Saltar navegación

5.2. O traballo en equipo

Rúbrica

Rúbrica para reflexionar e valorar o funcionamento do teu grupo.

Analizade o traballo en equipo
 Foinos excelente porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Na participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2)Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas, porque nos centramos no noso traballo. (1.5)A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1)Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5)
O clima de traballoFoi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5)Foi pouco motivador, porque houbo conflitos frecuentes que afectaban ao traballo e que se solucionaron con axuda. (1)Foi conflitivo, porque houbo moitos problemas que afectaron o traballo. (0.5)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1.5)A metade do grupo achegou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1)Só un membro do equipo achegou ideas, o resto das persoas non levaron propostas ao debate. (0.5)
Para o seguimento do traballoFixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non houbo propostas de mellora. (1.5)Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1)Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0.5)
A autonomíaFoi plena, xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi adecuada, xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1.5)Foi moderada, xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1)Foi escasa, xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)