O voso diario
Buscade no voso diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á Fase 1 e completade todos os apartados. Dedicade uns minutos a pensar e non escribades calquera cousa só por rematar axiña.
Nesta fase descubristes o reto e o voso obxectivo común: organizar unha xornada intercentros nun espazo ao aire libre na que participe outro instituto da vila ou próximo á vosa localidade. Ides ser parte dun cambio!
Reflexionade sobre o que acabades de falar e plasmádeo no voso diario. Isto serviravos de moito para seguir avanzando no reto.
Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende aquí.
Lectura facilitada
Buscade no voso diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á Fase 1.
Completade todos os apartados.
Dedicade uns minutos a pensar.
Non escribades calquera cousa só por rematar axiña.
Nesta fase descubristes o reto e o voso obxectivo común:
- Organizar unha xornada intercentros nun espazo ao aire libre na que participe outro instituto da vila ou próximo á vosa localidade.
Reflexionade sobre o que acabades de falar.
Despois, plasmádeo no voso diario.
Podedes acceder ao documento dende aquí.