Análise inicial
Algo moi importante na xornada intercentros que ides organizar son as persoas participantes, xa que sen estas non se poderá levar a cabo.
Hai que decidir os institutos que van participar. Coñecedes os centros próximos ao voso?
Se non o tedes claro, dialogade e investigade sobre os centros que poderiades invitar. Unha vez decidades o centro ou centros que queredes invitar, investigade o alumnado que teñen para valorar outro aspecto importante: os cursos para os que vai dirixida a xornada.
Vai ser unha xornada para 1º de ESO? Para 2º? Ou para ambos os cursos?
Ide pensando, porque atoparedes unha tarefa moi pronto.
Lectura facilitada
As persoas participantes son moi importantes.
Son necesarias para poder realizar a xornada deportiva intercentros.
Hai que decidir os institutos que van participar.
Coñecedes os centros próximos ao voso?
Dialogade e investigade sobre os centros que poderiades invitar.
Decidide o centro ou centros que queredes invitar.
Investigade o alumnado que teñen para valorar outro aspecto importante:
- Os cursos para os que vai dirixida a xornada.
Para quen vai ser a xornada?
- Para 1º de ESO?
- Para 2º?
- Ou para ambos cursos?
Ide pensando, porque atoparedes unha tarefa moi pronto.
Un espazo no que poderiades facer a vosa xornada deportiva son as praias. Tedes algunha na vosa contorna? É accesible para os centros participantes? Adáptase aos deportes alternativos aos que poderiades xogar? Valorade todo isto para tomar a decisión.



Poderíase dicir que os parques son espazos habituais en todos os lugares nos que vivides, polo que poderían ser unha opción para a vosa xornada intercentros sempre e cando cumpran os requisitos necesarios.