Glosario
Diana de valoración
-
Definición:
-
Obxecto ou elemento con varios puntos de referencia que serven parar valorar un aspecto concreto.
-
Exemplo:
-
A actividade gustoulle moito, polo que a súa valoración foi o centro da diana.
Definición:
Obxecto ou elemento con varios puntos de referencia que serven parar valorar un aspecto concreto.
Exemplo:
A actividade gustoulle moito, polo que a súa valoración foi o centro da diana.

Chegou o día! Viviredes unha xornada deportiva cos nenos e nenas doutros centros próximos ao voso.
Aquí a vosa función vai ser conseguir que o alumnado aumente as súas gañas de realizar actividade física ou deportiva no medio natural. Para iso, será moi importante que as vosas propostas deportivas no medio natural lles gusten. É o momento de descubrir se será así!
Chegou o día!
Viviredes unha xornada deportiva cos nenos e nenas doutros centros próximos ao voso.
A vosa función vai ser conseguir que o alumnado aumente as súas gañas de realizar actividade física ou deportiva no medio natural.
É o momento de descubrir se será así!
Para coñecer a opinión das persoas que participen na xornada deportiva empregaredes unha Diana de valoración, que colocaredes nun lugar visible e servirá para que os nenos e nenas que participen valoren se todo foi ben. Non esquezades explicar que, ao final da xornada, deben marcar na diana un punto segundo opinen sobre as catro cousas que se pregunta na diana.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0