Saltar navegación

3.6. A xogar apréndese xogando

 

Glosario

Diversión

Pictograma divertirse

Definición:

Resultado de pasalo ben.

Exemplo:

O partido de colpbol debe ter como obxectivo a diversión. Non debe importarvos se gañades ou perdedes.

Partido

Pictograma partido

Definición:

Actividade deportiva entre dúas ou máis persoas ou equipos.

Exemplo:

O partido de colpbol xogouse no pavillón do instituto.

Xogades para aprender

Disco voador de ultimate e pelota de colpbolUnha das cousas que máis vos gusta cando practicades deportes é o momento de xogar contra outro equipo.

Pero isto pode implicar unha compoñente competitiva na que se busca o resultado por enriba da diversión, o que non é aconsellable no deporte escolar.

Os partidos permiten iniciarvos no deporte que se practica e son un medio para gozar xogando.

Agora é o momento de divertirse poñendo en práctica todo o aprendido sobre ultimate e colpbol.

Se queredes saber máis sobre os partidos en ambos os deportes, facede clic na lapela correspondente:

Lectura facilitada

Cando practicades deportes, o que máis vos gusta é o momento de xogar contra outro equipo.

Xogando non se busca o resultado, búscase a diversión.

Os partidos permiten iniciarvos no deporte que se practica.

Tamén vos permiten gozar xogando.

Poñede en práctica todo o aprendido sobre ultimate e colpbol.

Para saber máis sobre os partidos en ambos os deportes fai clic na lapela correspondente:

O partido no ultimate

Aprende máis sobre o ultimate con este vídeo:

O partido no colpbol

Aprende máis sobre o colpbol con este vídeo:

O asubío inicial

Nas próximas sesións, o voso mestre ou mestra terá preparado o espazo para que poñades en práctica todo o aprendido da forma máis real posible, xogando partidos de ambos deportes.

Recordade que o importante non é gañar, senón aprender xogando.

Ollo ao asubío inicial e a xogar!

Lectura facilitada

Preparouse o espazo para que poñades en práctica todo o aprendido.

Xogade partidos de ambos os deportes.

O importante non é gañar, senón aprender xogando.

Ollo ao asubío inicial e a xogar!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)