É un edificio ou construción que ten certo valor artístico ou histórico.
Exemplo:
Na nosa vila hai varios monumentos importantes.
Revista
Definición:
Trátase dunha publicación de carácter periódico que contén artigos, reportaxes entre outros. Pode ser de diferentes temáticas, deportiva, literaria e moitas máis.
Exemplo:
Na escola publican todos os anos unha revista con traballos do alumnado.
Un cole desinformado
O noso cole e a nosa contorna sonche ben peculiares. Pasan unha morea de cousas pero sempre nos esquecemos delas. Só as coñecemos polo boca a boca. Gustaríanos ter un rexistro fiel de todo o que acontece con información ben contrastada e sobre a que poidamos opinar.
A falta de información de todo o alumnado do centro precisa de solucións. Se o facemos estaremos contribuíndo cos obxectivos 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e 11. Cidades e comunidades sostibles dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS 2030. Contribuiriamos entre outras cousas ao acceso público á información. E a concienciar sobre a necesidade do coidado do noso patrimonio cultural.
A falta de información sobre o que pasa no centro e na contorna comeza a pasar factura.
Que tipo de información debería coñecer todo o alumnado?
Lectura facilitada
O noso cole é peculiar.
A nosa contorna tamén é peculiar.
Pasan unha morea de cousas
pero sempre nos esquecemos delas.
Só as coñecemos polo que fala a xente.
Gustaríanos ter un rexistro
de todo o que acontece.
Con información real.
Queremos opinar sobre o que pasa.
A falta de información
precisa de solucións.
Se o facemos estaremos contribuíndo
co obxectivo 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e 11. Cidades e comunidades sostibles dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible