Realizaredes diferentes xogos e tarefas co voso profesor ou profesora.
Pensade que para crear a vosa xornada intercentros na natureza debedes ter un certo dominio práctico dos xestos técnicos e tácticos deste deporte alternativo.
Sesión 1
Obxectivos:
- Coñecer o deporte do colpbol.
- Practicar os principais tipos de golpeo de forma individual e por parellas.
Quecemento:
Explicación breve das regras básicas e movilidade articular máis desprazamentos con pelota (unha por parellas para ir practicando pases, golpeos e recepcións).
Parte principal:
Circuíto por estacións (4/6 alumnos por estación).
Golpeo coa palma contra a parede: golpear con ambas mans contra a parede.
Progresión:
- Individual: golpear contra a parede, deixar un bote, coller a pelota. Depois o mesmo coa outra man.
- O mesmo, pero sen deixala botar.
- Individual: golpear contra a parede, deixar un bote e volver golpear. Depois o mesmo coa outra man.
Reto por parellas: cantos toques contra a parede sodes capaces de dar? Só pode haber un máximo dun bote despois de cada golpeo. É necesario golpear unha vez cada persoa.
Reto cooperativo os/as 4 ou 6 compoñentes do grupo: o mesmo que acabades de facer por parellas, pero todos os do grupo.
Golpeo co antebrazo por parellas: os membros da parella deben pasarse o balón usando os dous antebrazos xuntos (como en voleibol).
Progresión:
- Unha persoa da parella pasa a pelota e a outra trata de devolverlla de antebrazos. Facelo 5 veces cada persoa.
Reto cooperativo parellas: cantos toques de antebrazos sodes capaces de dar? A pelota só pode dar un bote como máximo entre golpeos.
Reto cooperativo por parellas: mesma tarefa que a anterior, pero sen bote.
Reto cooperativo grupal: cantos toques sodes capaces de dar de antebrazos non podendo golpear a mesma persoa dúas veces consecutivas, nin devolverlla ao compañeiro ou compañeira que cha pasou. Probade primeiro cun bote, e despois sen que a pelota caia ao chan.
Por parellas, un membro controla a pelota co peito, cun só toque, e outro membro realiza un golpeo contra a parede.
Golpeo coa cabeza. Progresión parellas: os mesmos 4 exercicios anteriores cambiando peito por cabeza, e engadir un 5º exercicio que consiste en tratar de dar o maior número de pases coa cabeza entre a parella sen que caia ao chan.
Volta á calma:
Estiramentos ao tempo que se comentan os golpeos practicados. Cal che resultou máis doado? E cal máis difícil? Cal foi a superficie de golpeo que máis empregaches?
Sesión 2
Obxectivo:
- Traballar a táctica ofensiva: pases continuos, ocupación de espazos e desmarques.
Quecemento:
"Que non caia".
Por grupos, practicaranse golpeos realizados na sesión anterior
Parte principal:
"Xogo modificado: 3 contra 1 en espazo reducido.
Organización:
- Grupos de 4 alumnos/as.
- Espazo reducido (por exemplo, 6x6 metros ou delimitado con conos).
- 3 xogadores/as manteñen a posesión fronte a 1 defensor/a.
Consignas:
- Ao interceptar, o defensor ou defensora cambia co xogador ou xogadora que perdeu o balón ou cometeu erro no pase.
- Potenciar que os compañeiros ou compañerias sen balón se movan para ofrecer liñas de pase (desmarques curtos e apoio).
Exercicio de desmarques en campo dividido: puntos por cada pase tras desmarque. Obxectivo específico: traballar o desmarque para recibir pase en espazo libre.
Organización:
- Campo dividido en 3 zonas horizontais (zona de inicio, zona media, zona de finalización).
- Grupos de 5-6 xogadores/as por campo.
- 2 xogadores ou xogadoras por zona. Só poden moverse libremente na súa zona.
Consignas:
- O equipo atacante debe facer pasar o balón de zona en zona ata a zona final, sempre cun pase a un ou unha compañeira que se desmarque.
- Cada pase logo dun desmarque conta como 1 punto.
- O obxectivo é enlazar desmarques e pases efectivos entre zonas.
- Non se pode pasar directamente da primeira á terceira zona.
Partidos condicionados 5x5:
Regras:
- Un golpeo por xogador ou xogadora.
- Irase indicando a superficie do corpo coa que se pode golpear o balón.
Volta á calma:
Estiramentos estáticos ao tempo que se reflexiona sobre que é máis difícil, desmarcarse ou pasar.
Sesión 3
Obxectivo:
- Introducir conceptos defensivos básicos e aplicalos en xogo real.
Quecemento:
"Cazadores e cazadoras con balóns": os xogadores e xogadoras que pillan levan un balón na man. O obxectivos dos cazadores e cazadoras é eliminar o maior número de participantes posible. profesora ou prfoesor indicará como debe ser o lanzamento (palma da man ou antebrazo). A xogadora ou xogador que foi impactado co balón debe quedar quieto coas pernas abertas e un compañeiro ou compañeira poderá salvalo pasando por abaixo.
Parte principal:
Exercicio de colocación defensiva: situarse entre atacante e portería.
Organización:
- Tríos. Un ou unha atacante, un ou unha defensora e un ou unha pasadora.
- A portería está delimitada cunha liña de conos.
- O pasador ou pasadora, desde unha posición lateral, lanza balóns á ou ao atacante, que tenta golpear cara á portería.
Consignas:
- O/a defensor/a debe colocarse entre o atacante e a portería, evitando que reciba ou golpee comodamente.
- Traballar a posición corporal aberta, movemento lateral e vixilancia constante.
- Alternar roles cada 1-2 minutos.
Práctica de interceptacións: búscase mellorar a capacidade de anticipación e reacción para roubar balóns.
Organización:
- Grupos de 4-5 xogadores/as en espazo delimitado (8x8 metros).
- 3 xogadores/as manteñen a posesión (pases entre eles/as), e 1 ou 2 tentan interceptar.
Consignas:
- O/a defensor/a tenta interceptar o pase, non simplemente tocar o balón.
- 1 punto por cada interceptación.
- O xogador ou xogadora a que perda o balón ou realice un mal pase entra a defender.
Partidos 5x5:
Regras do colpbol escolar.
Volta á calma:
Estiramentos estáticos e reflexión. Como valorades a vosa actitude na sesión de hoxe? Esforzástesvos moito? Vistes algún xesto de deportividade?