Parte dunha cidade, vila ou localidade que presenta unhas características de tipo funcional, social etc, que a distinguen da súa contorna.
Exemplo:
Os barrios das cidades caracterízanse por estar afastados de espazos naturais.
Urbe
Definición:
Cidade grande, xeralmente importante e con moita poboación.
Exemplo:
Santiago de Compostela é unha urbe galega con moita poboación.
As actividades deportivas
As actividades deportivas son xogos ou exercicios físicos que teñen unhas regras e que serven para mellorar a nosa saúde, divertirse ou competir. Nalgúns casos, practícanse en equipo e, noutros, de forma individual.
Practicades algunha actividade deportiva no voso tempo libre? Cales?
Lectura facilitada
As actividades deportivas son xogos ou exercicios físicos que teñen regras.
Serven para:
Mellorar a nosa saúde.
Divertirse.
Competir.
Poden practicarse en equipo ou individual.
Practicades algunha actividade deportiva no voso tempo libre?
Cales?
Audio
A urbanización
A urbanización é un proceso polo cal se constrúen e organizan lugares para que a xente poida vivir, traballar e moverse comodamente nunha cidade ou pobo.
Isto inclúe facer rúas, prazas, parques, edificios, iluminación, zonas verdes, beirarrúas... En resumo; todo o que fai que un espazo se converta nun lugar preparado para as persoas.
E vós, onde vivides? Nunha zona urbana ou nunha aldea afastada das cidades? Gústavos onde vivides? Ou gustaríavos vivir noutro sitio? E cales son os motivos?
Lectura facilitada
A urbanización é un proceso polo cal se constrúen e organizan lugares para que a xente poida:
Vivir.
Traballar.
Moverse comodamente nunha cidade ou vila.
Isto inclúe facer:
Rúas.
Prazas.
Parques.
Edificios.
Iluminación.
Zonas verdes.
Beirarrúas.
En resumo, todo o que fai que un espazo se converta nun lugar preparado para as persoas.
E vós, onde vivides?
Nunha zona urbana ou nunha aldea afastada das cidades?
Gústavos onde vivides?
Ou gustaríavos vivir noutro sitio? E cales son os motivos?
Audio
Os espazos naturais
Son aquelas zonas da terra que non foron modificadas polas persoas. Son lugares onde a natureza está case igual que estaba desde hai moito tempo. Alí pódense atopar montes, ríos, praias, bosques ou lagoas, e viven moitos animais e plantas no seu hábitat natural.
Practicades algunha actividade na natureza habitualmente? Cales? E os nenos e nenas que non ides realizar actividade física á natureza, cal é o motivo?
Lectura facilitada
Son aquelas zonas da terra que non foron modificadas polas persoas.
Son lugares onde a natureza está case igual que estaba desde hai moito tempo.
Alí pódense atopar:
Montes.
Ríos.
Praias.
Bosques.
Lagoas.
Neses espazos viven moitos animais e plantas no seu hábitat natural.
Practicades algunha actividade na natureza habitualmente?
Cales?
E os nenos e nenas que non ides realizar actividade física á natureza, cal é o motivo?
Audio
A urbe vs a natureza
Neste cadro veredes dun xeito moi claro as diferenzas que se poden atopar na organización de actividades
Prestade atención!
Características de actividades na urbe e na natureza
Na urbe
Na natureza
Tipo de actividade física
Actividades máis dirixidas: escolas deportivas, ximnasios, pistas polideportivas...
Actividades libres ou lúdicas: camiñar, correr, escalar, xogar ao aire libre...
Espazo e liberdade de movemento
Espazo pequeno, con obstáculos artificiais e posible presenza de coches e edificios.
Espazo grande, aberto e cambiante, sen restrición para moverse. Os obstáculos son naturais.
Estímulos e ambiente
Presenza de ruído, luces artificiais e distraccións.
Sons da natureza, luz natural, tranquilidade e paisaxes agradables.
Superficie e impacto no corpo
Chan duro, o que provoca maior impacto nas articulacións.
Chan natural que favorece un movemento máis completo e con menos impacto nas articulacións.
Material e instalacións
Precísanse materiais e instalacións máis sofisticadas e feitas polo ser humano.
Permite empregar recursos propios do medio natural.
Benestar físico e mental
Pode xerar máis estrese debido a ruídos e outros elementos que interfiren no descanso.
Axuda as persoas a relaxarse, sentirse mellor e estar máis contentas.
Reflexión
Xa sabedes diferenciar os espazos urbanos dos espazos naturais.
Analizade as características destes que acabades de ver, e reflexionade sobre as actividades que realizades no voso día a día.
Aféctavos algo do visto no cadro? Estades en contacto coa natureza ou non a visitades todo o que vos gustaría?
A que espazos naturais poderiades ir preto de onde vivides?
Debatede sobre estas cousas porque serán de grande axuda nos retos que ides atopar nesta fase.
Lectura facilitada
Xa sabedes diferenciar os espazos urbanos dos espazos naturais.
Analizade as características destes que acabades de ver.
Reflexionade sobre as actividades que realizades no voso día a día.
Aféctavos algo do visto no cadro?
Estades en contacto coa natureza ou non a visitades todo o que vos gustaría?
A que espazos naturais poderiades ir preto de onde vivides?