Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxe para ir anotando todo o aprendido nesta faseUn diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.

No diario atoparás diferentes partes e preguntas que che axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes, as túas experiencias e opinións.

O diario de aprendizaxe é moi útil para ti mesmo/a e para o teu profesorado, xa que permite valorar os progresos e obter moita información de como vai o proceso de ensino-aprendizaxe.

Lembra que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é para avaliar. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes, xa que che axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.

Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.

Lectura facilitada

Un diario é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.

As preguntas do diario axudaranche a reflexionar.

O diario de aprendizaxe é moi útil para ti mesmo e para o teu profesorado.

Permite valorar os progresos e obter moita información de como vai todo.

Lembra que non é para avaliar.

Escribe con sinceridade.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)