiar e pegar

Na primeira páxina

tedes diferentes títulos

cos tamaños indicados

e as cores propostas.

Tamén algunha imaxe de exemplo

pero lembrade facer ou buscar

as vosas propias.

 Modelos páxinas 1

Deseño básico da páxina da revista

Aquí tedes un modelo básico da páxina da revista. 

Ten unha imaxe de fondo que lembra unha investigación.

Ten o logotipo de CREAGAL.

Ten a páxina dunha revista na parte inferior dereita.

Podedes aceptar este modelo

ou modificalo ao voso gusto en gran grupo.

 Modelos páxinas 2

Exemplo de páxina 1

Aquí tedes un exemplo de páxina.

Fixádevos como título principal está a 36 pt.

Os outros están a 18 pt.

O texto con informacións está a 15 pt.

Podedes colocar as imaxes

nos lugares que consideredes máis axeitados

Colocade tantas imaxes como precisedes.

  Modelos páxinas 3

Exemplo de páxina 2

 Modelos páxinas 4

Exemplo de páxina 3

Modelos páxinas 5

Exemplo de páxina 4

Modelos páxinas 6

E se o facemos a man?

Podedes realizar os vosos textos a man.

Nese caso, todos os grupos

terédelo que facer dese xeito.

Podedes utilizar a segunda folla

do modelo de páxinas impreso

para colocar os textos e imaxes do voso reto.

Tede en conta tomar en grupo

as decisións necesarias

relacionadas co formato do documento.

Modelos páxinas 2

Podedes descargar o modelo de páxinas e cubrilas.

Lembrade gardalas ao remate.

Consultade coa mestra ou co mestre o xeito de cubrila.

A construír!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)