Deseño da xornada
Cando se organiza un evento ou calquera actividade, hai que ter un certo control dos elementos que a conforman.
Neste paso teredes que organizar aspectos moi concretos da vosa xornada deportiva intercentros.
Deberedes reflexionar sobre unha serie de elementos que deberá ter a vosa xornada intercentros. Ide pensando como enfocar os puntos que veñen a continuación para ir perfilando a vosa xornada.
Lectura facilitada
Cando se organiza un evento hai que ter un certo control dos elementos que a conforman.
Ides organizar aspectos moi concretos da vosa xornada deportiva intercentros.
Reflexionade sobre os elementos que deberá ter a vosa xornada intercentros.

Hai que ter en conta que esta xornada deportiva vai durar máis do que habitualmente dura unha sesión de Educación Física, polo que o normal é que o gasto enerxético dos participantes sexa maior.
Se algo debedes ter claro é que o material deportivo será fundamental para levar a cabo a vosa xornada deportiva intercentros.
E que sería desta xornada intercentros sen as persoas participantes? Unha das vosas funcións serán establecer a forma na que se confeccionan os equipos. Ao ser intercentros, o ideal é que os equipos se formen misturados, é dicir, que en cada equipo haxa nenos e nenas con representación de todos os centros participantes.
.png)