Como ves, o noso cole está ben desinformado. Hai moitas cousas sobre as que falar. Se traballamos todas as persoas xuntas podemos conseguilo. Se existira unha revista, as persoas poderían estar moito mellor informadas do que acontece ao seu arredor.
Lectura facilitada
O noso cole é unha tolemia.
Hai moitas cousas que se poden mellorar.
Se traballamos todas as persoas xuntas podemos conseguilo.
Seguro tes dúbidas sobre o que estamos a ver.
Vas recibir máis explicacións.
Se existira unha revista
as persoas poderían estar
moito mellor informadas
do que acontece ao seu arredor.
Audio
Nós somos revista
A que sería xenial poder contar o que acontece ao noso arredor. Esa foi a idea que tiveron en 1920 varias persoas do panorama literario da época. Nace así Nós, revista dirixida por Vicente Risco e con Castelao como director artístico, que pretendía dar a coñecer a cultura galega.
Cos retos formulados nesta unidade ti vas facer algo semellante.
Na actualidade existe unha web na que podes consultar de maneira dixital todos os números da revista Nós. Ademais, existen tamén xornais ilustrados como o do O Papagaio, pensados para as escolas.
Tipos de texto
Xa aprendiches no anterior recurso os diferentes tipos de comunicación que existen. Nos textos, podes atopar tamén diferentes tipos: orais ou escritos.
Sempre que te comuniques con outras persoas de maneira oral estarás empregando os textos orais. Normalmente estes textos están pensados para usarse en contextos reais ante unha ou varias persoas. Imos ver a continuación unha pequena mostra de diferentes tipos de textos.
Exemplo de textos oral expositivo
Estes tipos de textos son aqueles que nos permiten explicar e comunicar a outras persoas datos, feitos ou coñecementos dun tema sen incluír unha opinión.
Exemplo de texto escrito literario, poesía na revista Nós
As persoas que o escriben mostran os seus sentimentos en obras poéticas. Algo que podemos atopar con moita frecuencia na Revista Nós. Accede ao recurso Noite da revista Nós.
Fábula
Narracións breves, onde se fai unha crítica de certos comportamentos. Remata cunha ensinanza en forma de consello. Os personaxes soen ser animais.
Lectura facilitada
Xa aprendiches os diferentes
tipos de comunicación.
Nos textos, podes atopar tamén
diferentes tipos: orais ou escritos.
Cando te comunicas de forma oral estarás
empregando os textos orais.
Normalmente os textos orais
están pensados para usarse
en contextos reais
ante unha ou varias persoas.
Imos ver unha pequena mostra
de diferentes tipos de textos.
Exemplo de textos oral expositivo
Son aqueles
que nos permiten explicar
e comunicar a outras persoas datos,
feitos ou coñecementos dun tema.
Non inclúen unha opinión.
Exemplo de texto escrito literario, poesía na revista Nós