Saltar navegación

1.3. Obxectivos

Obxectivos

1- Iniciarse na práctica de habilidades motrices específicas de deportes colectivos, promovendo a igualdade, a inclusión e o traballo cooperativo, así como a toma de decisións técnicas e tácticas durante o xogo.

2- Fomentar a práctica habitual de xogos deportivos alternativos, como son o ultimate, colpbol, datchball e o kinball, contribuíndo á promoción da axeitada saúde física, mental e social, así como da igualdade e inclusión.

3- Regular e xestionar as emocións durante a práctica deportiva priorizando o gozo por riba do resultado.

4- Desenvolver habilidades deportivas nos medios natural e urbano, coñecendo as posibilidades que ofrece a vosa contorna.

5- Coñecer os primeiros auxilios básicos e como aplicalos en situacións reais.

Lectura facilitada

1- Iniciar na práctica de habilidades motrices específicas de deportes colectivos, promovendo a:

  • Igualdade.
  • Inclusión.
  • Traballo cooperativo.
  • Toma de decisións técnicas e tácticas durante o xogo.

2- Fomentar a práctica habitual de xogos deportivos alternativos, como:

  • O ultimate.
  • O colpbol.
  • O datchball.
  • O kinball.

3- Regular e xestionar as emocións durante a práctica deportiva

priorizando o desfrute por riba do resultado.

4- Desenvolver habilidades deportivas nos medios natural e urbano,

coñecendo as posibilidades que ofrece a vosa contorna.

5- Coñecer os primeiros auxilios básicos e como aplicalos en situacións reais.

Que vou aprender?

Pictograma de xogar

1. A iniciarme na práctica de habilidades motrices específicas de deportes colectivos.

Pictograma de deporte

2. A coñecer deportes alternativos.

Pictograma de sentimento para representar o concepto de emocións

3. A xestionar as emocións durante a práctica deportiva priorizando o gozo por riba do resultado.

Pictograma de natureza

4. A desenvolver habilidades deportivas nos medios naturais, coñecendo as posibilidades que ofrece a nosa contorna.

Pictograma de cruz vermella para representar o concepto de primeiros auxilios

5. A coñecer os primeiros auxilios básicos e como aplicalos en situacións reais.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)