Saltar navegación

1.2. Presentación do reto

 

Glosario

Deporte

Pictograma de deporte

Definición:

Conxunto de situacións motoras codificadas en forma de competición e cun carácter institucional (Parlebas).

Exemplo:

O baloncesto é o seu deporte favorito.

Natureza

Pictograma de natureza

Definición:

Conxunto de todas as cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen a intervención humana e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven.

Exemplo:

A natureza proporciónanos o necesario para vivir. Vivir en contacto coa natureza.

Sedentarismo

Pictograma de persoa sentada para representar o concepto de sedentario

Definición:

Estilo de vida caracterizado pola escasa ou nula práctica de actividade física habitual, no que predominan comportamentos pasivos como sentar, tumbar ou estar fronte a pantallas durante longos períodos de tempo, sen alcanzar os niveis mínimos recomendados de movemento diario para manter unha boa saúde.

Exemplo:

Meu pai é unha persoa sedentaria, porque traballa sentado nunha oficina e ás tardes non acostuma facer actividade física.

Obesidade

Pictograma de persoa gorda para representar o concepto de obesidade

Definición:

Enfermidade crónica que se caracteriza por unha acumulación de grasa no corpo.

Exemplo:

Realizar actividade física habitualmente favorece o control da obesidade.

Xornada intercentros

Pictograma de balón prisioneiro para representar o concepto de xornada intercentros

Definición:

Evento ou actividade na que participan varios centros escolares ao mesmo tempo.

Exemplo:

A mestra de Educación Física organizou unha xornada intercentros no patio do centro onde se xogou ao brilé.

O voso reto

Paisaxe dun espazo natural no que se podería realizar actividade físicaHoxe en día, as persoas pasan demasiado tempo pechadas na casa, no traballo, na Universidade ou nos institutos, diante de pantallas e con pouca actividade física. Isto está a provocar un aumento do sedentarismo, da obesidade e mesmo da carencia de vitamina D, algo fundamental para a nosa saúde. Cal será o motivo?

Está claro que o contacto coa natureza está indo a menos, realizándose a maioría de actividades en interior e pouco ou nada na propia natureza. Isto pode xerar graves problemas de saúde que debedes evitar. Se vos gusta o contacto coa natureza, estades no lugar axeitado, porque tedes por diante un reto moi importante!

Ides ser protagonistas dun cambio: formarédesvos, xogaredes, investigaredes e adestraredes ata convertervos en especialistas en diferentes deportes colectivos... Pero todo iso en contacto co medio natural. É o momento de afastarvos das actividades en espazos interiores.

A naturalizar deportes!

Lectura facilitada

As persoas pasan demasiado tempo pechadas na casa e diante de pantallas e con pouca actividade física.

Isto está a provocar un aumento do sedentarismo, da obesidade e mesmo da carencia de vitamina D, algo fundamental para a nosa saúde.

Cal será o motivo?

Está claro que o contacto coa natureza está indo a menos.

A maioría de actividades físicas realízanse en interior e pouco ou nada na propia natureza.

Isto pode xerar graves problemas de saúde que debedes evitar.

Se vos gusta o contacto coa natureza, estades no lugar axeitado, porque tedes por diante un reto moi importante!

Ides ser protagonistas dun cambio:

  • Formarédesvos.
  • Xogaredes.
  • Investigaredes.
  • Adestraredes ata convertervos en especialistas en diferentes deportes colectivos.

Pero todo iso en contacto co medio natural.

É o momento de afastarvos das actividades en espazos interiores.

A naturalizar deportes!

Seredes capaces de...

Organizar unha gran xornada deportiva intercentros nun espazo ao aire libre na que participe outro instituto da vosa vila ou próximo á vosa localidade?

Vós seredes os encargados de poñer en práctica o aprendido, deseñar as actividades e compartir co resto a importancia de facer deporte ao aire libre, nunha contorna natural, saudable e sostible.

Estades preparados e preparadas para ser parte do cambio?

Contamos convosco!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)