Sinónimo do xénero literario poesía, onde o autor expresa os seus sentimentos, pensamentos ou emocións a través de poemas.
Exemplo:
A nosa profesora encántalle a lírica.
Rima
Definición:
Concordancia total ou parcial dos últimos fonemas dun verso.
Exemplo:
A rima deste poema é asonante.
Que son?
A continuación vas ver os textos literarios. Son aqueles textos que teñen como finalidade entreter o destinatario ou destinataria, poden contarnos unha historia ou transmitirnos unha mensaxe.
Para poder consideralos deste tipo teñen que ter características dalgún xénero literario, como poden ser as narracións, o teatro ou a lírica.
A continuación vas ver as narracións.
Lectura facilitada
A continuación vas ver os textos literarios.
Son aqueles textos que teñen
como finalidade entreter ao destinatario ou destinataria,
poden contarnos unha historia
ou transmitirnos unha mensaxe.
Para poder consideralo deste tipo
teñen que ter características
dalgún xénero literario,
como poden ser as narracións,
o teatro ou a lírica.
A continuación vas ver as narracións.
Audio
As narracións
As narracións son os textos literarios que contan ou relatan unha serie de secuencias que realizan uns personaxes nun lugar e tempo determinado. En toda narración vas atopar a figura do narrador que cumpre coa figura do emisor.
Existen varios tipos ou subxéneros das cales destacan:
-
-
O conto
Son narracións breves, máis curtos ca unha novela. Teñen unha trama moi simple e por norma xeral teñen poucos personaxes. Exemplo: “O coelliño branco”.
A novela
Son narracións máis longas que os contos. Teñen un tema principal pero sempre existen tramas que se van desenvolvendo ao longo da novela. Soen contar con varios personaxes, principais ou protagonistas e personaxes secundarios. Exemplo “Conta nove estrelas”.
A fábula
Son narracións breves, onde se fai unha crítica de certos comportamentos. Remata cunha ensinanza en forma de consello. Os personaxes soen ser animais. Exemplo: “Fábulas contadas”.
Os textos narrativos tamén comparten unha serie de características en canto a súa estrutura. Sempre van contar con personaxes, accións, tempo, espazo e un narrador. Todos contan con estas partes:
Inicio
Na primeira parte preséntanse os personaxes, cal é o tema ou problema e onde e cando sucede a historia.
Nó
Aquí vaise desenvolver a temática principal da narración. É a parte máis longa. Conta as historias que van realizar os personaxes para lograr resolver o problema que se presenta no inicio.
Desenlace
A última parte da narración onde se vai presentar a solución ao problema co que se atoparon os personaxes no inicio.
Lectura facilitada
As narracións son os textos literarios
que contan ou relatan unha
serie de secuencias que
realizan uns personaxes
nun lugar e tempo determinado.
En toda narración vas atopar
a figura do narrador
que cumpre coa figura do emisor.
Existen varios tipos ou subxéneros das cales destacan:
Este tipo de texto literario tamén se pode chamar xénero dramático. A diferencia co resto dos textos narrativos é que o teatro non está escrito para ser lido, a súa finalidade é a da representación diante dun público.
As obras teatrais están formadas por unha serie de diálogos ordenados para a posta en escena dos actores e actrices. Todo texto teatral conta cunha serie de características en común; por norma xeral non ten narrador como nas narracións. Pode contar cun personaxe, como poden ser os monólogos, ou contar con varios personaxes.
Pode estar escrito en prosa ou verso. O teatro tamén está dividido en varias partes chamadas actos. Acostuma a ter anotacións que son pequenos textos nos laterais con aclaracións de diverso tipo: como debe estar un personaxe, aspectos relacionados coa escenografía entre outros. Exemplo: “Planeta Bugallo”
Lectura facilitada
Este tipo de texto literario tamén
se pode chamar xénero dramático.
A diferencia co resto dos textos narrativos
e que o teatro non está escrito para ser lido,
a súa finalidade é a da representación.
As obras teatrais están
formadas por unha serie de diálogos
ordenados para a posta en escena dos actores e actrices.
Este texto literario é a manifestación dos sentimentos, emocións ou reflexións da persoa que escribe. Xeralmente represéntase mediante versos formando poemas. A poesía busca a beleza dos textos mediante o uso de recursos como a métrica e a rima.
A poesía non segue a mesma estrutura que o resto dos textos literarios, nela podemos distinguir dúas partes:
.
.
Os versos
Son as liñas dos poemas. Estes poden ter rima entre eles. Clasifícanse seguindo o número de sílabas que ten cada verso.
As estrofas
Son os conxuntos de versos que van seguidos dun punto e aparte ou un punto final. Estes versos deben lerse de maneira conxunta. Podemos clasificar os poemas en función dos versos que teña cada estrofa.